Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

En xuño de 2026, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes aumenta un 4,1% en Galicia e un 2,4% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo medra un 5,2% en Galicia e un 3,6% en España respecto a xuño de 2025. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Xuño de 2026

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 108,2 4,1 2,5
Xeral sen estacións de servizo 107,0 5,2 3,0
Alimentación 100,7 5,4 2,6
Resto 116,3 5,2 3,7
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 115,3 2,4 2,0
Xeral sen estacións de servizo 115,3 3,6 2,7
Alimentación 107,2 2,4 1,8
Resto 128,0 4,6 3,9
Fonte: INE.

No que vai de ano, as vendas minoristas aumentan un 2,5% en Galicia e un 2% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 2,6% en Galicia e do 1,8% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 3,7% en Galicia e un 3,9% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas aumentan en taxa interanual en 17 comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Estremadura (6,3%), Aragón (5,8%) e Cantabria (5,8%). Pola contra, diminúen as vendas en Cataluña (-1,4%) e Illas Baleares (-0,6%).

No que vai de ano, o índice increméntase en todas as comunidades e cidades autónomas agás en Illas Baleares (-1,1%). A taxa máis alta preséntase en Aragón (5,1%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Xuño de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

No mes de xuño, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 9,4% en Galicia e un 6,7% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 7,9% en Galicia e do 5,5% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 8,7% en “Alimentación” e un 7,4% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 4,6% nas vendas en “Alimentación” e do 6,3% en “Resto de produtos”.

No que vai de ano, o índice medra un 6,8% en Galicia e un 5,8% en España. En Galicia, as vendas increméntanse un 6,1% en “Alimentación” e un 5,5% en “Resto de produtos”. En España, as vendas varían un 4,7% en “Alimentación” e un 5,3% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Xuño de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 136,9 9,4 6,8
Xeral sen estacións de servizo 134,3 7,9 5,7
Alimentación 136,0 8,7 6,1
Resto 133,2 7,4 5,5
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 145,4 6,7 5,8
Xeral sen estacións de servizo 144,1 5,5 5,0
Alimentación 144,6 4,6 4,7
Resto 143,9 6,3 5,3
Fonte: INE.

4 Índice de ocupación

No mes de xuño, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 2% en Galicia e do 0% no conxunto de España. No que vai de ano, a ocupación medra un 1,3% en Galicia e un 0,7% en España.

Índices de ocupación. Xuño de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 107,5 2,0 1,3
Xeral sen estacións de servizo 107,2 2,1 1,3
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 109,9 0 0,7
Xeral sen estacións de servizo 109,9 0 0,7
Fonte: INE.

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

A ocupación no comercio minorista aumenta en 15 comunidades e cidades autónomas no mes de xuño. Os maiores incrementos rexístranse en Asturias (2,9%) e Ceuta (2,7%). A comunidade onde máis diminúe o persoal ocupado é Cataluña (-4,2%).

Índice xeral de ocupación. Xuño de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en 16 comunidades e cidades autónomas. Ceuta (3,3%) e Asturias (3,2%) rexistran os maiores incrementos. As comunidades onde diminúe o persoal ocupado son A Rioxa (-0,4%) e País Vasco (-0,2%).

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.