Principais resultados

1 Indicador de confianza do consumidor

Durante o segundo trimestre de 2026, o ICC acadou os -10,83 puntos, o que representa unha subida de 7,11 puntos en comparación co trimestre precedente. Esta evolución positiva sustentouse no avance de tres dos catro indicadores parciais: a situación financeira persoal mellorou en 6,08 puntos, a capacidade futura de aforro incrementouse en 17,19 puntos e a percepción sobre o desemprego aumentou 6,78 puntos.

Indicador de confianza do consumidor e as súas compoñentes. Galicia
Unidade: Puntos de -100 a 100
ICC Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) Capacidade futura de aforro Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) Desemprego (perspectivas de evolución)
2023/II -12,05 -4,23 -28,03 -10,41 -5,53
2023/III -16,77 -6,24 -35,18 -12,61 -13,05
2023/IV -22,92 -10,25 -38,03 -23,67 -19,71
2024/I -16,27 -5,12 -31,59 -15,90 -12,45
2024/II -13,21 -6,61 -28,31 -11,91 -6,01
2024/III -13,93 -6,17 -27,29 -11,55 -10,70
2024/IV -16,46 -5,25 -29,17 -16,48 -14,95
2025/I -13,81 -3,44 -25,95 -15,78 -10,06
2025/II -12,25 -5,30 -19,49 -18,02 -6,20
2025/III -13,01 -6,76 -19,95 -15,57 -9,77
2025/IV -14,47 -7,08 -22,44 -17,93 -10,42
2026/I -17,94 -10,86 -25,02 -24,02 -11,86
2026/II -10,83 -4,78 -7,83 -25,64 -5,08
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

A evolución do ICC difire segundo os ingresos do fogar, con valores máis baixos entre os fogares de menor capacidade económica e maiores niveis de confianza nos tramos superiores. No segundo trimestre, o valor mínimo corresponde aos fogares con ingresos inferiores a 1.000 € (-27 puntos),mentres que nos fogares con ingresos superiores a 3.000 € o indicador acada 0,33 puntos.

                      Indicador de confianza do consumidor (ICC) segundo o intervalo de ingresos mensuais do fogar. Segundo trimestre de 2026. Galicia.
                      Unidade: Puntos de -100 a 100

                      Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

2 Medidas económicas tomadas polos fogares nos últimos tres meses

No segundo trimestre de 2026, case a metade dos fogares galegos (42,44%) optou por marcas brancas e produtos en oferta, configurando así a medida económica máis habitual para reducir gastos. A segunda medida con maior frecuencia foi a diminución doutros gastos comúns distintos da alimentación —como vestido e calzado, transporte, gas ou electricidade— declarada polo 22,74% dos fogares. Ademais, o 4,20% recibiu axuda económica de familiares ou amizades, o 2,61% adoptou medidas financeiras, e no 1,53% dos fogares algún membro comezou a traballar ou ampliou a súa xornada.

Medidas para reducir gastos, aumentar ingresos ou afrontar pagos nos fogares. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I 2026/II
Cambiar os seus hábitos de compra mercando marcas brancas, produtos en oferta… 29,21 26,64 21,13 24,58 42,44
Diminuír outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, gas, electricidade…, agás alimentación 13,21 14,92 11,49 11,72 22,74
Algún dos membros do fogar tivo que poñerse a traballar ou aumentar a xornada de traballo 2,92 2,75 1,40 1,63 1,53
Recibir axuda económica de familiares ou amizades 5,11 5,28 3,21 3,53 4,20
Tomar medidas financeiras 3,99 4,12 2,91 2,58 2,61
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

O 13,17% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, a contratación de novos servizos para o fogar, así como saír a cear, ir ao cine… Tamén se inclúe nesta categoría a capacidade de aforrar, a redución de horas de traballo ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.

3 Medidas económicas que esperan realizar os fogares nos próximos tres meses

Nos próximos tres meses, o 73,43% dos fogares de Galicia manifesta intención de destinar parte do seu orzamento ao ocio (ceas, cafés, cine, teatro). Xunto a isto, o 48,32% espera aforrar algo, o 36,50% prevé realizar gastos extraordinarios en alimentación, e o 30,03% anticipa ter que cubrir imprevistos ou acometer grandes compras.

Fogares que teñen pensado permitirse os seguintes extras nos próximos tres meses. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I 2026/II
Pagarse unhas vacacións, viaxes ou estadías de lecer 21,73 17,25 13,73 14,80 25,69
Saír a cear, a cafeterías, ir ao cine, ao teatro 73,66 73,28 65,53 65,91 73,43
Facer fronte a imprevistos ou grandes compras 22,66 22,46 22,60 22,16 30,03
Aforrar algo de cartos 42,24 41,85 41,56 39,70 48,32
Facer algún extra en produtos de alimentación 49,01 49,77 61,53 41,82 36,50
Algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado 18,51 15,77 24,65 13,24 24,35
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

A comparación co trimestre anterior está marcada polos patróns de consumo propios do verán, que afectan sobre todo ás vacacións e ao gasto en roupa e calzado. Se se toma como referencia o mesmo trimestre de 2025, obsérvase unha caída na intención de facer gastos extraordinarios en alimentación (–12,51 puntos), unha estabilidade nas previsións de ocio, e un incremento no resto das medidas previstas polos fogares.

4 Compra de vivenda

O 14,69 % dos fogares galegos teñen gasto en adquisición da sua vivenda habitual. Este gasto presenta unha tendencia ascendente ininterrompida durante o último ano.

Fogares que teñen comprado e están pagando a vivenda. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I 2026/II
Vivenda principal 12,47 12,92 12,94 13,04 14,69
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).


5 Notas metodolóxicas

Os obxectivos principais da Enquisa conxuntural a fogares (ECF) son os seguintes:

O ICC varía de -100 a 100, sendo o valor 0 o punto neutral; valores positivos do indicador amosan optimismo e valores negativos indican pesimismo por parte dos consumidores galegos.

6 Definicións, metodoloxía, fontes e máis información

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa conxuntural a fogares elaborada polo IGE.