Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

En marzo de 2026, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes aumenta un 4,1% en Galicia e un 3,7% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo medra un 4,2% en Galicia e un 4,3% en España respecto a marzo de 2025. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Marzo de 2026

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 100,6 4,1 4,1
Xeral sen estacións de servizo 98,7 4,2 4,2
Alimentación 95,8 3,4 3,1
Resto 105,2 5,2 5,7
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 108,3 3,7 3,2
Xeral sen estacións de servizo 107,7 4,3 3,3
Alimentación 103,9 2,0 2,4
Resto 116,8 6,7 4,8
Fonte: INE.

No que levamos de ano, as vendas minoristas aumentan un 4,1% en Galicia e un 3,2% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 3,1% en Galicia e do 2,4% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 5,7% en Galicia e un 4,8% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas aumentan en taxa interanual en todas as comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Aragón (9,3%), Estremadura (5,9%) e A Rioxa (5,6%).

No que vai de ano, o índice increméntase en todas as comunidades e cidades autónomas agás en Illas Balears. As taxas máis altas preséntanse en Aragón (6,9%), País Vasco (5,2%) e Estremadura (4,6%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Marzo de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

No mes de marzo, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 9,2% en Galicia e un 8% en España en taxa interanual.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 7,7% en Galicia e do 7% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 7,2% en “Alimentación” e un 8,2% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 5,1% nas vendas en “Alimentación” e do 8,7% en “Resto de produtos”.

No que vai de ano, o índice medra un 6,6% en Galicia e un 5,4% en España. En Galicia, as vendas increméntanse un 6,7% tanto en “Alimentación” coma en “Resto de produtos”. En España, as vendas varían un 5,8% en “Alimentación” e un 5,4% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Marzo de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 125,7 9,2 6,6
Xeral sen estacións de servizo 122,6 7,7 6,7
Alimentación 128,8 7,2 6,7
Resto 118,1 8,2 6,7
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 135,1 8,0 5,4
Xeral sen estacións de servizo 133,4 7,0 5,6
Alimentación 139,7 5,1 5,8
Resto 128,8 8,7 5,4
Fonte: INE.

4 Índice de ocupación

No mes de marzo, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 1,2% en Galicia e do 0,9% no conxunto de España. No que vai de ano, a ocupación medra un 0,9% en Galicia e un 0,8% en España.

Índices de ocupación. Marzo de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 104,3 1,2 0,9
Xeral sen estacións de servizo 104,0 1,2 0,9
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 106,2 0,9 0,8
Xeral sen estacións de servizo 106,2 1,0 0,8
Fonte: INE.

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

A ocupación no comercio minorista aumenta en 16 comunidades e cidades autónomas no mes de marzo. Os maiores incrementos rexístranse en Ceuta (3,3%) e Asturias (2,8%).

Índice xeral de ocupación. Marzo de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en 17 comunidades e cidades autónomas. Ceuta (3,1%) e Asturias (2,8%) rexistran os maiores incrementos.

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.