ÍNDICE


Principais resultados

1 Poboación activa


No segundo trimestre de 2025 a poboación galega de 16 ou máis anos acada a cifra de 2.385.000 persoas, das que 1.271.600 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,3%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas aumenta en 10.500 persoas e a taxa de actividade crece 0,3 puntos.


Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 2.385,0 4,0 0,2 16,9 0,7
Activos 1.271,6 10,5 0,8 16,2 1,3
Poboación ocupada 1.165,5 15,4 1,3 29,9 2,6
Poboación parada 106,1 -4,9 -4,4 -13,7 -11,4
Inactivos 1.113,4 -6,5 -0,6 0,7 0,1
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Con respecto ao mesmo trimestre de 2024, o número de persoas activas aumenta en 16.200 persoas e a taxa de actividade elévase 0,3 puntos.


Taxas de actividade segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 53,3 0,3 0,3
Homes 56,7 0,5 -0,8
Mulleres 50,2 0,2 1,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, tanto a taxa de actividade masculina como a feminina rexistran unha variación positiva respecto da cifra recollida hai tres meses. A taxa masculina aumenta 0,5 puntos, situándose no 56,7%. A feminina crece 0,2 puntos, ata acadar o 50,2%.


Poboación activa segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.271,6 10,5 0,8 16,2 1,3
Homes 646,0 6,7 1,0 -3,0 -0,5
Mulleres 625,6 3,8 0,6 19,2 3,2
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


2 Poboación ocupada


A poboación ocupada aumenta en 15.400 persoas no segundo trimestre de 2025 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.165.500 persoas. A taxa de ocupación tamén sobe con respecto ao trimestre pasado e sitúase no 48,9%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 29.900 persoas, o que supón un incremento do 2,6% en termos relativos.


Taxas de ocupación segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 48,9 0,6 0,9
Homes 51,8 0,2 -0,5
Mulleres 46,2 0,9 2,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, neste trimestre obsérvase un incremento superior no emprego feminino que no masculino. Asi, a ocupación masculina aumenta en 3.600 persoas respecto ao primeiro trimestre, mentres que a ocupación das mulleres rexista un incremento de 11.800 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nu aumento da taxa de ocupación masculina de 0,2 puntos e do 0,9 puntos da taxa feminina.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2024, de novo son as mulleres as responsables do incremento da ocupación, contabilizándose 30.800ocupadas máis que hai un ano, o que supón un crecemento do 5,7%. No mesmo período. o número de homes ocupados diminúe en 900 persoas (un -0,2%).


Poboación ocupada segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.165,5 15,4 1,3 29,9 2,6
Homes 590,1 3,6 0,6 -0,9 -0,2
Mulleres 575,4 11,8 2,1 30,8 5,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre aumenta no sector primario, na industria e nos servizos e diminúe na construcción. No sector primario o crecemento da poboación ocupada cífrase en 1.200 traballadores e traballadoras máis que hai tres meses, na industria en 800 e no sector servizos en 13.500.


Con respecto ao mesmo trimestre de 2024, a ocupación diminúe no sector primario (7,1%) e na construcción (4,9%), mentres que aumenta na industria e no sector servizos (9,5% e 2,8%, respectivamente).


Poboación ocupada segundo sectores de actividade. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.165,5 15,4 1,3 29,9 2,6
Agricultura e pesca 66,4 1,2 1,8 -5,1 -7,1
Industria 195,7 0,8 0,4 16,9 9,5
Construción 79,4 -0,2 -0,3 -4,1 -4,9
Servizos 824,0 13,5 1,7 22,3 2,8
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


3 Poboación asalariada


En Galicia contabilízanse 959.300 persoas asalariadas no segundo trimestre de 2025, 823.900 con contrato indefinido e os 135.500 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 12.600 asalariados e asalariadas máis con contrato indefinido. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal aumenta en 6.700 efectivos (o que supón, en termos relativos, un crecemento do 5,2% con respecto ao primeiro trimestre). No que respecta á variación interanual, a cifra de persoas con contrato indefinido aumenta un 5,2%, e as persoas con contrato temporal diminúen, pola contra, un 3,2%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 14,1%.


Poboación asalariada segundo o tipo de contrato. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 959,3 19,2 2,0 36,3 3,9
De duración indefinida 823,9 12,6 1,6 41,0 5,2
Temporal 135,5 6,7 5,2 -4,5 -3,2
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


4 Poboación parada


No segundo trimestre de 2025 en Galicia hai 106.100 persoas en paro, 4.900 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 0,5 puntos e sitúase no 8,3%. Esta taxa de paro supón o nivel de desemprego máis baixo en Galicia desde o terceiro trimestre do ano 2008.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2024, o número de parados e paradas diminúe en 13.700 persoas (un 11,4%) e a taxa de paro, a súa vez, baixa 1,2 puntos en termos interanuais.


Taxas de paro segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 8,3 -0,5 -1,2
Homes 8,6 0,4 -0,3
Mulleres 8,0 -1,4 -2,2
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta o paro masculino mentres que diminúe o feminino. O número total de homes parados é de 55.900 (3.200 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 50.200 (8.000 mulleres paradas menos). A taxa de paro masculina sitúase no 8,6% e a feminina no 8%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 2.100 persoas (un 3,6% menos), e o volume de paradas en 11.600 persoas (un 18,8% menos que hai un ano).


Poboación parada segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 106,1 -4,9 -4,4 -13,7 -11,4
Homes 55,9 3,2 6,1 -2,1 -3,6
Mulleres 50,2 -8,0 -13,7 -11,6 -18,8
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


5 Fogares


No segundo trimestre de 2025, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 5.400 unidades e sitúase en 37.000 fogares. Respecto ao segundo trimestre de 2024, esta tipoloxía de fogares baixa un 14,5%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 8.100 unidades. O número de fogares nesta situación é de 674.700. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 17.100 fogares máis nesta situación, o que supón un incremento do 2,6% en termos relativos.


Fogares segundo a tipoloxía de actividade. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Miles de fogares, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.134,7 2,5 0,2 8,8 0,8
Fogares con polo menos un activo 768,1 1,5 0,2 3,7 0,5
Todos os activos son ocupados 674,7 8,1 1,2 17,1 2,6
Todos os activos son parados 37,0 -5,4 -12,7 -6,3 -14,5
Con ocupados e parados 56,4 -1,3 -2,3 -7,1 -11,2
Fogares nos que non hai ningún activo 366,6 1,0 0,3 5,1 1,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


6 Poboación xuvenil


Dos 339.700 mozos e mozas galegas de entre 16 e 29 anos, 136.500 (o 40,2%) están ocupados/as, 28.800 (o 8,5%) parados/as e os 174.400 (o 51,3%) restantes son inactivos/as.


Poboación de 16 a 29 anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 339,7 3,0 0,9 9,6 2,9
Activos 165,3 7,4 4,7 4,7 2,9
Poboación ocupada 136,5 7,5 5,8 9,4 7,4
Poboación parada 28,8 -0,1 -0,3 -4,6 -13,8
Parados que buscan primeiro emprego 10,6 4,0 60,6 0,1 1,0
Parados que xa traballaron 18,2 -4,1 -18,4 -4,8 -20,9
Inactivos 174,4 -4,4 -2,5 4,9 2,9
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 40,2% no segundo trimestre de 2025. Con respecto ao trimestre anterior aumenta 1,9 puntos e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2024 aumenta 1,7 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 17,4% neste trimestre, cunha diminución de 0,9 puntos respecto ao trimestre anterior e de 3,4 puntos respecto do segundo trimestre de 2024.


Taxas de actividade, ocupación e paro da poboación de 16 a 29 anos. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Taxa de actividade 48,7 1,8 0,1
Taxa de ocupación 40,2 1,9 1,7
Taxa de paro 17,4 -0,9 -3,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


No segundo trimestre de 2025, o 72,3% dos ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa, o que supón un aumento do 3,9% con respecto ao primeiro trimestre. Tamén aumenta a cifra de mozos e mozas ocupadas a xornada parcial; en concreto, sobe en 3.800 persoas. Con respecto ao segundo trimestre de 2024, increméntase a ocupación xuvenil, tanto a que traballa a xornada completa (en 3.000 persoas), como a xornada parcial (en 6.400 persoas).


Poboación ocupada de 16 a 29 anos segundo o tipo de xornada. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 136,5 7,5 5,8 9,4 7,4
Completa 98,7 3,7 3,9 3,0 3,1
Parcial 37,8 3,8 11,2 6,4 20,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Dos 122.900 asalariados e asalariadas existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 70,6% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con contrato indefinido rexistra unha diminución do 1% respecto ao trimestre anterior e un aumento do 10,2% respecto ao mesmo trimestre de 2024. A contratación temporal aumenta neste grupo de idade un 15% respecto ao trimestre pasado e diminúe un 8,4% respecto ao segundo trimestre de 2024.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 29,4%.


Poboación asalariada de 16 a 29 anos segundo a duración do contrato. Galicia. Segundo trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 122,9 3,8 3,2 4,8 4,1
De duración indefinida 86,8 -0,9 -1,0 8,0 10,2
Temporal 36,1 4,7 15,0 -3,3 -8,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


7 Notas metodolóxicas

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. No ano 2008 asinouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega en relación coa actividade económica cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009 incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE. Esta mostra deixará de formar parte da enquisa desde o terceiro trimestre de 2025 xa que, transcorrido o prazo de vixencia do convenio, se acordou a súa resolución.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

A EPA incorporou as cifras do Censo de poboación e vivendas do INE de 2021 ás súas estimacións dos anos 2021 en diante. Para máis información consultar a seguinte ligazón.

8 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE-IGE. Enquisa de poboación activa (EPA)