Principais resultados

1. Constitucións e ampliacións

En outubro de 2025 constituíronse en Galicia 398 sociedades mercantís. Este mes rexistráronse 85 constitucións máis que no mes anterior e 33 máis que no mesmo mes do ano anterior.

Número de sociedades mercantís constituídas e que amplían capital. Galicia. Outubro de 2025
Unidade: Número
Dato do Mes Variación absoluta mensual Variación absoluta interanual
Sociedades constituídas 398 85 33
Sociedades que amplían capital 91 4 3
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   

Capital suscrito e capital ampliado. Galicia. Outubro de 2025
Unidade: Capital (en euros)
Dato do Mes Taxa de variación mensual (%) Taxa de variación interanual (%)
Sociedades constituídas 25.688.564 168,72 110,03
Sociedades que amplían capital 20.701.558 -5,37 -25,11


Por outra banda, en outubro de 2025 ampliaron o seu capital social 91 sociedades mercantís. Son 3 sociedades máis que as rexistradas hai 12 meses. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 20,70 millóns de euros.

Como en meses precedentes, en outubro de 2025 as provincias de A Coruña e Pontevedra seguen a concentrar o maior número das novas sociedades mercantís, (46,23% e 39,45%, respectivamente), mentres que Lugo e Ourense representaron o 7,54% e o 6,78% restante.

Sociedades mercantís constituídas segundo a provincia de inscrición. Galicia. Outubro de 2025
Unidade: Número, Porcentaxe
Espazo Número Porcentaxe
Galicia 398 100,00
A Coruña 184 46,23
Lugo 30 7,54
Ourense 27 6,78
Pontevedra 157 39,45
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

2. Demografía das empresas constituídas

O capital medio1 subscrito polas sociedades constituídas en outubro de 2025 ascendeu a 64.544,13 euros por sociedade.

Case todas as empresas constituídas en outubro de 2025 en Galicia adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 65.146,10 euros por empresa.

Sociedades mercantís constituídas segundo a forma xurídica. Galicia. Outubro de 2025
Unidade: Número, Euros
Número Capital Capital medio
Sociedades Mercantís (Total) 398 25.688.564 64.544,13
Sociedades Anónimas (SA) 0 0 0,00
Sociedades Limitadas (SL) 394 25.667.564 65.146,10
Outras sociedades 4 21.000 5.250,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   


O 16,33% das empresas creadas en outubro de 2025 pertencen á rama de Actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros. As seguintes actividades en importancia son Comercio (co 15,83% das constitucións rexistradas en outubro de 2025), Construción (co 15,08%), Hostalaría (co 14,32%) e Resto de servizos (co 11,81%).


Sociedades mercantís constituídas segundo a actividade económica. Galicia.
Outubro de 2025.

                                       Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


A presenza masculina segue a ser maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 365 socios (o 72,13% do total) fronte a 141 socias (27,87%) en outubro de 2025.

Socios fundadores das sociedades mercantís constituídas segundo o sexo. Galicia. Outubro de 2025
Unidade: Persoas, Porcentaxe
Sexo Dato Porcentaxe
Homes 365 72,13
Mulleres 141 27,87
Total 506 100,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

Ademais, as sociedades mercantís creadas en Galicia adoitan estar compostas por un número de socios moi pequeno, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en outubro de 2025, o 71,86% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 23,87% por dous socios.

3. Disolucións, reducións de capital e transformación de sociedades

En outubro de 2025 disolvéronse 120 sociedades mercantís en Galicia, 42 máis que no mes anterior e 1 unidade máis que no mesmo mes de 2024. 22 sociedades reduciron o seu capital social e rexistráronse 6 procedementos de fusión de sociedades e 2 de escisión.

Sociedades mercantís disoltas e que reducen capital. Galicia.
Unidade: Número
Tempo Reducen capital Disoltas
2024/Outubro 24 119
2025/Setembro 19 78
2025/Outubro 22 120
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

O mes de outubro de 2025 pechou con 30 sociedades afectadas por concurso de acredores. Con respecto ao acontecido hai un ano, hai 11 sociedades máis afectadas por esta situación.

Sociedades mercantís con escisións, fusións ou en situación concursal. Galicia
Unidade: Número
Tempo Realiza escisión Fusionadas Situación concursal
2024/Outubro 2 7 19
2025/Setembro 2 1 16
2025/Outubro 2 6 30
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


4. Distribución das constitucións por concellos

Sociedades mercantís constituídas segundo o concello de inscrición nos últimos 12 meses. Galicia.


Notas metodolóxicas

A Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con carácter mensual. Na devandita explotación informativa do BORME, aténdese para facer os cálculos á data de publicación de cada incidencia.

O obxectivo desta operación é medir a demografía das sociedades mercantís en Galicia, ofrecendo información sobre os seguintes puntos:

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos


  1. O capital medio subscrito por sociedade calcúlase dividindo o capital total das sociedades constituídas/que amplían capital entre o número de sociedades constituídas/que amplían capital.↩︎