Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

En agosto de 2026, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes aumenta un 2,8% en Galicia e diminúe un 1,1% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo medra un 4,2% en Galicia e un 0,3% en España respecto a agosto de 2025. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Agosto de 2026

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 116,6 2,8 2,4
Xeral sen estacións de servizo 115,1 4,2 3,1
Alimentación 111,0 2,8 2,7
Resto 123,1 5,2 3,8
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 109,5 -1,1 1,3
Xeral sen estacións de servizo 109,6 0,3 2,2
Alimentación 108,9 -1,7 1,1
Resto 115,9 2,4 3,5
Fonte: INE.

No que levamos de ano, as vendas minoristas aumentan un 2,4% en Galicia e un 1,3% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 2,7% en Galicia e do 1,1% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 3,8% en Galicia e un 3,5% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas aumentan en taxa interanual en 13 comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Ceuta (5,8%), Castela-A Mancha (3,3%) e Murcia (3,2%). A maior diminución corresponde a Cataluña (-6,3%).

No que vai de ano, o índice increméntase en 16 comunidades e cidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en Aragón (4,7%), Estremadura (3,5%) e País Vasco (3,5%). O principal descenso corresponde ás Illas Baleares (-1,7%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Agosto de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

No mes de agosto, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 8,9% en Galicia e un 4,3% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 7% en Galicia e do 2,6% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 5,4% en “Alimentación” e un 8,3% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 0,6% nas vendas en “Alimentación” e do 4,5% en “Resto de produtos”.

No que vai de ano, o índice medra un 7% en Galicia e un 5,4% en España. En Galicia, as vendas increméntanse un 5,9% en “Alimentación” e un 5,8% en “Resto de produtos”. En España, as vendas varían un 3,8% en “Alimentación” e un 5% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Agosto de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 147,1 8,9 7,0
Xeral sen estacións de servizo 142,4 7,0 5,8
Alimentación 148,5 5,4 5,9
Resto 138,0 8,3 5,8
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 137,8 4,3 5,4
Xeral sen estacións de servizo 135,1 2,6 4,4
Alimentación 145,9 0,6 3,8
Resto 127,2 4,5 5,0
Fonte: INE.

4 Índice de ocupación

No mes de agosto, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 0,9% en Galicia e do -0,1% no conxunto de España. No que vai de ano, a ocupación medra un 1,3% en Galicia e un 0,5% en España.

Índices de ocupación. Agosto de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 107,7 0,9 1,3
Xeral sen estacións de servizo 107,4 1,0 1,3
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 110,6 -0,1 0,5
Xeral sen estacións de servizo 110,6 0,0 0,5
Fonte: INE.

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

A ocupación no comercio minorista aumenta en 16 comunidades e cidades autónomas no mes de agosto. Os maiores incrementos rexístranse en Ceuta (2,7%) e Asturias (2,6%). Cataluña (-4,4%) é a comunidade que presenta a maior diminución no persoal ocupado.

Índice xeral de ocupación. Agosto de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en 15 comunidades e cidades autónomas. Ceuta (3,4%) e Asturias (3,1%) rexistran os maiores incrementos. As comunidades onde diminúe o persoal ocupado son Cataluña (-1,1%) e A Rioxa (-0,3%).

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.