Principais resultados

   

   

Custo laboral por traballador e mes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

   

1 Custo laboral segundo os seus compoñentes

O custo laboral das empresas, que é o custo no que incorre o empregador pola utilización de factor traballo, subiu un 3,1% en Galicia no cuarto trimestre do 2025, situándose nos 3.039,63 euros. En España acada os 3.382,48 euros, un 3,8% máis que no mesmo trimestre do 2024.

Custo laboral. Cuarto trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 3.039,63 3,1
Custo salarial total 2.256,40 2,8
Outros custos 783,23 4,2
Percepcións non salariais 79,50 16,3
Cotizacións obrigatorias 723,88 3,1
Subvencións e bonificacións 20,15 5,6
Fonte: INE.
Nota: as subvencións detráense dos outros custos.

   

Contribución á taxa de variación interanual do custo total

O custo laboral pode desagregarse en dous grupos: custo salarial e outros custos.

   

2 Custo laboral segundo actividade económica

Desagregando segundo sectores de actividade económica, o custo laboral total aumenta nos tres grandes sectores.


Na industria o custo total aumenta un 5,8%, sendo a taxa interanual do custo salarial total do 4,9%.

Industria. Cuarto trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 3.883,86 5,8
Custo salarial total 2.927,01 4,9
Outros custos 956,85 8,6
Percepcións non salariais 94,92 49,1
Cotizacións obrigatorias 879,91 5,0
Subvencións e bonificacións 17,98 -13,6
Fonte: INE.
Nota: as subvencións detráense dos outros custos.

   

Contribución á taxa de variación interanual do custo total

O custo total na construción medra un 7,3%, variando o custo salarial total un 8,1% e os outros custos un 5,7%.

Construción. Cuarto trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 3.373,73 7,3
Custo salarial total 2.353,81 8,1
Outros custos 1.019,92 5,7
Percepcións non salariais 161,84 5,0
Cotizacións obrigatorias 876,86 5,6
Subvencións e bonificacións 18,79 -3,7
Fonte: INE.
Nota: as subvencións detráense dos outros custos.

   

Contribución á taxa de variación interanual do custo total

Nos servizos o custo total increméntase un 2,1%, sendo a variación interanual do custo salarial total do 1,8% e a dos outros custos do 3,1%.

Servizos. Cuarto trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 2.822,97 2,1
Custo salarial total 2.098,81 1,8
Outros custos 724,16 3,1
Percepcións non salariais 68,96 11,8
Cotizacións obrigatorias 675,95 2,5
Subvencións e bonificacións 20,76 11,3
Fonte: INE.
Nota: as subvencións detráense dos outros custos.

   

Contribución á taxa de variación interanual do custo total


3 Tempo de traballo

No cuarto trimestre de 2025, a xornada semanal media pactada en Galicia é de 34,8 horas semanais, e destas, pérdense 6,3 horas. En España, a xornada semanal pactada é de 34,9 horas, das que se perden 5,7 horas semanais.

Se se engaden horas extras e se restan as horas perdidas, a xornada efectiva é de 28,6 horas semanais en Galicia e de 29,3 horas no conxunto do Estado.

O custo laboral total por hora efectiva aumenta en Galicia un 4,7% e en España un 3,4%.


Custo laboral por hora efectiva. Cuarto trimestre de 2025
Euros
Taxa interanual
Compoñentes do custo España Galicia España Galicia
Custo laboral total 26,51 24,39 3,4 4,7
Custo salarial total 19,84 18,10 3,3 4,3
Outros custos 6,67 6,29 3,9 5,9
Fonte: INE.
Nota: as subvencións detráense dos outros custos.

4 Custo laboral corrixido de estacionalidade e calendario

Se eliminamos os efectos estacionais e de calendario, o custo laboral por traballador rexistra unha taxa do 3% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.


Custo laboral por traballador e mes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

5 Custo laboral por comunidades autónomas

Por comunidades autónomas, o custo laboral máis elevado corresponde a Madrid, que supera en 676,23 euros á media nacional, mentres que en Estremadura o custo laboral é inferior á media nacional en 626,08 euros.

O custo laboral aumenta en todas as comunidades autónomas agás no Principado de Asturias. Os maiores incrementos prodúcense en A Rioxa (7,4%) e Madrid (5,6%).


Custo laboral total. Taxa de variación interanual (%). Cuarto trimestre de 2025

Fonte: INE.

6 Notas metodolóxicas

A Enquisa trimestral de custo laboral ten por obxectivo coñecer a evolución do custo laboral medio por traballador e por hora efectiva de traballo.

Estúdanse os traballadores asalariados por conta allea asociados as Contas de Cotización á Seguridade Social incluídas no Réxime Xeral e cuxa actividade económica estea encadrada nas seccións B a S da CNAE-09 e no Réxime Especial de traballadores do mar e cuxa actividade económica é o transporte marítimo.

Custo laboral: custo no que incorre o empregador pola utilización de factor traballo. Comprende un amplo grupo de partidas que a enquisa recolle en dous bloques principais: custos salariais e outros custos.

Custo salarial: comprende todas as percepcións económicas realizadas aos traballadores, en efectivo ou en especie, pola prestación profesional dos servizos laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, ou os períodos de descanso computables como de traballo.

Outros custos: inclúen as percepcións non salariais e as cotizacións obrigatorias á Seguridade Social.

Hora efectiva: son as horas realmente traballadas tanto en períodos normais de traballo como en xornada extraordinaria, incluíndo as horas perdidas no lugar de traballo, que teñen a consideración de tempo efectivo en virtude da normativa vixente.

Custo laboral por traballador e mes: mide o custo que supón para o empresario empregar a un traballador durante un mes.

Custo laboral por hora efectiva de traballo: mide o custo que supón para o empresario unha hora efectiva de traballo.

O custo debe ser medido en termos netos para o empregador, é dicir, deducindo as diversas subvencións recibidas.


7 Anexo cadros

Cadro 1: Custo laboral por sectores económicos segundo os seus compoñentes. Cuarto trimestre de 2025

Galicia
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 3.039,63 3,1 3.883,86 5,8 3.373,73 7,3 2.822,97 2,1
Custo salarial total 2.256,40 2,8 2.927,01 4,9 2.353,81 8,1 2.098,81 1,8
Custo salarial ordinario 1.869,87 2,1 2.163,35 5,0 1.928,99 3,0 1.799,47 1,3
Outros custos 783,23 4,2 956,85 8,6 1.019,92 5,7 724,16 3,1
Percepcións non salariais 79,50 16,3 94,92 49,1 161,84 5,0 68,96 11,8
Cotizacións obrigatorias 723,88 3,1 879,91 5,0 876,86 5,6 675,95 2,5
Subvencións e bonificacións 20,15 5,6 17,98 -13,6 18,79 -3,7 20,76 11,3
España
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 3.382,48 3,8 3.889,55 2,9 3.374,72 4,1 3.298,67 4,0
Custo salarial total 2.531,04 3,6 2.880,28 2,5 2.404,86 3,8 2.482,34 3,9
Custo salarial ordinario 2.080,98 3,5 2.325,29 3,3 1.974,11 4,6 2.048,29 3,5
Outros custos 851,44 4,4 1.009,27 4,1 969,86 4,9 816,33 4,4
Percepcións non salariais 81,11 3,4 90,91 3,7 107,45 2,0 77,51 3,4
Cotizacións obrigatorias 789,70 4,5 938,22 4,2 877,27 5,1 758,44 4,5
Subvencións e bonificacións 19,37 5,6 19,86 5,9 14,85 -5,1 19,63 6,3

Fonte: INE.


Cadro 2: Custo laboral por hora efectiva. Cuarto trimestre de 2025

Galicia
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 24,39 4,7 29,41 6,3 24,53 6,7 23,17 4,1
Custo salarial total 18,10 4,3 22,16 5,3 17,11 7,5 17,22 3,7
Custo salarial ordinario 15,00 3,6 16,38 5,5 14,02 2,4 14,77 3,3
Outros custos 6,29 5,9 7,25 9,2 7,42 5,1 5,95 5,3
España
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 26,51 3,4 28,55 2,6 23,83 3,1 26,37 3,7
Custo salarial total 19,84 3,3 21,14 2,1 16,98 2,7 19,84 3,5
Custo salarial ordinario 16,31 3,2 17,07 3,0 13,94 3,6 16,37 3,2
Outros custos 6,67 3,9 7,41 3,8 6,85 3,9 6,53 4,1

Fonte: INE.


Cadro 3: Horas semanais por traballador e mes. Cuarto trimestre de 2025

Galicia
Total
Industria
Construción
Servizos
Tipo de xornada Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas
Ambas xornadas 28,6 6,3 30,4 8,3 31,6 7,2 28,0 5,9
Xornada a tempo completo 31,7 7,1 31,3 8,7 32,3 7,3 31,7 6,7
Xornada a tempo parcial 17,2 3,4 20,8 4,1 17,5 4,9 16,9 3,3
España
Total
Industria
Construción
Servizos
Tipo de xornada Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas
Ambas xornadas 29,3 5,7 31,3 6,9 32,6 5,9 28,8 5,5
Xornada a tempo completo 32,4 6,4 32,2 7,2 33,4 6,1 32,4 6,3
Xornada a tempo parcial 18,4 3,2 20,0 3,2 20,2 3,1 18,3 3,2

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos difundidos polo INE.

Nota: a efectos do cálculo, considéranse 4,35 semanas ao mes


Cadro 4: Custo laboral total por comunidades autónomas. Cuarto trimestre de 2025

Custo laboral por traballador e mes
Custo laboral por hora efectiva
Espazo Euros Índice (2016=100) Taxa interanual Euros Índice (2016=100) Taxa interanual
España 3.382,48 131,5 3,8 26,51 121,3 3,4
Andalucía 2.988,20 129,9 5,3 23,43 120,6 5,2
Aragón 3.279,78 133,2 2,0 26,09 124,5 1,3
Asturias, Principado de 3.236,05 121,9 -1,0 27,33 120,7 -0,3
Baleares, Illas 3.481,94 155,0 5,1 26,41 130,0 3,8
Canarias 2.805,01 140,2 3,7 22,01 119,1 5,2
Cantabria 3.137,14 126,1 3,5 25,18 121,9 2,2
Castela e León 3.087,99 130,9 3,6 24,89 124,3 3,7
Castela-A Mancha 2.989,51 128,3 3,5 22,85 118,6 1,5
Cataluña 3.590,14 132,4 3,1 28,00 119,4 1,9
Comunidade Valenciana 2.984,48 130,3 1,9 23,76 121,9 2,4
Estremadura 2.756,40 131,2 2,4 22,27 126,2 2,6
Galicia 3.039,63 128,7 3,1 24,39 124,6 4,7
Madrid, Comunidade de 4.058,71 132,1 5,6 30,73 122,4 5,0
Murcia, Rexión de 2.968,61 127,0 1,1 23,74 122,2 1,2
Navarra, Comunidade Foral de 3.748,21 130,6 5,1 30,15 123,7 5,2
País Vasco 3.848,71 125,9 3,8 31,28 114,5 1,9
Rioxa, A 3.244,86 139,2 7,4 25,68 130,0 7,1

Fonte: INE.

Cadro 5: Custo salarial por comunidades autónomas. Cuarto trimestre de 2025

Custo salarial por traballador e mes
Custo salarial por hora efectiva
Espazo Euros Índice (2016=100) Taxa interanual Euros Índice (2016=100) Taxa interanual
España 2.531,04 133,0 3,6 19,84 122,8 3,3
Andalucía 2.214,57 130,9 5,6 17,36 121,5 5,5
Aragón 2.434,38 134,3 1,4 19,36 125,5 0,7
Asturias, Principado de 2.427,63 123,2 -1,4 20,50 121,8 -0,8
Baleares, Illas 2.602,51 157,5 6,1 19,74 132,3 4,8
Canarias 2.055,94 142,5 4,0 16,14 121,2 5,6
Cantabria 2.297,86 125,8 1,5 18,45 121,5 0,3
Castela e León 2.316,04 133,1 3,6 18,67 126,3 3,8
Castela-A Mancha 2.209,31 129,9 3,1 16,89 120,1 1,1
Cataluña 2.686,98 134,0 2,5 20,95 120,8 1,3
Comunidade Valenciana 2.206,02 131,1 1,4 17,56 122,7 1,9
Estremadura 2.035,32 132,3 1,5 16,44 127,1 1,7
Galicia 2.256,40 129,8 2,8 18,10 125,5 4,3
Madrid, Comunidade de 3.098,99 133,8 5,3 23,47 123,9 4,7
Murcia, Rexión de 2.215,69 128,7 1,5 17,72 123,8 1,7
Navarra, Comunidade Foral de 2.806,82 132,5 5,2 22,57 125,4 5,2
País Vasco 2.860,06 127,3 4,2 23,25 115,8 2,3
Rioxa, A 2.451,34 142,7 8,3 19,40 133,3 8,0

Fonte: INE.


Cadro 6: Outros custos por comunidades autónomas. Cuarto trimestre de 2025

Outros custos por traballador e mes
Outros custos por hora efectiva
Espazo Euros Índice (2016=100) Taxa interanual Euros Índice (2016=100) Taxa interanual
España 851,44 127,2 4,4 6,67 117,2 3,9
Andalucía 773,63 127,1 4,3 6,07 118,1 4,3
Aragón 845,40 130,1 3,7 6,73 121,9 3,1
Asturias, Principado de 808,42 118,4 0,3 6,83 117,6 1,0
Baleares, Illas 879,43 147,9 2,2 6,67 123,7 1,1
Canarias 749,07 134,2 2,6 5,87 113,8 3,9
Cantabria 839,28 127,0 9,3 6,73 122,8 7,9
Castela e León 771,95 124,8 3,5 6,22 118,5 3,5
Castela-A Mancha 780,20 123,8 4,7 5,96 114,4 2,4
Cataluña 903,16 127,9 4,9 7,05 115,4 3,7
Comunidade Valenciana 778,46 127,8 3,3 6,20 119,7 3,9
Estremadura 721,08 128,3 5,0 5,83 123,5 5,2
Galicia 783,23 125,7 4,2 6,29 121,9 5,9
Madrid, Comunidade de 959,72 127,1 6,6 7,26 117,7 5,8
Murcia, Rexión de 752,92 122,2 -0,1 6,02 117,6 0,0
Navarra, Comunidade Foral de 941,39 125,4 4,8 7,58 118,8 5,0
País Vasco 988,65 122,0 2,5 8,03 110,8 0,5
Rioxa, A 793,52 129,2 4,9 6,28 120,8 4,7

Fonte: INE.


Cadro 7: Vacantes por comunidades autónomas. Cuarto trimestre de 2025

Espazo Número de vacantes
España 155.737
Andalucía 23.824
Aragón 4.036
Asturias, Principado de 1.628
Baleares, Illas 2.164
Canarias 7.998
Cantabria 544
Castela e León 9.765
Castela-A Mancha 6.328
Cataluña 28.431
Comunidade Valenciana 16.849
Estremadura 1.742
Galicia 10.557
Madrid, Comunidade de 28.564
Murcia, Rexión de 2.118
Navarra, Comunidade Foral de 2.935
País Vasco 7.294
Rioxa, A 960

Fonte: INE.