Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

O índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes aumenta un 2,7% en Galicia e un 2% en España en febreiro de 2026 con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

O índice xeral sen estacións de servizo medra un 2,8% en Galicia e un 1,8% en España respecto a febreiro de 2025. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Febreiro de 2026

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 91,0 2,7 4,2
Xeral sen estacións de servizo 89,3 2,8 4,1
Alimentación 85,2 1,5 2,9
Resto 97,1 4,7 6,0
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 96,6 2,0 2,9
Xeral sen estacións de servizo 95,4 1,8 2,7
Alimentación 92,5 1,6 2,6
Resto 103,6 3,0 3,9
Fonte: INE.

No que levamos de ano, as vendas minoristas aumentan un 4,2% en Galicia e un 2,9% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 2,9% en Galicia e do 2,6% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 6% en Galicia e un 3,9% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas aumentan en taxa interanual en 17 comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Aragón (4,2%), Melilla (3,7%) e País Vasco (3,4%). A facturación diminúe en Illas Baleares (-1,6%) e Comunidade Foral de Navarra (-0,6%).

No que vai de ano, o índice increméntase en 18 comunidades e cidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en Aragón (5,3%), País Vasco (4,8%) e Asturias (4,4%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Febreiro de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

O índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 4,2% en Galicia e un 3,4% en España no mes de febreiro de 2026 con respecto a febreiro de 2025.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 5,1% en Galicia e do 4,1% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 5,4% en “Alimentación” e un 4,8% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 5,2% nas vendas en “Alimentación” e do 3,2% en “Resto de produtos.

No que vai de ano, o índice medra un 5,3% en Galicia e un 4% en España. En Galicia, as vendas en “Alimentación” increméntanse un 6,5% e en “Resto de produtos” un 5,9%. En España, as vendas varían un 6,2% en “Alimentación” e un 3,8% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Febreiro de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 110,2 4,2 5,3
Xeral sen estacións de servizo 109,7 5,1 6,2
Alimentación 114,7 5,4 6,5
Resto 105,9 4,8 5,9
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 117,2 3,4 4,0
Xeral sen estacións de servizo 117,3 4,1 4,8
Alimentación 124,7 5,2 6,2
Resto 111,8 3,2 3,8
Fonte: INE.

4 Índice de ocupación

No mes de febreiro, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 0,6% en Galicia e do 0,7% no conxunto de España. No que vai de ano, a ocupación medra un 0,8% tanto en Galicia e coma en España.

Índices de ocupación. Febreiro de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 104,1 0,6 0,8
Xeral sen estacións de servizo 103,9 0,6 0,8
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
Xeral 105,6 0,7 0,8
Xeral sen estacións de servizo 105,6 0,7 0,8
Fonte: INE.

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

En febreiro, a ocupación no comercio minorista aumenta en 17 comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Asturias (2,9%) e Ceuta (2,2%). As comunidades onde diminúe o persoal ocupado son País Vasco (-0,3%) e Cantabria (-0,2%).

Índice xeral de ocupación. Febreiro de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en 18 comunidades e cidades autónomas. Asturias (2,9%) e Ceuta (2,8%) rexistran os maiores incrementos. O persoal ocupado diminúe en País Vasco (-0,1%).

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.