Principais resultados

1. Constitucións e ampliacións

En novembro de 2025 constituíronse en Galicia 387 sociedades mercantís. Este mes rexistráronse 11 constitucións menos que no mes anterior e 70 máis que no mesmo mes do ano anterior.

Número de sociedades mercantís constituídas e que amplían capital. Galicia. Novembro de 2025
Unidade: Número
Dato do Mes Variación absoluta mensual Variación absoluta interanual
Sociedades constituídas 387 -11 70
Sociedades que amplían capital 71 -20 -6
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   

Capital suscrito e capital ampliado. Galicia. Novembro de 2025
Unidade: Capital (en euros)
Dato do Mes Taxa de variación mensual (%) Taxa de variación interanual (%)
Sociedades constituídas 9.731.412 -62,12 50,53
Sociedades que amplían capital 19.677.703 -4,95 12,86


Por outra banda, en novembro de 2025 ampliaron o seu capital social 71 sociedades mercantís. Son 6 sociedades menos que as rexistradas hai 12 meses. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 19,68 millóns de euros.

Como en meses precedentes, en novembro de 2025 as provincias de A Coruña e Pontevedra seguen a concentrar o maior número das novas sociedades mercantís, (46,51% e 34,11%, respectivamente), mentres que Lugo e Ourense representaron o 11,89% e o 7,49% restante.

Sociedades mercantís constituídas segundo a provincia de inscrición. Galicia. Novembro de 2025
Unidade: Número, Porcentaxe
Espazo Número Porcentaxe
Galicia 387 100,00
A Coruña 180 46,51
Lugo 46 11,89
Ourense 29 7,49
Pontevedra 132 34,11
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

2. Demografía das empresas constituídas

O capital medio1 subscrito polas sociedades constituídas en novembro de 2025 ascendeu a 25.145,77 euros por sociedade.

Case todas as empresas constituídas en novembro de 2025 en Galicia adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 25.296,89 euros por empresa.

Sociedades mercantís constituídas segundo a forma xurídica. Galicia. Novembro de 2025
Unidade: Número, Euros
Número Capital Capital medio
Sociedades Mercantís (Total) 387 9.731.412 25.145,77
Sociedades Anónimas (SA) 1 60.000 60.000,00
Sociedades Limitadas (SL) 382 9.663.412 25.296,89
Outras sociedades 4 8.000 2.000,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   


O 20,16% das empresas creadas en novembro de 2025 pertencen á rama de Actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros. As seguintes actividades en importancia son Comercio (co 15,76% das constitucións rexistradas en novembro de 2025), Resto de servizos (co 15,76%), Hostalaría (co 13,18%) e Construción (co 11,89%).


Sociedades mercantís constituídas segundo a actividade económica. Galicia.
Novembro de 2025.

                                       Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


A presenza masculina segue a ser maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 340 socios (o 73,12% do total) fronte a 125 socias (26,88%) en novembro de 2025.

Socios fundadores das sociedades mercantís constituídas segundo o sexo. Galicia. Novembro de 2025
Unidade: Persoas, Porcentaxe
Sexo Dato Porcentaxe
Homes 340 73,12
Mulleres 125 26,88
Total 465 100,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

Ademais, as sociedades mercantís creadas en Galicia adoitan estar compostas por un número de socios moi pequeno, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en novembro de 2025, o 75,19% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 21,71% por dous socios.

3. Disolucións, reducións de capital e transformación de sociedades

En novembro de 2025 disolvéronse 119 sociedades mercantís en Galicia, 1 menos que no mes anterior e 6 unidades máis que no mesmo mes de 2024. 16 sociedades reduciron o seu capital social e rexistráronse 6 procedementos de fusión de sociedades e 1 de escisión.

Sociedades mercantís disoltas e que reducen capital. Galicia.
Unidade: Número
Tempo Reducen capital Disoltas
2024/Novembro 19 125
2025/Outubro 22 120
2025/Novembro 16 119
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

O mes de novembro de 2025 pechou con 31 sociedades afectadas por concurso de acredores. Con respecto ao acontecido hai un ano, hai 1 sociedade máis afectada por esta situación.

Sociedades mercantís con escisións, fusións ou en situación concursal. Galicia
Unidade: Número
Tempo Realiza escisión Fusionadas Situación concursal
2024/Novembro 1 4 30
2025/Outubro 2 6 30
2025/Novembro 1 6 31
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


4. Distribución das constitucións por concellos

Sociedades mercantís constituídas segundo o concello de inscrición nos últimos 12 meses. Galicia.