Principais resultados

1 Indicadores de confianza

No segundo trimestre de 2025, o indicador de confianza do consumidor (ICC) reflicte un valor de -12,25 puntos, 1,56 puntos superior que o referido ao trimestre anterior. Neste trimestre diminuiron dous dos catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: o indicador da capacidade futura de aforro rexistrou unha subida de 6,46 puntos, seguido do indicador do desemprego, que aumentou 3,86 puntos; do indicador da situación financeira persoal, que dimimuíu 1,86 puntos, e do indicador da situación económica en Galicia, que dimimuíu 2,24 puntos.

Indicador de confianza do consumidor e as súas compoñentes. Galicia
Unidade: Puntos de -100 a 100
ICC Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) Capacidade futura de aforro Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) Desemprego (perspectivas de evolución)
2022/II -12,85 -6,08 -20,00 -16,95 -8,39
2022/III -23,82 -11,54 -28,97 -30,71 -24,07
2022/IV -24,53 -11,57 -34,57 -28,33 -23,65
2023/I -20,96 -7,57 -35,56 -22,15 -18,55
2023/II -12,05 -4,23 -28,03 -10,41 -5,53
2023/III -16,77 -6,24 -35,18 -12,61 -13,05
2023/IV -22,92 -10,25 -38,03 -23,67 -19,71
2024/I -16,27 -5,12 -31,59 -15,90 -12,45
2024/II -13,21 -6,61 -28,31 -11,91 -6,01
2024/III -13,93 -6,17 -27,29 -11,55 -10,70
2024/IV -16,46 -5,25 -29,17 -16,48 -14,95
2025/I -13,81 -3,44 -25,95 -15,78 -10,06
2025/II -12,25 -5,30 -19,49 -18,02 -6,20
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa)

O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos no ICC, mentres que a confianza aumenta ao incrementárense os ingresos do fogar. Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600€ ao mes sitúase no -31,74, namentres que entre os fogares que máis ingresan ao mes (por riba dos 3.000€) o indicador sitúase en 3,00.

                      Indicador de confianza do consumidor (ICC) segundo o intervalo de ingresos mensuais do fogar. Galicia.
                      Segundo trimestre de 2025

                      Fonte: IGE. Enquisa conxxuntural a fogares (descarga da táboa)

2 Situación económica dos fogares nos últimos tres meses

No segundo trimestre de 2025, o 50,44% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 43,27% con dificultade e o 6,29% restante con moita dificultade.

Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese un aumento de 4,43 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes; unha diminución de 2,04 puntos na dos que chegan con moita dificultade, e unha diminución de 2,39 puntos na porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2024, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumenta 4,48 puntos porcentuais. A porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes diminúe 0,94 puntos entre ambos períodos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade decrece 3,53 puntos.

Fogares segundo o grao de dificultade para chegar a fin de mes. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II
Con facilidade ou moita facilidade 45,96 47,78 47,88 46,01 50,44
Con dificultade 44,21 44,64 43,52 45,66 43,27
Con moita dificultade 9,82 7,58 8,60 8,33 6,29
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa)

 

            Porcentaxes segundo trimestre de 2025. Galicia


3 Medidas económicas tomadas polos fogares nos últimos tres meses

O 15,01% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses (Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares). Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.

O 29,21% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra mercando marcas brancas, produtos en oferta, etc. no segundo trimestre de 2025. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos neste período. Ademais, o 13,21% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, gas, electricidade, etc, agás alimentación.

Fogares que tomaron as seguintes medidas para reducir gastos, aumentar ingresos ou afrontar pagos nos últimos tres meses. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II
Cambiar os seus hábitos de compra mercando marcas brancas, produtos en oferta… 39,50 29,57 25,82 22,99 29,21
Diminuír outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, gas, electricidade…, agás alimentación 24,15 20,24 21,19 17,15 13,21
Algún dos membros do fogar tivo que poñerse a traballar ou aumentar a xornada de traballo 2,38 2,16 1,70 0,78 2,92
Recibir axuda económica de familiares ou amizades 6,86 6,08 4,16 3,01 5,11
Tomar medidas financeiras 4,17 4,49 2,65 2,40 3,99
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa)

4 Medidas económicas que esperan realizar os fogares nos próximos tres meses

O 42,24% dos fogares galegos ten pensado aforrar algo de cartos nos próximos tres meses; o 49,01% facer algún extra en produtos de alimentación; o 73,66% saír a cear, a cafeterías, ir ao cine ou ao teatro, e o 22,66% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.

Fogares que teñen pensado permitirse os seguintes extras nos próximos tres meses. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II
Pagarse unhas vacacións, viaxes ou estadías de lecer 20,26 14,74 14,39 13,95 21,73
Saír a cear, a cafeterías, ir ao cine, ao teatro 69,73 70,66 66,54 64,34 73,66
Facer fronte a imprevistos ou grandes compras 23,41 26,36 25,34 21,12 22,66
Aforrar algo de cartos 37,44 36,68 37,12 38,49 42,24
Facer algún extra en produtos de alimentación 47,99 51,44 60,56 44,43 49,01
Algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado 16,83 19,55 25,48 18,89 18,51
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa)

5 Compra de vivenda e coche nos fogares

O 12,47% dos fogares galegos está pagando a vivenda principal na que habitan, o 8,13% o coche e o 2,94% unha segunda vivenda. Con respecto ao mesmo trimestre de 2024, dimiuíu 4,26 puntos a porcentaxe de fogares que están a pagar a súa vivenda habitual.

Fogares que teñen comprado e están pagando vivenda ou coche. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II
Vivenda principal 16,73 14,86 13,61 13,43 12,47
Segunda vivenda 3,16 2,88 3,08 2,61 2,94
Coche 9,50 8,53 8,51 8,22 8,13
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa)


6 Notas metodolóxicas

Os obxectivos principais da Enquisa conxuntural a fogares (ECF) son os seguintes:

O ICC varía de -100 a 100, sendo o valor 0 o punto neutral; valores positivos do indicador amosan optimismo e valores negativos indican pesimismo por parte dos consumidores galegos.

7 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa conxuntural a fogares elaborada polo IGE.