Principais resultados

1 Indicador de confianza do consumidor

No primeiro trimestre de 2026, o indicador de confianza do consumidor (ICC) situouse en -17,94 puntos, o que supón unha caída de 3,47 puntos respecto ao trimestre anterior.

Neste período diminuíron os catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: a situación financeira persoal (-3,76), a situación económica en Galicia (-6,19), a capacidade futura de aforro (-2,58) e o desemprego (-1,44).

Indicador de confianza do consumidor e as súas compoñentes. Galicia
Unidade: Puntos de -100 a 100
ICC Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) Capacidade futura de aforro Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) Desemprego (perspectivas de evolución)
2023/I -20,96 -7,57 -35,56 -22,15 -18,55
2023/II -12,05 -4,23 -28,03 -10,41 -5,53
2023/III -16,77 -6,24 -35,18 -12,61 -13,05
2023/IV -22,92 -10,25 -38,03 -23,67 -19,71
2024/I -16,27 -5,12 -31,59 -15,90 -12,45
2024/II -13,21 -6,61 -28,31 -11,91 -6,01
2024/III -13,93 -6,17 -27,29 -11,55 -10,70
2024/IV -16,46 -5,25 -29,17 -16,48 -14,95
2025/I -13,81 -3,44 -25,95 -15,78 -10,06
2025/II -12,25 -5,30 -19,49 -18,02 -6,20
2025/III -13,01 -6,76 -19,95 -15,57 -9,77
2025/IV -14,47 -7,08 -22,44 -17,93 -10,42
2026/I -17,94 -10,86 -25,02 -24,02 -11,86
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

O indicador de confianza do consumidor varía en función dos ingresos do fogar. En xeral, os fogares con menores ingresos medios mensuais presentan valores máis baixos no ICC, mentres que a confianza aumenta ao incrementárense os ingresos do fogar. Non obstante, este trimestre o valor máis baixo do indicador sitúase nos fogares con ingresos entre 600 e 1.000€ (-37,33 puntos). Nos fogares con ingresos superiores a 3.000€ o ICC alcanza -3,79 puntos.

                      Indicador de confianza do consumidor (ICC) segundo o intervalo de ingresos mensuais do fogar. Primeiro trimestre de 2026. Galicia.
                      Unidade: Puntos de -100 a 100

                      Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

2 Medidas económicas tomadas polos fogares nos últimos tres meses

No primeiro trimestre de 2026, o 24,58% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra optando por marcas brancas, produtos en oferta etc. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos neste período..

A seguinte opción con maior frecuencia foi a diminución doutros gastos comúns distintos da alimentación (vestido e calzado, transporte, gas, electricidade, etc.) declarada polo 11,72% dos fogares. Un 3,53% dos fogares recibiu axuda económica de familiares ou amizades, un 2,58% tomou medidas financeiras e nun 1,63% algún membro do fogar comezou a traballar ou aumentou a súa xornada.

Medidas para reducir gastos, aumentar ingresos ou afrontar pagos nos fogares. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I
Cambiar os seus hábitos de compra mercando marcas brancas, produtos en oferta… 22,99 29,21 26,64 21,13 24,58
Diminuír outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, gas, electricidade…, agás alimentación 17,15 13,21 14,92 11,49 11,72
Algún dos membros do fogar tivo que poñerse a traballar ou aumentar a xornada de traballo 0,78 2,92 2,75 1,40 1,63
Recibir axuda económica de familiares ou amizades 3,01 5,11 5,28 3,21 3,53
Tomar medidas financeiras 2,40 3,99 4,12 2,91 2,58
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

O 17,63% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, a contratación de novos servizos para o fogar, así como saír a cear, ir ao cine… Tamén se inclúe nesta categoría a capacidade de aforrar, a redución de horas de traballo ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.

3 Medidas económicas que esperan realizar os fogares nos próximos tres meses

De cara aos próximos tres meses, o o 65,91% dos fogares galegos ten pensado realizar gastos en ocio (saír a cear, a cafeterías, ir ao cine ou ao teatro), o 41,82% realizar algún extra en produtos de alimentación, 39,70% prevé aforrar algo de cartos, e o 22,16% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.

Fogares que teñen pensado permitirse os seguintes extras nos próximos tres meses. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I
Pagarse unhas vacacións, viaxes ou estadías de lecer 13,95 21,73 17,25 13,73 14,80
Saír a cear, a cafeterías, ir ao cine, ao teatro 64,34 73,66 73,28 65,53 65,91
Facer fronte a imprevistos ou grandes compras 21,12 22,66 22,46 22,60 22,16
Aforrar algo de cartos 38,49 42,24 41,85 41,56 39,70
Facer algún extra en produtos de alimentación 44,43 49,01 49,77 61,53 41,82
Algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado 18,89 18,51 15,77 24,65 13,24
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).

A comparación co trimestre anterior está condicionada polas pautas de gasto asociadas ao período de Nadal, que afectan sobre todo á intención de gasto en alimentación e en roupa e calzado. En relación co 1º trimestre de 2025, diminúe a intención de realizar gasto extraordinario en alimentación (-2,61 puntos) e en roupa e calzado (-5,65 puntos). As restantes previsións mantéñense en niveis similares.

4 Compra de vivenda e coche nos fogares

O 13,04% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal na que reside, o 8,82% o coche e o 2,94% unha segunda vivenda. Con respecto ao primeiro trimestre de 2025, a porcentaxe de fogares que paga a vivenda habitual reduciuse en 0,39 puntos.

Fogares que teñen comprado e están pagando vivenda ou coche. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I
Vivenda principal 13,43 12,47 12,92 12,94 13,04
Segunda vivenda 2,61 2,94 2,91 3,15 2,94
Coche 8,22 8,13 10,51 10,38 8,82
Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares (descarga da táboa).


5 Notas metodolóxicas

Os obxectivos principais da Enquisa conxuntural a fogares (ECF) son os seguintes:

O ICC varía de -100 a 100, sendo o valor 0 o punto neutral; valores positivos do indicador amosan optimismo e valores negativos indican pesimismo por parte dos consumidores galegos.

6 Definicións, metodoloxía, fontes e máis información

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa conxuntural a fogares elaborada polo IGE.