Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

En abril de 2026, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes aumenta un 0,3% en taxa interanual tanto en Galicia como en España.

O índice xeral sen estacións de servizo medra un 1,2% en Galicia e un 1,7% en España respecto a abril de 2025. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Abril de 2026

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 99,8 0,3 3,3
Xeral sen estacións de servizo 98,6 1,2 3,5
Alimentación 97,1 1,5 2,7
Resto 103,1 1,0 4,7
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 105,8 0,3 2,5
Xeral sen estacións de servizo 106,0 1,7 2,9
Alimentación 102,8 1,2 2,1
Resto 113,6 2,2 4,2
Fonte: INE.

No que levamos de ano, as vendas minoristas aumentan un 3,3% en Galicia e un 2,5% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 2,7% en Galicia e do 2,1% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 4,7% en Galicia e un 4,2% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas aumentan en taxa interanual en 11 comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Aragón (4,4%), País Vasco (2,7%) e Estremadura (2,5%).

No que vai de ano, o índice increméntase en todas as comunidades e cidades autónomas agás en Illas Balears (-2,1%). As taxas máis altas preséntanse en Aragón (6,3%), Estremadura (4,5%) e País Vasco (4,5%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Abril de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

No mes de abril, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 6,7% en Galicia e un 6,4% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 4,4% en Galicia e do 4,6% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 4,9% en “Alimentación” e un 3,9% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 4,2% nas vendas en “Alimentación” e do 5,1% en “Resto de produtos”.

No que vai de ano, o índice medra un 6,7% en Galicia e un 5,7% en España. En Galicia, as vendas increméntanse un 6,3% en “Alimentación” e un 6,2% en “Resto de produtos”. En España, as vendas varían un 5,4% tanto en “Alimentación” como en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Abril de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 127,6 6,7 6,7
Xeral sen estacións de servizo 123,9 4,4 6,2
Alimentación 130,6 4,9 6,3
Resto 119,0 3,9 6,2
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 135,1 6,4 5,7
Xeral sen estacións de servizo 132,8 4,6 5,3
Alimentación 138,5 4,2 5,4
Resto 128,6 5,1 5,4
Fonte: INE.

4 Índice de ocupación

No mes de abril, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 1,5% en Galicia e do 0,9% no conxunto de España. No que vai de ano, a ocupación medra un 1% en Galicia e un 0,9% en España.

Índices de ocupación. Abril de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 104,5 1,5 1,0
Xeral sen estacións de servizo 104,4 1,7 1,1
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 106,7 0,9 0,9
Xeral sen estacións de servizo 106,8 0,9 0,9
Fonte: INE.

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

A ocupación no comercio minorista aumenta en 15 comunidades e cidades autónomas no mes de abril. Os maiores incrementos rexístranse en Asturias (3,4%) e Ceuta (3,4%). As comunidades onde diminúe o persoal ocupado son Illas Baleares (-0,9%), A Rioxa (-0,9%) e País Vasco (-0,1%).

Índice xeral de ocupación. Abril de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en 16 comunidades e cidades autónomas. Asturias (3,2%) e Ceuta (3,2%) rexistran os maiores incrementos. As comunidades onde diminúe o persoal ocupado son Illas Baleares (-0,2%), A Rioxa (-0,2%) e País Vasco (-0,1%).

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.