Principais resultados

1. Constitucións e ampliacións

A actividade de creación de empresas en Galicia mantívose estable no mes de setembro. Constituíronse 319 sociedades mercantís, a mesma cifra que en agosto e seis máis que no mesmo mes de 2025. Deste xeito, a evolución acumulada do ano continúa sendo positiva: nos nove primeiros meses contabilizáronse 3.657 constitucións, un 7,5 % máis que no mesmo período do ano anterior.

Número de sociedades mercantís constituídas e que amplían capital. Galicia. Setembro de 2026
Unidade: Número
Dato do Mes Variación absoluta mensual Variación absoluta interanual
Sociedades constituídas 319 0 6
Sociedades que amplían capital 73 -4 -14
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   

Capital subscrito e capital ampliado. Galicia. Setembro de 2026
Unidade: Capital (en euros)
Dato do Mes Taxa de variación mensual (%) Taxa de variación interanual (%)
Sociedades constituídas 3.504.933 -57,06 -63,34
Sociedades que amplían capital 9.188.141 -67,44 -58,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


Pola súa parte, o número de sociedades que ampliaron capital situouse en 73, catro menos que no mes anterior e 14 menos que en setembro de 2025. O capital ampliado alcanzou os 9,19 millóns de euros.

Desde a perspectiva territorial, A Coruña e Pontevedra concentraron máis das tres cuartas partes das novas sociedades. A Coruña reuniu 128 constitucións, o 40,13 % do total galego, mentres que Pontevedra rexistrou 114, o 35,74 %. A continuación situáronse Ourense, con 43 sociedades (13,48 %), e Lugo, con 34 (10,66 %).

Sociedades mercantís constituídas segundo a provincia de inscrición. Galicia. Setembro de 2026
Unidade: Número, Porcentaxe
Espazo Número Porcentaxe
Galicia 319 100,00
A Coruña 128 40,13
Lugo 34 10,66
Ourense 43 13,48
Pontevedra 114 35,74
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

2. Demografía das empresas constituídas

O capital medio subscrito polas sociedades constituídas en setembro de 2026 ascendeu a 10.987,25 euros por sociedade.

O perfil das novas sociedades continúa caracterizándose polo claro predominio das sociedades de responsabilidade limitada. Das 319 empresas constituídas en setembro, 315 adoptaron esta forma xurídica, mentres que non se rexistrou ningunha sociedade anónima e as catro restantes corresponderon a outras formas societarias.

As sociedades limitadas constituídas neste mes achegaron a práctica totalidade do capital subscrito, cunha media de 11.126,77 euros por empresa.

Sociedades mercantís constituídas segundo a forma xurídica. Galicia. Setembro de 2026
Unidade: Número, Euros
Número Capital Capital medio
Sociedades Mercantís (Total) 319 3.504.933 10.987,25
Sociedades Anónimas (SA) 0 0 -
Sociedades Limitadas (SL) 315 3.504.933 11.126,77
Outras sociedades 4 0 0,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).
(–) Non procede


Atendendo á actividade económica, Construción foi a rama con maior presenza entre as novas sociedades, ao concentrar o 15,05 % das constitucións. As seguintes actividades en importancia son Comercio (co 14,42 % das constitucións rexistradas en setembro de 2026), Información e comunicacións (co 12,54 %), Actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (co 12,54 %) e Resto de servizos (co 11,91 %).


Sociedades mercantís constituídas segundo a actividade económica. Galicia.
Setembro de 2026

                                       Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


A presenza masculina segue a ser maioritaria na creación de empresas. En setembro de 2026 rexistráronse 290 socios fundadores homes, que representan o 76,32 % do total, fronte a 90 socias (23,68 %).

Socios fundadores das sociedades mercantís constituídas segundo o sexo. Galicia. Setembro de 2026
Unidade: Persoas, Porcentaxe
Sexo Dato Porcentaxe
Homes 290 76,32
Mulleres 90 23,68
Total 380 100,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

As novas sociedades presentan unha estrutura societaria pouco numerosa: tres de cada catro empresas constituíronse cun único socio fundador (75,24 %), mentres que outro 20,69 % contou con dous socios.

3. Disolucións, reducións de capital e transformación de sociedades

En setembro de 2026 disolvéronse 86 sociedades mercantís en Galicia, 19 máis que no mes anterior e 8 máis que no mesmo mes de 2025. No conxunto do ano rexistráronse 1.147 disolucións, preto dun 10 % máis que as observadas no mesmo período do ano anterior.

Durante este mes 16 sociedades reduciron o seu capital social, rexistráronse 7 procedementos de fusión de sociedades e ningún de escisión.

O mes de setembro de 2026 pechou con 3 sociedades afectadas por concurso de acredores, 13 menos que no mesmo mes do ano anterior.

Sociedades mercantís con escisións, fusións ou en situación concursal. Galicia
Unidade: Número
Tempo Realiza escisión Fusionadas Situación concursal
2025/Setembro 2 1 16
2026/Agosto 2 6 6
2026/Setembro 0 7 3
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


4. Distribución das constitucións por concellos

A distribución territorial das novas sociedades mantén nos últimos 12 meses un patrón caracterizado pola concentración da actividade de creación empresarial nas áreas urbanas e nos seus ámbitos de influencia.

Sociedades mercantís constituídas segundo o concello de inscrición nos últimos 12 meses. Galicia