Principais resultados

1. Constitucións e ampliacións

En febreiro de 2026 constituíronse en Galicia 469 sociedades mercantís. Este mes rexistráronse 90 constitucións máis que no mes anterior e 65 máis que no mesmo mes do ano anterior.

Número de sociedades mercantís constituídas e que amplían capital. Galicia. Febreiro de 2026
Unidade: Número
Dato do Mes Variación absoluta mensual Variación absoluta interanual
Sociedades constituídas 469 90 65
Sociedades que amplían capital 109 5 15
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   

Capital suscrito e capital ampliado. Galicia. Febreiro de 2026
Unidade: Capital (en euros)
Dato do Mes Taxa de variación mensual (%) Taxa de variación interanual (%)
Sociedades constituídas 20.528.860 -17,76 25,56
Sociedades que amplían capital 39.590.615 -53,66 98,04


Por outra banda, en febreiro de 2026 ampliaron o seu capital social 109 sociedades mercantís. Son 15 sociedades máis que as rexistradas hai 12 meses. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 39,59 millóns de euros.

Como en meses precedentes, en febreiro de 2026 as provincias de A Coruña e Pontevedra seguen a concentrar o maior número das novas sociedades mercantís, (42,86% e 35,82%, respectivamente), mentres que Lugo e Ourense representaron o 13,43% e o 7,89% restante.

Sociedades mercantís constituídas segundo a provincia de inscrición. Galicia. Febreiro de 2026
Unidade: Número, Porcentaxe
Espazo Número Porcentaxe
Galicia 469 100,00
A Coruña 201 42,86
Lugo 63 13,43
Ourense 37 7,89
Pontevedra 168 35,82
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

2. Demografía das empresas constituídas

O capital medio1 subscrito polas sociedades constituídas en febreiro de 2026 ascendeu a 43.771,56 euros por sociedade.

Case todas as empresas constituídas en febreiro de 2026 en Galicia adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 43.303,85 euros por empresa.

Sociedades mercantís constituídas segundo a forma xurídica. Galicia. Febreiro de 2026
Unidade: Número, Euros
Número Capital Capital medio
Sociedades Mercantís (Total) 469 20.528.860 43.771,56
Sociedades Anónimas (SA) 2 560.000 280.000,00
Sociedades Limitadas (SL) 457 19.789.858 43.303,85
Outras sociedades 10 179.002 17.900,20
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   


O 18,12% das empresas creadas en febreiro de 2026 pertencen á rama de Actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros. As seguintes actividades en importancia son Construción (co 14,50% das constitucións rexistradas en febreiro de 2026), Comercio (co 12,37%), Hostalaría (co 10,45%) e Resto de servizos (co 10,02%).


Sociedades mercantís constituídas segundo a actividade económica. Galicia.
Febreiro de 2026.

                                       Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


A presenza masculina segue a ser maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 424 socios (o 73,74% do total) fronte a 151 socias (26,26%) en febreiro de 2026.

Socios fundadores das sociedades mercantís constituídas segundo o sexo. Galicia. Febreiro de 2026
Unidade: Persoas, Porcentaxe
Sexo Dato Porcentaxe
Homes 424 73,74
Mulleres 151 26,26
Total 575 100,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

Ademais, as sociedades mercantís creadas en Galicia adoitan estar compostas por un número de socios moi pequeno, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en febreiro de 2026, o 75,27% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 19,40% por dous socios.

3. Disolucións, reducións de capital e transformación de sociedades

En febreiro de 2026 disolvéronse 191 sociedades mercantís en Galicia, 50 menos que no mes anterior e 3 unidades máis que no mesmo mes de 2025. 33 sociedades reduciron o seu capital social e rexistráronse 7 procedementos de fusión de sociedades e 1 de escisión.

Sociedades mercantís disoltas e que reducen capital. Galicia.
Unidade: Número
Tempo Reducen capital Disoltas
2025/Febreiro 28 188
2026/Xaneiro 30 241
2026/Febreiro 33 191
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

O mes de febreiro de 2026 pechou con 20 sociedades afectadas por concurso de acredores. Con respecto ao acontecido hai un ano, hai 3 sociedades menos afectadas por esta situación.

Sociedades mercantís con escisións, fusións ou en situación concursal. Galicia
Unidade: Número
Tempo Realiza escisión Fusionadas Situación concursal
2025/Febreiro 2 7 23
2026/Xaneiro 8 11 19
2026/Febreiro 1 7 20
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


4. Distribución das constitucións por concellos

Sociedades mercantís constituídas segundo o concello de inscrición nos últimos 12 meses. Galicia.