Principais resultados

1. Constitucións e ampliacións

En xullo de 2026 constituíronse en Galicia 420 sociedades mercantís, o que supón 24 constitucións máis que no mes anterior e 39 máis que no mesmo mes do ano anterior. Co dato de xullo o número de sociedades constituídas no que vai de ano ascende a 3.019 o que supón un 7,7% máis que nos 7 primeiros meses de 2025.

Número de sociedades mercantís constituídas e que amplían capital. Galicia. Xullo de 2026
Unidade: Número
Dato do Mes Variación absoluta mensual Variación absoluta interanual
Sociedades constituídas 420 24 39
Sociedades que amplían capital 88 -3 16
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   

Capital subscrito e capital ampliado. Galicia. Xullo de 2026
Unidade: Capital (en euros)
Dato do Mes Taxa de variación mensual (%) Taxa de variación interanual (%)
Sociedades constituídas 12.921.544 -29,01 -11,23
Sociedades que amplían capital 66.498.406 -77,50 75,17


Pola súa parte, 88 sociedades mercantís ampliaron o seu capital social durante este período, 16 sociedades máis que as rexistradas hai 12 meses. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 66,50 millóns de euros.

A Coruña e Pontevedra continúan sendo as provincias con maior dinamismo na creación de sociedades mercantís, concentrando conxuntamente máis de oito de cada dez constitucións rexistradas en Galicia (45,48% e 36,43%, respectivamente). Lugo e Ourense manteñen unha participación máis reducida, representando o 12,38% e o 5,71% restante.

Sociedades mercantís constituídas segundo a provincia de inscrición. Galicia. Xullo de 2026
Unidade: Número, Porcentaxe
Espazo Número Porcentaxe
Galicia 420 100,00
A Coruña 191 45,48
Lugo 52 12,38
Ourense 24 5,71
Pontevedra 153 36,43
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

2. Demografía das empresas constituídas

O capital medio1 subscrito polas sociedades constituídas en xullo de 2026 ascendeu a 30.765,58 euros por sociedade.

A práctica totalidade das empresas constituídas en xullo de 2026 en Galicia adoptaron a forma xurídica de sociedade de responsabilidade limitada, confirmando o claro predominio desta forma xurídica na creación de empresas en Galicia. O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 30.024,81 euros por empresa.

Sociedades mercantís constituídas segundo a forma xurídica. Galicia. Xullo de 2026
Unidade: Número, Euros
Número Capital Capital medio
Sociedades Mercantís (Total) 420 12.921.544 30.765,58
Sociedades Anónimas (SA) 0 0 0,00
Sociedades Limitadas (SL) 415 12.460.298 30.024,81
Outras sociedades 5 461.246 92.249,20
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


Atendendo á actividade económica, o 15,48% das empresas creadas en xullo de 2026 pertencen á rama de Comercio. As seguintes actividades en importancia son Actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (co 13,81% das constitucións rexistradas en xullo de 2026), Construción (co 13,10%), Información e comunicacións (co 12,86%) e Hostalaría (co 10,48%).


Sociedades mercantís constituídas segundo a actividade económica. Galicia.
Xullo de 2026.

                                       Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


A presenza masculina segue a ser maioritaria na creación de empresas. En xuño de 2026 rexístráronse 368 socios fundadores homes, que representan o 74,19% do total, fronte a 128 socias (25,81%).

Socios fundadores das sociedades mercantís constituídas segundo o sexo. Galicia. Xullo de 2026
Unidade: Persoas, Porcentaxe
Sexo Dato Porcentaxe
Homes 368 74,19
Mulleres 128 25,81
Total 496 100,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

As sociedades mercantís creadas en Galicia seguen caracterizándose por contar cun número reducido de socios, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en xullo de 2026, o 77,38% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 17,62% por dous socios.

3. Disolucións, reducións de capital e transformación de sociedades

En xullo de 2026 disolvéronse 112 sociedades mercantís en Galicia, 21 máis que no mes anterior e 29 máis que no mesmo mes de 2025. No conxunto do ano rexistráronse 996 disolucións, cifra similar á observada no mesmo perído do ano anterior. Durante este mes 31 sociedades reduciron o seu capital social, rexistrouse 2 procedementos de fusión de sociedades e un procedemento de escisión.

O mes de xullo de 2026 pechou con 20 sociedades afectadas por concurso de acredores, 4 menos que no mesmo mes do ano anterior.

Sociedades mercantís con escisións, fusións ou en situación concursal. Galicia
Unidade: Número
Tempo Realiza escisión Fusionadas Situación concursal
2025/Xullo 0 3 24
2026/Xuño 0 1 6
2026/Xullo 1 2 20
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


4. Distribución das constitucións por concellos

A distribución territorial da creación de sociedades non presenta cambios significativos respecto a meses precedentes, polo que se mantén o patrón habitual de concentración nas áreas urbanas e nas súas contornas.

Sociedades mercantís constituídas segundo o concello de inscrición nos últimos 12 meses. Galicia.