Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

En agosto de 2025, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes avanza a unha taxa interanual do 1,3% en Galicia e a un 3% en España. Sen estacións de servizo, o índice xeral medra un 0,5% en Galicia e un 3,1% en España. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Agosto de 2025

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 114,0 1,3 2,7
Xeral sen estacións de servizo 111,1 0,5 1,9
Alimentación 109,6 0,6 2,2
Resto 116,6 0,7 1,9
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 110,6 3,0 3,7
Xeral sen estacións de servizo 109,2 3,1 3,5
Alimentación 110,9 2,4 3,6
Resto 113,0 4,3 4,0
Fonte: INE

No que levamos de ano, as vendas minoristas aumentan un 2,7% en Galicia e un 3,7% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 2,2% en Galicia e do 3,6% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 1,9% en Galicia e un 4% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas aumentan en taxa interanual en 17 comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Illas Baleares (6,6%), Ceuta (6,2%) e Melilla (6,2%). Diminúen as vendas en Castela e León (-1,5%) e Navarra (-1,2%).

No que vai de ano, o índice increméntase en todas as comunidades e cidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en Ceuta (5,4%), Murcia (5%) e País Vasco (5%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Agosto de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

En agosto de 2025, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes medra a unha taxa interanual do 1,8% en Galicia e do 3,5% en España. Sen estacións de servizo, o índice rexistra un avance do 1,4% en Galicia e do 4,1% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 2,1% en “Alimentación” e un 1% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 4,1% nas vendas en “Alimentación” e do 4,4% en “Resto de produtos”.

No que vai de ano, o índice medra un 2,7% en Galicia e un 4% en España. En Galicia, as vendas en “Alimentación” increméntanse un 3,3% e en “Resto de produtos” un 2,2%. En España, as vendas varían un 5,4% en “Alimentación” e un 4% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Agosto de 2025

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 135,7 1,8 2,7
Xeral sen estacións de servizo 133,8 1,4 2,6
Alimentación 142,9 2,1 3,3
Resto 127,0 1,0 2,2
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 131,9 3,5 4,0
Xeral sen estacións de servizo 131,7 4,1 4,6
Alimentación 145,0 4,1 5,4
Resto 121,5 4,4 4,0
Fonte: INE

4 Índice de ocupación

No mes de agosto, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 1,3% en Galicia e do 2% no conxunto de España.

No que vai de ano, a ocupación medra un 0,7% en Galicia e un 1,6% en España.

Índices de ocupación. Agosto de 2025

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 106,8 1,3 0,7
Xeral sen estacións de servizo 106,4 1,2 0,6
Fonte: INE
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 110,7 2 1,6
Xeral sen estacións de servizo 110,7 2 1,6
Fonte: INE

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

En agosto, a ocupación no comercio minorista aumenta en 18 comunidades e cidades autónomas. O maior incremento rexístrase en Cataluña (4,9%). As taxas máis baixas rexístranse en País Vasco (0%) e Castela e León (0,5%).

Índice xeral de ocupación. Agosto de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en todas as comunidades e cidades autónomas. Navarra (2,7%) e Illas Baleares (2,6%) rexistran os maiores incrementos. As comunidades onde menos medra o persoal ocupado son Estremadura (0,2%) e Asturias (0,6%).

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.