Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

En setembro de 2026, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes diminúe un 0,8% en Galicia e un 1,6% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo medra un 0,1% tanto en Galicia coma en España respecto a setembro de 2025. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Setembro de 2026

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 104,3 -0,8 2,0
Xeral sen estacións de servizo 103,3 0,1 2,7
Alimentación 97,9 2,3 2,6
Resto 111,5 -1,9 3,1
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 109,2 -1,6 1,0
Xeral sen estacións de servizo 110,1 0,1 2,0
Alimentación 106,3 -0,3 1,0
Resto 118,6 0,4 3,2
Fonte: INE.

No que levamos de ano, as vendas minoristas aumentan un 2% en Galicia e un 1% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 2,6% en Galicia e do 1% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 3,1% en Galicia e un 3,2% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas diminúen en taxa interanual en 12 comunidades e cidades autónomas. As maiores caídas rexístranse en Illas Baleares (-5,3%), Comunidade Valenciana (-3,3%) e Canarias (-2,9%).

No que vai de ano, o índice increméntase en 16 comunidades e cidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en Aragón (4,3%), Estremadura (3,1%) e País Vasco (3,1%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Setembro de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

No mes de setembro, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 7% en Galicia en taxa interanual, 2,4 puntos máis que en España.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 3,8% en Galicia e do 3,1% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 5,2% en “Alimentación” e un 2,8% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 2,4% nas vendas en “Alimentación” e do 3,8% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Setembro de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 134,1 7,0 6,9
Xeral sen estacións de servizo 129,1 3,8 5,6
Alimentación 131,0 5,2 5,8
Resto 127,7 2,8 5,4
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 139,6 5,4 5,4
Xeral sen estacións de servizo 136,9 3,1 4,3
Alimentación 142,7 2,4 3,7
Resto 132,6 3,8 4,9
Fonte: INE.

No que vai de ano, o índice medra un 6,9% en Galicia e un 5,4% en España. En Galicia, as vendas increméntanse un 5,8% en “Alimentación” e un 5,4% en “Resto de produtos”. Por outra banda, en España, as vendas varían un 3,7% en “Alimentación” e un 4,9% en “Resto de produtos”.

4 Índice de ocupación

No mes de setembro, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 1% en Galicia, superior á taxa do 0,8% rexistrada no conxunto de España. No que vai de ano, a ocupación medra un 1,3% en Galicia e un 0,5% en España.

Índices de ocupación. Setembro de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 106,0 1,0 1,3
Xeral sen estacións de servizo 105,7 1,1 1,3
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 108,9 0,8 0,5
Xeral sen estacións de servizo 108,9 0,9 0,5
Fonte: INE.

Todas as comunidades e cidades autónomas, agás Cataluña e A Rioxa, rexistran incrementos na ocupación no comercio minorista no mes de setembro. Os maiores incrementos rexístranse en Illas Baleares (2,8%) e Asturias (2%).

Índice xeral de ocupación. Setembro de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en 15 comunidades e cidades autónomas. Ceuta (3,2%) e Asturias (3%) rexistran os maiores incrementos mentres que as comunidades onde diminúe o persoal ocupado son Cataluña (-1%) e A Rioxa (-0,2%).

5 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das vendas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.