Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

En maio de 2026, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes diminúe un 1,7% en Galicia e un 0,4% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo diminúe un 0,6% en Galicia e increméntase un 1,1% en España respecto a maio de 2025. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Maio de 2026

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 101,1 -1,7 2,1
Xeral sen estacións de servizo 100,1 -0,6 2,5
Alimentación 97,0 -0,4 2,0
Resto 106,1 -0,7 3,4
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 109,9 -0,4 1,9
Xeral sen estacións de servizo 110,2 1,1 2,5
Alimentación 105,1 0,0 1,6
Resto 119,8 2,2 3,7
Fonte: INE.

No que levamos de ano, as vendas minoristas aumentan un 2,1% en Galicia e un 1,9% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 2% en Galicia e do 1,6% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 3,4% en Galicia e un 3,7% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas diminúen en taxa interanual en 12 comunidades e cidades autónomas. As maiores caídas rexístranse en Illas Baleares (-2,6%), Comunidade Valenciana (-1,9%) e Galicia (-1,7%).

No que vai de ano, o índice increméntase en todas as comunidades e cidades autónomas agás en Illas Balears. As taxas máis altas preséntanse en Aragón (4,9%), País Vasco (3,7%) e Estremadura (3,5%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Maio de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

No mes de maio, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 4,4% en Galicia e un 5,1% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 2,3% en Galicia e do 3,4% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 3% en “Alimentación” e un 1,7% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 2,5% nas vendas en “Alimentación” e do 4,2% en “Resto de produtos”.

No que vai de ano, o índice medra un 6,2% en Galicia e un 5,6% en España. En Galicia, as vendas increméntanse un 5,6% en “Alimentación” e un 5,1% en “Resto de produtos”. En España, as vendas varían un 4,7% en “Alimentación” e un 5% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Maio de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 129,1 4,4 6,2
Xeral sen estacións de servizo 126,0 2,3 5,3
Alimentación 131,0 3,0 5,6
Resto 122,3 1,7 5,1
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 139,8 5,1 5,6
Xeral sen estacións de servizo 137,9 3,4 4,9
Alimentación 141,6 2,5 4,7
Resto 135,2 4,2 5,0
Fonte: INE.

4 Índice de ocupación

No mes de maio, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 1,3% en Galicia e do 0,4% no conxunto de España. No que vai de ano, a ocupación medra un 1,1% en Galicia e un 0,8% en España.

Índices de ocupación. Maio de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 104,9 1,3 1,1
Xeral sen estacións de servizo 104,7 1,4 1,1
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 107,2 0,4 0,8
Xeral sen estacións de servizo 107,2 0,4 0,8
Fonte: INE.

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

A ocupación no comercio minorista aumenta en 14 comunidades e cidades autónomas no mes de maio. Os maiores incrementos rexístranse en Ceuta (4,1%) e Asturias (3,7%). As comunidades onde máis diminúe o persoal ocupado son A Rioxa (-0,9%) e Cataluña (-0,8%).

Índice xeral de ocupación. Maio de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en 17 comunidades e cidades autónomas. Ceuta (3,4%) e Asturias (3,2%) rexistran os maiores incrementos. As comunidades onde diminúe o persoal ocupado son A Rioxa (-0,4%) e País Vasco (-0,1%).

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.