Principais resultados

   

   

Custo laboral por traballador e mes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

   

1 Custo laboral segundo os seus compoñentes

O custo laboral das empresas, que é o custo no que incorre o empregador pola utilización de factor traballo, subiu un 0,9% en Galicia no terceiro trimestre do 2025, situándose nos 2.778,07 euros. En España acada os 3.111,76 euros, un 3% máis que no mesmo trimestre do 2024.

Custo laboral. Terceiro trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 2.778,07 0,9
Custo salarial total 2.014,28 0,9
Outros custos 763,79 1,1
Percepcións non salariais 66,27 -0,4
Cotizacións obrigatorias 713,83 1,7
Subvencións e bonificacións 16,31 24,1
Fonte: INE.
Nota: as subvencións detráense dos outros custos.

   

Achegas á taxa de variación interanual do custo total

O custo laboral pode desagregarse en dous grupos: custo salarial e outros custos.

   

2 Custo laboral segundo actividade económica

Desagregando segundo sectores de actividade económica, o custo laboral total aumenta na construción e na industria e diminúe no sector servizos.

Na industria o custo total aumenta un 3,7%, sendo a taxa interanual do custo salarial total do 4%.

Industria. Terceiro trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 3.378,36 3,7
Custo salarial total 2.440,58 4,0
Outros custos 937,78 2,8
Percepcións non salariais 72,23 -17,9
Cotizacións obrigatorias 878,86 5,6
Subvencións e bonificacións 13,31 68,1
Fonte: INE.
Nota: as subvencións detráense dos outros custos.

   

Achegas á taxa de variación interanual do custo total

O custo total na construción medra un 5,5%, variando o custo salarial total un 4,7% e os outros custos un 7,1%.

Construción. Terceiro trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 3.149,47 5,5
Custo salarial total 2.127,53 4,7
Outros custos 1.021,94 7,1
Percepcións non salariais 176,11 20,3
Cotizacións obrigatorias 860,23 4,7
Subvencións e bonificacións 14,39 8,4
Fonte: INE.
Nota: as subvencións detráense dos outros custos.

   

Achegas á taxa de variación interanual do custo total

Nos servizos o custo total redúcese un 0,1%, sendo a variación interanual do custo salarial total do -0,2% e a dos outros custos do 0,2%.

Servizos. Terceiro trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 2.613,94 -0,1
Custo salarial total 1.910,70 -0,2
Outros custos 703,24 0,2
Percepcións non salariais 55,48 2,0
Cotizacións obrigatorias 664,89 0,5
Subvencións e bonificacións 17,13 19,6
Fonte: INE.
Nota: as subvencións detráense dos outros custos.

   

Achegas á taxa de variación interanual do custo total

3 Tempo de traballo

No terceiro trimestre de 2025, a xornada semanal media pactada en Galicia é de 35,1 horas semanais, e destas, pérdense 7,5 horas. En España, a xornada semanal pactada é de 35,2 horas, das que se perden 7,6 horas semanais.

Se se engaden horas extras e se restan as horas perdidas, a xornada efectiva é de 27,7 horas semanais en Galicia e de 27,8 horas no conxunto do Estado.

O custo laboral total por hora efectiva aumenta en Galicia un 0,7% e en España un 2,6%.

Custo laboral por hora efectiva. Terceiro trimestre de 2025
Euros
Taxa interanual
Compoñentes do custo España Galicia España Galicia
Custo laboral total 25,72 23,03 2,6 0,7
Custo salarial total 18,75 16,70 2,4 0,7
Outros custos 6,97 6,33 3,0 0,8
Fonte: INE.
Nota: as subvencións detráense dos outros custos.

4 Custo laboral corrixido de estacionalidade e calendario

Se eliminamos os efectos estacionais e de calendario, o custo laboral por traballador rexistra unha taxa do 1,1% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

Custo laboral por traballador e mes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

5 Custo laboral por comunidades autónomas

Por comunidades autónomas, o custo laboral máis elevado corresponde a País Vasco, que supera en 558,84 euros á media nacional, mentres que en Estremadura o custo laboral é inferior á media nacional en 501,08 euros.

O custo laboral aumenta en todas as comunidades autónomas agás na Rexión de Murcia. Os maiores incrementos prodúcense en Illas Baleares (5,6%), Estremadura (4,6%) e Castela e León (4,6%).

Custo laboral total. Taxa de variación interanual (%). Terceiro trimestre de 2025

Fonte: INE.

6 Notas metodolóxicas

A Enquisa trimestral de custo laboral ten por obxectivo coñecer a evolución do custo laboral medio por traballador e por hora efectiva de traballo.

Estúdanse os traballadores asalariados por conta allea asociados as Contas de Cotización á Seguridade Social incluídas no Réxime Xeral e cuxa actividade económica estea encadrada nas seccións B a S da CNAE-09 e no Réxime Especial de traballadores do mar e cuxa actividade económica é o transporte marítimo.

Custo laboral: custo no que incorre o empregador pola utilización de factor traballo. Comprende un amplo grupo de partidas que a enquisa recolle en dous bloques principais: custos salariais e outros custos.

Custo salarial: comprende todas as percepcións económicas realizadas aos traballadores, en efectivo ou en especie, pola prestación profesional dos servizos laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, ou os períodos de descanso computables como de traballo.

Outros custos: inclúen as percepcións non salariais e as cotizacións obrigatorias á Seguridade Social.

Hora efectiva: son as horas realmente traballadas tanto en períodos normais de traballo como en xornada extraordinaria, incluíndo as horas perdidas no lugar de traballo, que teñen a consideración de tempo efectivo en virtude da normativa vixente.

Custo laboral por traballador e mes: mide o custo que supón para o empresario empregar a un traballador durante un mes.

Custo laboral por hora efectiva de traballo: mide o custo que supón para o empresario unha hora efectiva de traballo.

O custo debe ser medido en termos netos para o empregador, é dicir, deducindo as diversas subvencións recibidas.


7 Anexo cadros

Cadro 1: Custo laboral por sectores económicos segundo os seus compoñentes. Terceiro trimestre de 2025

Galicia
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 2.778,07 0,9 3.378,36 3,7 3.149,47 5,5 2.613,94 -0,1
Custo salarial total 2.014,28 0,9 2.440,58 4,0 2.127,53 4,7 1.910,70 -0,2
Custo salarial ordinario 1.855,29 0,9 2.152,32 4,8 1.957,33 6,4 1.781,12 -0,5
Outros custos 763,79 1,1 937,78 2,8 1.021,94 7,1 703,24 0,2
Percepcións non salariais 66,27 -0,4 72,23 -17,9 176,11 20,3 55,48 2,0
Cotizacións obrigatorias 713,83 1,7 878,86 5,6 860,23 4,7 664,89 0,5
Subvencións e bonificacións 16,31 24,1 13,31 68,1 14,39 8,4 17,13 19,6
España
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 3.111,76 3,0 3.595,78 3,4 3.078,81 5,4 3.033,66 2,8
Custo salarial total 2.268,00 2,8 2.600,91 3,3 2.114,89 5,1 2.224,04 2,6
Custo salarial ordinario 2.071,74 3,3 2.312,08 3,3 1.969,99 4,4 2.039,34 3,2
Outros custos 843,76 3,5 994,87 3,7 963,92 6,0 809,62 3,3
Percepcións non salariais 73,30 2,5 79,34 -2,1 107,35 16,9 69,74 1,9
Cotizacións obrigatorias 784,64 3,6 928,21 4,2 866,92 4,7 754,58 3,4
Subvencións e bonificacións 14,17 3,3 12,68 3,8 10,35 1,6 14,71 3,4

Fonte: INE.


Cadro 2: Custo laboral por hora efectiva. Terceiro trimestre de 2025

Galicia
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 23,03 0,7 25,67 0,7 22,77 4,0 22,40 0,4
Custo salarial total 16,70 0,7 18,55 1,1 15,38 3,2 16,37 0,2
Custo salarial ordinario 15,38 0,7 16,36 1,9 14,15 5,0 15,26 -0,1
Outros custos 6,33 0,8 7,12 -0,1 7,39 5,7 6,03 0,7
España
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 25,72 2,6 28,53 2,8 23,06 5,5 25,45 2,3
Custo salarial total 18,75 2,4 20,64 2,7 15,84 5,3 18,66 2,2
Custo salarial ordinario 17,12 2,8 18,35 2,7 14,76 4,6 17,11 2,8
Outros custos 6,97 3,0 7,89 3,0 7,22 6,0 6,79 2,7

Fonte: INE.


Cadro 3: Horas semanais por traballador e mes. Terceiro trimestre de 2025

Galicia
Total
Industria
Construción
Servizos
Tipo de xornada Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas
Ambas xornadas 27,7 7,5 30,3 8,4 31,8 7,1 26,8 7,4
Xornada a tempo completo 30,3 8,5 31,2 8,7 32,4 7,1 29,9 8,6
Xornada a tempo parcial 17,7 3,8 21,0 5,2 17,3 5,5 17,4 3,6
España
Total
Industria
Construción
Servizos
Tipo de xornada Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas
Ambas xornadas 27,8 7,6 29,0 9,3 30,7 7,7 27,4 7,3
Xornada a tempo completo 30,3 8,6 29,7 9,7 31,5 8,0 30,2 8,4
Xornada a tempo parcial 19,1 3,9 19,1 4,3 19,0 4,0 19,1 3,9

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos difundidos polo INE.

Nota: a efectos do cálculo, considéranse 4,35 semanas ao mes


Cadro 4: Custo laboral total por comunidades autónomas. Terceiro trimestre de 2025

Custo laboral por traballador e mes
Custo laboral por hora efectiva
Espazo Euros Índice (2016=100) Taxa interanual Euros Índice (2016=100) Taxa interanual
España 3.111,76 121,0 3,0 25,72 117,7 2,6
Andalucía 2.783,58 121,0 3,1 22,84 117,6 3,1
Aragón 2.977,11 120,9 1,7 24,22 115,6 2,0
Asturias, Principado de 2.965,96 111,8 0,7 24,82 109,6 1,1
Baleares, Illas 3.142,32 139,9 5,6 23,29 114,7 5,9
Canarias 2.633,15 131,6 3,1 20,79 112,5 2,7
Cantabria 2.837,80 114,1 1,7 23,54 113,9 1,1
Castela e León 2.826,05 119,8 4,6 23,47 117,2 2,2
Castela-A Mancha 2.766,23 118,7 3,7 22,50 116,8 1,9
Cataluña 3.295,59 121,5 2,9 27,93 119,1 2,9
Comunidade Valenciana 2.844,47 124,1 2,9 23,25 119,3 1,8
Estremadura 2.610,68 124,3 4,6 22,46 127,3 6,6
Galicia 2.778,07 117,6 0,9 23,03 117,6 0,7
Madrid, Comunidade de 3.658,79 119,1 3,5 29,64 118,0 2,6
Murcia, Rexión de 2.705,60 115,7 -0,9 24,05 123,8 2,2
Navarra, Comunidade Foral de 3.324,78 115,9 1,9 29,06 119,2 1,4
País Vasco 3.670,60 120,0 3,9 33,34 122,0 2,5
Rioxa, A 2.831,16 121,4 4,1 23,30 118,0 1,5

Fonte: INE.

Cadro 5: Custo salarial por comunidades autónomas. Terceiro trimestre de 2025

Custo salarial por traballador e mes
Custo salarial por hora efectiva
Espazo Euros Índice (2016=100) Taxa interanual Euros Índice (2016=100) Taxa interanual
España 2.268,00 119,1 2,8 18,75 116,0 2,4
Andalucía 2.015,35 119,1 2,6 16,54 115,7 2,7
Aragón 2.141,83 118,2 1,2 17,42 112,9 1,5
Asturias, Principado de 2.158,55 109,5 0,4 18,06 107,3 0,8
Baleares, Illas 2.283,36 138,2 5,8 16,92 113,4 6,0
Canarias 1.891,31 131,1 2,5 14,93 112,1 2,1
Cantabria 2.055,40 112,5 1,2 17,05 112,3 0,6
Castela e León 2.050,23 117,8 4,6 17,03 115,2 2,2
Castela-A Mancha 1.998,65 117,6 4,2 16,26 115,6 2,4
Cataluña 2.394,76 119,4 2,7 20,29 117,0 2,7
Comunidade Valenciana 2.066,29 122,8 3,2 16,89 118,0 2,1
Estremadura 1.908,16 124,0 5,1 16,42 127,0 7,1
Galicia 2.014,28 115,8 0,9 16,70 115,8 0,7
Madrid, Comunidade de 2.712,72 117,1 3,0 21,97 116,0 2,2
Murcia, Rexión de 1.948,50 113,2 -1,3 17,32 121,0 1,8
Navarra, Comunidade Foral de 2.404,71 113,5 1,4 21,02 116,8 1,0
País Vasco 2.682,46 119,4 4,1 24,36 121,4 2,6
Rioxa, A 2.049,32 119,3 5,0 16,87 115,9 2,4

Fonte: INE.


Cadro 6: Outros custos por comunidades autónomas. Terceiro trimestre de 2025

Outros custos por traballador e mes
Outros custos por hora efectiva
Espazo Euros Índice (2016=100) Taxa interanual Euros Índice (2016=100) Taxa interanual
España 843,76 126,1 3,5 6,97 122,5 3,0
Andalucía 768,23 126,2 4,2 6,30 122,6 4,1
Aragón 835,28 128,6 3,1 6,80 123,2 3,3
Asturias, Principado de 807,41 118,2 1,6 6,76 116,4 2,0
Baleares, Illas 858,96 144,4 5,1 6,37 118,2 5,5
Canarias 741,84 132,9 4,6 5,86 113,6 4,3
Cantabria 782,40 118,4 2,9 6,49 118,4 2,4
Castela e León 775,82 125,5 4,7 6,44 122,7 2,2
Castela-A Mancha 767,58 121,8 2,5 6,24 119,8 0,8
Cataluña 900,83 127,6 3,3 7,64 125,0 3,5
Comunidade Valenciana 778,18 127,8 2,1 6,36 122,8 1,0
Estremadura 702,52 125,0 3,3 6,04 128,0 5,2
Galicia 763,79 122,6 1,1 6,33 122,7 0,8
Madrid, Comunidade de 946,07 125,3 4,7 7,67 124,3 3,9
Murcia, Rexión de 757,10 122,8 0,2 6,73 131,4 3,2
Navarra, Comunidade Foral de 920,07 122,5 3,1 8,04 126,0 2,6
País Vasco 988,14 121,9 3,5 8,98 123,9 2,0
Rioxa, A 781,84 127,3 1,7 6,43 123,7 -0,8

Fonte: INE.


Cadro 7: Vacantes por comunidades autónomas. Terceiro trimestre de 2025

Espazo Número de vacantes
España 152.677
Andalucía 22.544
Aragón 4.797
Asturias, Principado de 1.417
Baleares, Illas 1.658
Canarias 6.828
Cantabria 1.618
Castela e León 9.625
Castela-A Mancha 8.685
Cataluña 28.079
Comunidade Valenciana 18.646
Estremadura 835
Galicia 7.045
Madrid, Comunidade de 29.190
Murcia, Rexión de 2.086
Navarra, Comunidade Foral de 3.022
País Vasco 5.983
Rioxa, A 621

Fonte: INE.