Principais resultados

1. Constitucións e ampliacións

En decembro de 2025 constituíronse en Galicia 468 sociedades mercantís. Este mes rexistráronse 81 constitucións máis que no mes anterior e 131 máis que no mesmo mes do ano anterior.

Número de sociedades mercantís constituídas e que amplían capital. Galicia. Decembro de 2025
Unidade: Número
Dato do Mes Variación absoluta mensual Variación absoluta interanual
Sociedades constituídas 468 81 131
Sociedades que amplían capital 114 43 19
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   

Capital suscrito e capital ampliado. Galicia. Decembro de 2025
Unidade: Capital (en euros)
Dato do Mes Taxa de variación mensual (%) Taxa de variación interanual (%)
Sociedades constituídas 28.586.773 193,76 88,47
Sociedades que amplían capital 39.160.382 99,01 81,56


Por outra banda, en decembro de 2025 ampliaron o seu capital social 114 sociedades mercantís. Son 19 sociedades máis que as rexistradas hai 12 meses. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 39,16 millóns de euros.

Como en meses precedentes, en decembro de 2025 as provincias de A Coruña e Pontevedra seguen a concentrar o maior número das novas sociedades mercantís, (44,66% e 35,90%, respectivamente), mentres que Lugo e Ourense representaron o 9,83% e o 9,62% restante.

Sociedades mercantís constituídas segundo a provincia de inscrición. Galicia. Decembro de 2025
Unidade: Número, Porcentaxe
Espazo Número Porcentaxe
Galicia 468 100,00
A Coruña 209 44,66
Lugo 46 9,83
Ourense 45 9,62
Pontevedra 168 35,90
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

2. Demografía das empresas constituídas

O capital medio1 subscrito polas sociedades constituídas en decembro de 2025 ascendeu a 61.082,85 euros por sociedade.

Case todas as empresas constituídas en decembro de 2025 en Galicia adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 62.034,29 euros por empresa.

Sociedades mercantís constituídas segundo a forma xurídica. Galicia. Decembro de 2025
Unidade: Número, Euros
Número Capital Capital medio
Sociedades Mercantís (Total) 468 28.586.773 61.082,85
Sociedades Anónimas (SA) 0 0 0,00
Sociedades Limitadas (SL) 460 28.535.773 62.034,29
Outras sociedades 8 51.000 6.375,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   


O 19,23% das empresas creadas en decembro de 2025 pertencen á rama de Actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros. As seguintes actividades en importancia son Comercio (co 16,88% das constitucións rexistradas en decembro de 2025), Hostalaría (co 13,68%), Construción (co 12,39%) e Resto de servizos (co 9,83%).


Sociedades mercantís constituídas segundo a actividade económica. Galicia.
Decembro de 2025.

                                       Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


A presenza masculina segue a ser maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 427 socios (o 73,88% do total) fronte a 151 socias (26,12%) en decembro de 2025.

Socios fundadores das sociedades mercantís constituídas segundo o sexo. Galicia. Decembro de 2025
Unidade: Persoas, Porcentaxe
Sexo Dato Porcentaxe
Homes 427 73,88
Mulleres 151 26,12
Total 578 100,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

Ademais, as sociedades mercantís creadas en Galicia adoitan estar compostas por un número de socios moi pequeno, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en decembro de 2025, o 73,93% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 22,01% por dous socios.

3. Disolucións, reducións de capital e transformación de sociedades

En decembro de 2025 disolvéronse 197 sociedades mercantís en Galicia, 78 máis que no mes anterior e 6 unidade máis que no mesmo mes de 2025. 26 sociedades reduciron o seu capital social e rexistráronse 8 procedementos de fusión de sociedades e 3 de escisión.

Sociedades mercantís disoltas e que reducen capital. Galicia.
Unidade: Número
Tempo Reducen capital Disoltas
2024/Decembro 28 191
2025/Novembro 16 119
2025/Decembro 26 197
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

O mes de decembro de 2025 pechou con 23 sociedades afectadas por concurso de acredores. Con respecto ao acontecido hai un ano, hai 2 sociedades máis afectadas por esta situación.

Sociedades mercantís con escisións, fusións ou en situación concursal. Galicia
Unidade: Número
Tempo Realiza escisión Fusionadas Situación concursal
2024/Decembro 1 12 21
2025/Novembro 1 6 31
2025/Decembro 3 8 23
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


4. Distribución das constitucións por concellos

Sociedades mercantís constituídas segundo o concello de inscrición nos últimos 12 meses. Galicia.