Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

O índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes aumenta un 5,7% en Galicia e un 3,7% en España en xaneiro de 2026 con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

O índice xeral sen estacións de servizo medra un 5,6% en Galicia e un 3,6% en España respecto a xaneiro de 2025. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Xaneiro de 2026

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%)
Xeral 106,5 5,7
Xeral sen estacións de servizo 105,2 5,6
Alimentación 93,6 4,3
Resto 120,4 7,6
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%)
Xeral 111,0 3,7
Xeral sen estacións de servizo 110,5 3,6
Alimentación 99,9 3,5
Resto 126,6 4,8
Fonte: INE.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas aumentan en taxa interanual en todas as comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Aragón (6,4%), País Vasco (6,1%) e Asturias (6%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Xaneiro de 2026

Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

O índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 6,5% en Galicia e un 4,7% en España no mes de xaneiro de 2026 con respecto a xaneiro de 2025.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 7,4% en Galicia e do 5,5% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 7,7% en “Alimentación” e un 7,2% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 6,9% nas vendas en “Alimentación” e do 4,5% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Xaneiro de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%)
Xeral 128,3 6,5
Xeral sen estacións de servizo 128,7 7,4
Alimentación 125,3 7,7
Resto 131,3 7,2
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%)
Xeral 133,9 4,7
Xeral sen estacións de servizo 135,2 5,5
Alimentación 133,9 6,9
Resto 136,3 4,5
Fonte: INE.

4 Índice de ocupación

No mes de xaneiro, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 0,9% en Galicia e en España.

Índices de ocupación. Xaneiro de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%)
Xeral 104,7 0,9
Xeral sen estacións de servizo 104,5 0,9
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%)
Xeral 106,4 0,9
Xeral sen estacións de servizo 106,5 0,9
Fonte: INE.

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

En xaneiro, a ocupación no comercio minorista aumenta en 17 comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Ceuta (3,4%) e Asturias (3,1%). En País Vasco diminúe o persoal ocupado (-0,1%) e en Illas Baleares mantense sen variacións.

Índice xeral de ocupación. Xaneiro de 2026

Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.