Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

En xullo de 2026, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes aumenta un 0,9% en Galicia e un 0,2% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo medra un 2,3% en Galicia e un 1,3% en España respecto a xullo de 2025. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Xullo de 2026

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 116,8 0,9 2,2
Xeral sen estacións de servizo 116,5 2,3 2,9
Alimentación 108,7 2,4 2,6
Resto 128,3 2,4 3,5
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 120,4 -0,2 1,6
Xeral sen estacións de servizo 121,2 1,3 2,5
Alimentación 113,1 0,4 1,6
Resto 135,0 2,3 3,7
Fonte: INE.

No que levamos de ano, as vendas minoristas aumentan un 2,2% en Galicia e un 1,6% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 2,6% en Galicia e do 1,6% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 3,5% en Galicia e un 3,7% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas aumentan en taxa interanual en 14 comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Aragón (4,6%) e Murcia (3,1%).

No que vai de ano, o índice increméntase en todas as comunidades e cidades autónomas agás en Illas Baleares. As taxas máis altas preséntanse en Aragón (5,1%), Estremadura (3,8%) e País Vasco (3,8%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Xullo de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

No mes de xullo, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 5,8% en Galicia e un 3,9% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 4,8% en Galicia e do 3% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 5,2% en “Alimentación” e un 4,5% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 2,2% nas vendas en “Alimentación” e do 3,7% en “Resto de produtos”.

No que vai de ano, o índice medra un 6,6% en Galicia e un 5,5% en España. En Galicia, as vendas increméntanse un 5,9% en “Alimentación” e un 5,3% en “Resto de produtos”. En España, as vendas varían un 4,3% en “Alimentación” e un 5,1% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Xullo de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 146,2 5,8 6,6
Xeral sen estacións de servizo 144,1 4,8 5,6
Alimentación 146,0 5,2 5,9
Resto 142,9 4,5 5,3
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 150,2 3,9 5,5
Xeral sen estacións de servizo 149,2 3,0 4,7
Alimentación 151,6 2,2 4,3
Resto 147,5 3,7 5,1
Fonte: INE.

4 Índice de ocupación

No mes de xullo, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 1,4% en Galicia e do -0,1% no conxunto de España. No que vai de ano, a ocupación medra un 1,3% en Galicia e un 0,6% en España.

Índices de ocupación. Xullo de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 109,0 1,4 1,3
Xeral sen estacións de servizo 108,7 1,5 1,4
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 111,3 -0,1 0,6
Xeral sen estacións de servizo 111,3 -0,1 0,6
Fonte: INE.

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

A ocupación no comercio minorista aumenta en 16 comunidades e cidades autónomas no mes de xullo. Os maiores incrementos rexístranse en Ceuta (4%) e Asturias (2,7%). As comunidades onde diminúe o persoal ocupado son Cataluña (-4,2%) e Madrid (-0,6%).

Índice xeral de ocupación. Xullo de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en 15 comunidades e cidades autónomas. Ceuta (3,4%) e Asturias (3,1%) rexistran os maiores incrementos. As comunidades onde diminúe o persoal ocupado son Cataluña (-0,6%) e A Rioxa (-0,3%).

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.