Principais resultados

1 Indicador de confianza do consumidor

No cuarto trimestre de 2025, o indicador de confianza do consumidor (ICC) situouse en -14,47 puntos, 1,46 puntos inferior que no trimestre anterior. Neste trimestre diminuíron os catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: a situación financeira persoal (-0,32), o desemprego (-0,65), a situación económica en Galicia (-2,36) e a capacidade futura de aforro (-2,49).

Indicador de confianza do consumidor e as súas compoñentes. Galicia
Unidade: Puntos de -100 a 100
ICC Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) Capacidade futura de aforro Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) Desemprego (perspectivas de evolución)
2022/IV -24,53 -11,57 -34,57 -28,33 -23,65
2023/I -20,96 -7,57 -35,56 -22,15 -18,55
2023/II -12,05 -4,23 -28,03 -10,41 -5,53
2023/III -16,77 -6,24 -35,18 -12,61 -13,05
2023/IV -22,92 -10,25 -38,03 -23,67 -19,71
2024/I -16,27 -5,12 -31,59 -15,90 -12,45
2024/II -13,21 -6,61 -28,31 -11,91 -6,01
2024/III -13,93 -6,17 -27,29 -11,55 -10,70
2024/IV -16,46 -5,25 -29,17 -16,48 -14,95
2025/I -13,81 -3,44 -25,95 -15,78 -10,06
2025/II -12,25 -5,30 -19,49 -18,02 -6,20
2025/III -13,01 -6,76 -19,95 -15,57 -9,77
2025/IV -14,47 -7,08 -22,44 -17,93 -10,42
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

O indicador de confianza do consumidor varía en función dos ingresos do fogar. Os fogares con menores ingresos medios mensuais presentan valores máis baixos no ICC, mentres que a confianza aumenta ao incrementárense os ingresos do fogar. Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600€ ao mes sitúase en -37,14 puntos, namentres que nos fogares cun ingreso por riba dos 3.000€ o indicador sitúase en 2,01.

                      Indicador de confianza do consumidor (ICC) segundo o intervalo de ingresos mensuais do fogar. Cuarto trimestre de 2025. Galicia.
                      Unidade: Puntos de -100 a 100

                      Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

2 Situación económica dos fogares nos últimos tres meses

No cuarto trimestre de 2025, o 56,96% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 37,00% con dificultade e o 6,04% restante con moita dificultade.

Con respecto ao trimestre anterior, aumentan 1,14 puntos os fogares que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes e 0,43 puntos os que chegan con moita dificultade, mentres que diminuíu a proporción dos que chegan con dificultade (1,56).

En comparación co cuarto trimestre do ano 2024, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumenta 3,08 puntos porcentuais. A porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes diminúe 1,51 puntos entre ambos períodos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade decrece 1,56 puntos.

Fogares segundo o grao de dificultade para chegar a fin de mes. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV
Con facilidade ou moita facilidade 53,88 53,67 57,68 55,82 56,96
Con dificultade 38,51 39,46 36,95 38,56 37,00
Con moita dificultade 7,60 6,87 5,36 5,61 6,04
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa)

 

            Porcentaxes cuarto trimestre de 2025. Galicia


3 Medidas económicas tomadas polos fogares nos últimos tres meses

O 18,80% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine… Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.

No cuarto trimestre de 2025, o 21,13% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra mercando marcas brancas, produtos en oferta etc. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos neste período. Ademais, o 11,49% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns (como roupa e calzado, transporte, gas, electricidade etc.), agás alimentación.

Medidas para reducir gastos, aumentar ingresos ou afrontar pagos nos fogares. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV
Cambiar os seus hábitos de compra mercando marcas brancas, produtos en oferta… 25,82 22,99 29,21 26,64 21,13
Diminuír outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, gas, electricidade…, agás alimentación 21,19 17,15 13,21 14,92 11,49
Algún dos membros do fogar tivo que poñerse a traballar ou aumentar a xornada de traballo 1,70 0,78 2,92 2,75 1,40
Recibir axuda económica de familiares ou amizades 4,16 3,01 5,11 5,28 3,21
Tomar medidas financeiras 2,65 2,40 3,99 4,12 2,91
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

4 Medidas económicas que esperan realizar os fogares nos próximos tres meses

Nos próximos tres meses, o 41,56% dos fogares galegos ten pensado aforrar algo de cartos; o 61,53% facer algún extra en produtos de alimentación; o 65,53% saír a cear, a cafeterías, ir ao cine ou ao teatro, e o 22,60% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.

Fogares que teñen pensado permitirse os seguintes extras nos próximos tres meses. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV
Pagarse unhas vacacións, viaxes ou estadías de lecer 14,39 13,95 21,73 17,25 13,73
Saír a cear, a cafeterías, ir ao cine, ao teatro 66,54 64,34 73,66 73,28 65,53
Facer fronte a imprevistos ou grandes compras 25,34 21,12 22,66 22,46 22,60
Aforrar algo de cartos 37,12 38,49 42,24 41,85 41,56
Facer algún extra en produtos de alimentación 60,56 44,43 49,01 49,77 61,53
Algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado 25,48 18,89 18,51 15,77 24,65
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

5 Compra de vivenda e coche nos fogares

O 12,94% dos fogares galegos está pagando a vivenda principal na que habitan, o 10,38% o coche e o 3,15% unha segunda vivenda. Con respecto ao cuarto trimestre de 2024, baixou 0,67 puntos a porcentaxe de fogares que paga a vivenda habitual.

Fogares que teñen comprado e están pagando vivenda ou coche. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV
Vivenda principal 13,61 13,43 12,47 12,92 12,94
Segunda vivenda 3,08 2,61 2,94 2,91 3,15
Coche 8,51 8,22 8,13 10,51 10,38
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).


6 Notas metodolóxicas

Os obxectivos principais da Enquisa conxuntural a fogares (ECF) son os seguintes:

O ICC varía de -100 a 100, sendo o valor 0 o punto neutral; valores positivos do indicador amosan optimismo e valores negativos indican pesimismo por parte dos consumidores galegos.

7 Definicións, metodoloxía, fontes e máis información

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa conxuntural a fogares elaborada polo IGE.