Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

O índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes aumenta un 1,7% en Galicia e un 3,7% en España en novembro de 2025 con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

O índice xeral sen estacións de servizo medra un 1,9% en Galicia e un 3,7% en España respecto a novembro de 2024. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Novembro de 2025

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 102,6 1,7 2,9
Xeral sen estacións de servizo 101,4 1,9 2,4
Alimentación 92,0 -1,9 2,1
Resto 112,9 5,4 3,0
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 112,3 3,7 4,0
Xeral sen estacións de servizo 111,7 3,7 3,9
Alimentación 101,7 1,6 3,8
Resto 125,5 5,9 4,5
Fonte: INE.

No que levamos de ano, as vendas minoristas aumentan un 2,9% en Galicia e un 4% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 2,1% en Galicia e do 3,8% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 3% en Galicia e un 4,5% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas aumentan en todas as comunidades e cidades autónomas agás en Navarra (-0,3%). Os maiores incrementos rexístranse en Comunidade Valenciana (8,2%), Ceuta (7,9%) e Melilla (7,3%).

No que vai de ano, o índice increméntase en todas as comunidades e cidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en Ceuta (6,6%), País Vasco (5,2%) e Melilla (5,2%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Novembro de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

O índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 3,4% en Galicia e un 5,5% en España no mes de novembro de 2025 con respecto a novembro de 2024.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 3,7% en Galicia e do 5,6% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 0,9% en “Alimentación” e un 5,9% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 4,4% nas vendas en “Alimentación” e do 6,5% en “Resto de produtos”.

No que vai de ano, o índice medra un 3,3% en Galicia e un 4,6% en España. En Galicia, as vendas en “Alimentación” increméntanse un 3,5% e en “Resto de produtos” un 3,3%. En España, as vendas crecen un 5,8% en “Alimentación” e un 4,7% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Novembro de 2025

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 125,1 3,4 3,3
Xeral sen estacións de servizo 125,3 3,7 3,3
Alimentación 121,8 0,9 3,5
Resto 128,0 5,9 3,3
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 137,0 5,5 4,6
Xeral sen estacións de servizo 137,9 5,6 5,1
Alimentación 134,9 4,4 5,8
Resto 140,3 6,5 4,7
Fonte: INE.

4 Índice de ocupación

No mes de novembro, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 0,9% en Galicia e en España. No que vai de ano, a ocupación medra un 0,7% en Galicia e un 1,4% en España.

Índices de ocupación. Novembro de 2025

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 105,6 0,9 0,7
Xeral sen estacións de servizo 105,3 0,9 0,6
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 107,8 0,9 1,4
Xeral sen estacións de servizo 107,8 0,9 1,4
Fonte: INE.

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

En novembro, a ocupación no comercio minorista aumenta en 16 comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Ceuta (3,6%) e Melilla (3%). Diminúe o persoal ocupado en País Vasco (-1,5%), Aragón (-0,7%) e A Rioxa (-0,1%).

Índice xeral de ocupación. Novembro de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en todas as comunidades e cidades autónomas. Navarra (2,4%), Illas Baleares (2,3%) e Cataluña (2,3%) rexistran os maiores incrementos. As comunidades con menor incremento do persoal ocupado son País Vasco (0,1%) e Estremadura (0,4%).

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.