Principais resultados

   

   

Custo laboral por traballador e mes. Taxas de variación interanual (%)

   

1 Custo laboral segundo os seus compoñentes

O custo laboral das empresas subiu un 2,3% en Galicia no primeiro trimestre do 2025, situándose nos 2.781,49 euros. En España acada os 3.124,55 euros, un 3,8% máis que no mesmo trimestre do 2024.

Custo laboral. Primeiro trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 2.781,49 2,3
Custo salarial total 1.999,59 1,7
Outros custos 781,90 3,9
Percepcións non salariais 81,51 13,9
Cotizacións obrigatorias 715,48 3,3
Subvencións e bonificacións 15,10 27,4

   

Achegas á taxa de variación interanual do custo total

Nota: as subvencións detráense dos outros custos

O custo laboral pode desagregarse en dous grupos: custo salarial e outros custos.

   

2 Custo laboral segundo actividade económica

O custo laboral total increméntase nos tres grandes sectores.

Na industria o custo total aumenta un 5,9%, sendo a taxa interanual do custo salarial total do 4,4%.

Industria. Primeiro trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 3.377,24 5,9
Custo salarial total 2.389,80 4,4
Outros custos 987,44 9,8
Percepcións non salariais 118,73 71,4
Cotizacións obrigatorias 877,78 4,9
Subvencións e bonificacións 9,06 29,6

   

Achegas á taxa de variación interanual do custo total

Nota: as subvencións detráense dos outros custos

O custo total na construción medra un 3,1%, variando o custo salarial total un 2,5% e os Outros custos un 4,3%.

Construción. Primeiro trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 2.974,52 3,1
Custo salarial total 1.952,28 2,5
Outros custos 1.022,24 4,3
Percepcións non salariais 183,82 8,9
Cotizacións obrigatorias 851,36 3,5
Subvencións e bonificacións 12,94 18,5

   

Achegas á taxa de variación interanual do custo total

Nota: as subvencións detráense dos outros custos

Nos servizos o custo total increméntase un 1,3%, sendo a variación interanual do custo salarial total do 1% e a dos Outros custos do 2,2%.

Servizos. Primeiro trimestre de 2025

Compoñentes do custo Euros Taxa interanual
Custo laboral total 2.629,85 1,3
Custo salarial total 1.915,72 1,0
Outros custos 714,13 2,2
Percepcións non salariais 64,01 1,1
Cotizacións obrigatorias 666,77 2,9
Subvencións e bonificacións 16,66 27,7

   

Achegas á taxa de variación interanual do custo total

Nota: as subvencións detráense dos outros custos

3 Tempo de traballo

No primeiro trimestre de 2025, a xornada semanal media pactada en Galicia é de 34,8 horas semanais, e destas, pérdense 4,9 horas. En España, a xornada semanal pactada é de 34,7 horas, das que se perden 4,4 horas semanais.

Se se engaden horas extras e se restan as horas perdidas, a xornada efectiva é de 30,1 horas semanais en Galicia e de 30,4 horas no conxunto do Estado.

O custo laboral total por hora efectiva aumenta en Galicia un 1,8% e en España un 2,2%.

Custo laboral por hora efectiva. Primeiro trimestre de 2025
Euros
Taxa interanual
Compoñentes do custo España Galicia España Galicia
Custo laboral total 23,6 21,27 2,2 1,8
Custo salarial total 17,3 15,29 2,2 1,2
Outros custos 6,3 5,98 2,1 3,3

4 Custo laboral corrixido de estacionalidade e calendario

Se eliminamos os efectos estacionais e de calendario, o custo laboral por traballador rexistra unha taxa do 2,5% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

Custo laboral por traballador e mes. Taxas de variación interanual (%)

5 Custo laboral por comunidades autónomas

Por comunidades autónomas, o custo laboral máis elevado corresponde a Madrid, que supera en 672 euros á media nacional, mentres que en Extremadura o custo laboral é inferior á media nacional en 566,05 euros.

O custo laboral aumenta en todas as comunidades autónomas. Os maiores incrementos prodúcense en Illes Balears (7,9%) e Extremadura (5,4%). Os menores crecementos rexístranse en Cantabria (0,9%) e Asturias (1%).

Custo laboral total. Taxa de variación interanual (%). Primeiro trimestre de 2025

6 Notas metodolóxicas

A Enquisa trimestral de custo laboral ten por obxectivo coñecer a evolución do custo laboral medio por traballador e por hora efectiva de traballo.

Estúdanse os traballadores asalariados por conta allea asociados as Contas de Cotización á Seguridade Social incluídas no Réxime Xeral e cuxa actividade económica estea encadrada nas seccións B a S da CNAE-09 e no Réxime Especial de traballadores do mar e cuxa actividade económica é o transporte marítimo.

Custo laboral: custo no que incorre o empregador pola utilización de factor traballo. Comprende un amplo grupo de partidas que a enquisa recolle en dous bloques principais: custos salariais e outros custos.

Custo salarial: comprende todas as percepcións económicas realizadas aos traballadores, en efectivo ou en especie, pola prestación profesional dos servizos laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, ou os períodos de descanso computables como de traballo.

Outros custos: inclúen as percepcións non salariais e as cotizacións obrigatorias á Seguridade Social.

Hora efectiva: son as horas realmente traballadas tanto en períodos normais de traballo como en xornada extraordinaria, incluíndo as horas perdidas no lugar de traballo, que teñen a consideración de tempo efectivo en virtude da normativa vixente.

Custo laboral por traballador e mes: mide o custo que supón para o empresario empregar a un traballador durante un mes.

Custo laboral por hora efectiva de traballo: mide o custo que supón para o empresario unha hora efectiva de traballo.

O custo debe ser medido en termos netos para o empregador, é dicir, deducindo as diversas subvencións recibidas.


7 Anexo cadros

Cadro 1: Custo laboral por sectores económicos segundo os seus compoñentes. Primeiro trimestre de 2025

Galicia
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 2.781,49 2,3 3.377,24 5,9 2.974,52 3,1 2.629,85 1,3
Custo salarial total 1.999,59 1,7 2.389,80 4,4 1.952,28 2,5 1.915,72 1,0
Custo salarial ordinario 1.867,55 3,1 2.142,83 4,6 1.859,07 1,7 1.806,16 2,9
Outros custos 781,90 3,9 987,44 9,8 1.022,24 4,3 714,13 2,2
Percepcións non salariais 81,51 13,9 118,73 71,4 183,82 8,9 64,01 1,1
Cotizacións obrigatorias 715,48 3,3 877,78 4,9 851,36 3,5 666,77 2,9
Subvencións e bonificacións 15,10 27,4 9,06 29,6 12,94 18,5 16,66 27,7
España
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 3.124,55 3,8 3.668,09 5,1 3.003,06 4,9 3.042,41 3,5
Custo salarial total 2.290,46 3,8 2.663,20 5,2 2.060,38 5,0 2.245,28 3,5
Custo salarial ordinario 2.025,89 3,7 2.297,72 3,6 1.927,15 4,2 1.987,70 3,6
Outros custos 834,09 3,8 1.004,89 4,8 942,68 4,7 797,13 3,5
Percepcións non salariais 78,77 1,6 95,41 7,7 100,67 8,1 74,31 -0,2
Cotizacións obrigatorias 768,68 3,9 920,21 4,4 851,37 4,3 736,93 3,8
Subvencións e bonificacións 13,36 -0,5 10,73 -3,1 9,36 5,1 14,10 -0,5

Fonte: INE


Cadro 2: Custo laboral por hora efectiva. Primeiro trimestre de 2025

Galicia
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 21,27 1,8 23,88 3,6 20,45 0,6 20,70 1,4
Custo salarial total 15,29 1,2 16,90 2,1 13,42 0,0 15,08 1,1
Custo salarial ordinario 14,28 2,5 15,15 2,3 12,78 -0,9 14,22 3,0
Outros custos 5,98 3,3 6,98 7,4 7,03 1,7 5,62 2,2
España
Total
Industria
Construción
Servizos
Compoñentes do custo Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual Euros Taxa interanual
Custo laboral total 23,6 2,2 25,44 3,3 20,33 3,2 23,54 1,9
Custo salarial total 17,3 2,2 18,47 3,4 13,95 3,3 17,37 1,8
Custo salarial ordinario 15,3 2,0 15,94 1,9 13,05 2,5 15,38 2,0
Outros custos 6,3 2,1 6,97 3,0 6,38 2,9 6,17 2,0

Fonte: INE


Cadro 3: Horas semanais por traballador e mes. Primeiro trimestre de 2025

Galicia
Total
Industria
Construción
Servizos
Tipo de xornada Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas
Ambas xornadas 30,1 4,9 32,5 6,0 33,4 5,5 29,2 4,6
Xornada a tempo completo 33,4 5,5 33,7 6,2 34,0 5,6 33,2 5,3
Xornada a tempo parcial 17,4 2,8 20,6 3,5 17,7 1,8 17,1 2,8
España
Total
Industria
Construción
Servizos
Tipo de xornada Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas Horas efectivas Horas non traballadas
Ambas xornadas 30,4 4,4 33,1 5,1 34,0 4,4 29,7 4,3
Xornada a tempo completo 33,9 5,0 34,2 5,3 34,9 4,6 33,7 5,0
Xornada a tempo parcial 18,2 2,5 19,9 2,4 20,6 1,6 18,1 2,5

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos difundidos polo INE

Nota: a efectos do cálculo, considéranse 4,35 semanas ao mes


Cadro 4: Custo laboral total por comunidades autónomas. Primeiro trimestre de 2025

Custo laboral por traballador e mes
Custo laboral por hora efectiva
Espazo Euros Índice (2016=100) Taxa interanual Euros Índice (2016=100) Taxa interanual
España 3.124,55 121,4 3,8 23,60 108,0 2,2
Andalucía 2.689,73 116,9 4,3 20,52 105,6 2,3
Aragón 2.897,63 117,7 1,1 21,99 105,0 -0,4
Asturias 2.888,34 108,8 1,0 22,50 99,4 -0,9
Illes Balears 3.201,92 142,5 7,9 23,62 116,3 6,1
Canarias 2.597,91 129,8 3,2 19,55 105,8 1,0
Cantabria 2.744,96 110,4 0,9 21,24 102,8 1,0
Castilla y León 2.740,75 116,2 4,6 20,83 104,0 1,1
Castilla-La Mancha 2.742,39 117,7 3,4 20,60 106,9 1,5
Cataluña 3.389,56 125,0 4,2 25,52 108,8 3,7
Comunitat Valenciana 2.825,13 123,3 4,7 21,59 110,8 2,8
Extremadura 2.558,50 121,8 5,4 19,71 111,7 1,8
Galicia 2.781,49 117,8 2,3 21,27 108,6 1,8
Madrid 3.796,55 123,6 3,2 27,78 110,6 1,0
Murcia 2.674,26 114,4 1,3 20,90 107,6 2,2
Navarra 3.266,71 113,8 2,9 25,08 102,9 2,1
País Vasco 3.538,16 115,7 3,8 27,81 101,8 1,6
La Rioja 2.781,39 119,3 4,4 20,92 105,9 2,0

Fonte: INE

Cadro 5: Custo salarial por comunidades autónomas. Primeiro trimestre de 2025

Custo salarial por traballador e mes
Custo salarial por hora efectiva
Espazo Euros Índice (2016=100) Taxa interanual Euros Índice (2016=100) Taxa interanual
España 2.290,46 120,3 3,8 17,30 107,1 2,2
Andalucía 1.935,84 114,4 4,1 14,77 103,4 2,2
Aragón 2.069,12 114,2 -0,1 15,70 101,7 -1,6
Asturias 2.102,29 106,7 1,0 16,38 97,3 -0,8
Illes Balears 2.380,12 144,1 8,8 17,56 117,7 6,9
Canarias 1.872,03 129,8 3,2 14,09 105,8 1,1
Cantabria 1.968,10 107,8 0,6 15,23 100,3 0,7
Castilla y León 1.979,70 113,8 4,7 15,05 101,8 1,1
Castilla-La Mancha 1.964,32 115,5 2,7 14,76 105,0 0,8
Cataluña 2.499,96 124,7 4,2 18,82 108,5 3,8
Comunitat Valenciana 2.061,30 122,5 6,0 15,75 110,1 4,1
Extremadura 1.835,71 119,3 4,6 14,14 109,4 1,0
Galicia 1.999,59 115,0 1,7 15,29 106,0 1,2
Madrid 2.866,82 123,7 3,2 20,98 110,8 1,0
Murcia 1.928,40 112,0 1,3 15,07 105,3 2,2
Navarra 2.347,43 110,8 2,6 18,03 100,2 1,8
País Vasco 2.543,50 113,2 3,4 19,99 99,6 1,1
La Rioja 2.004,93 116,7 4,5 15,08 103,6 2,2

Fonte: INE


Cadro 6: Outros custos por comunidades autónomas. Primeiro trimestre de 2025

Outros custos por traballador e mes
Outros custos por hora efectiva
Espazo Euros Índice (2016=100) Taxa interanual Euros Índice (2016=100) Taxa interanual
España 834,09 124,6 3,8 6,30 110,7 2,1
Andalucía 753,89 123,8 4,6 5,75 111,9 2,7
Aragón 828,51 127,5 4,4 6,29 113,9 2,9
Asturias 786,05 115,1 0,9 6,12 105,3 -1,0
Illes Balears 821,80 138,2 5,6 6,06 112,4 3,6
Canarias 725,88 130,0 3,1 5,46 105,8 0,9
Cantabria 776,86 117,6 1,9 6,01 109,7 2,0
Castilla y León 761,05 123,1 4,4 5,78 110,1 0,9
Castilla-La Mancha 778,07 123,5 5,2 5,84 112,1 3,2
Cataluña 889,60 126,0 4,0 6,70 109,7 3,6
Comunitat Valenciana 763,83 125,4 1,4 5,84 112,7 -0,5
Extremadura 722,79 128,6 7,4 5,57 118,0 3,9
Galicia 781,90 125,5 3,9 5,98 115,9 3,3
Madrid 929,73 123,1 3,4 6,80 110,2 1,2
Murcia 745,86 121,0 1,4 5,83 113,9 2,1
Navarra 919,28 122,4 3,8 7,05 110,5 2,8
País Vasco 994,66 122,7 5,0 7,82 107,9 2,8
La Rioja 776,46 126,4 4,1 5,84 112,3 1,7

Fonte: INE


Cadro 7: Vacantes por comunidades autónomas. Primeiro trimestre de 2025

Espazo Número de vacantes
España 152.885
Andalucía 21.422
Aragón 4.195
Asturias 1.529
Illes Balears 4.375
Canarias 7.174
Cantabria 963
Castilla y León 10.712
Castilla-La Mancha 4.143
Cataluña 31.945
Comunitat Valenciana 15.248
Extremadura 2.886
Galicia 8.218
Madrid 26.896
Murcia 2.796
Navarra 3.366
País Vasco 6.273
La Rioja 744

Fonte: INE