Principais resultados

1. Constitucións e ampliacións

En xuño de 2026 constituíronse en Galicia 396 sociedades mercantís, o que supón 40 constitucións máis que no mes anterior e 50 menos que no mesmo mes do ano anterior.

Número de sociedades mercantís constituídas e que amplían capital. Galicia. Xuño de 2026
Unidade: Número
Dato do Mes Variación absoluta mensual Variación absoluta interanual
Sociedades constituídas 396 40 -50
Sociedades que amplían capital 91 -10 3
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

   

Capital subscrito e capital ampliado. Galicia. Xuño de 2026
Unidade: Capital (en euros)
Dato do Mes Taxa de variación mensual (%) Taxa de variación interanual (%)
Sociedades constituídas 18.201.030 26,18 -39,61
Sociedades que amplían capital 295.534.815 189,35 931,88


Pola súa parte, 91 sociedades mercantís ampliaron o seu capital social durante este período, 3 sociedades máis que as rexistradas hai 12 meses. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 295,53 millóns de euros.

Como en meses precedentes, as provincias de A Coruña e Pontevedra continúan concentrando o maior número das novas sociedades mercantís constituídas en Galicia (46,21% e 36,62%, respectivamente), mentres que Lugo e Ourense representaron o 8,84% e o 8,33% restante.

Sociedades mercantís constituídas segundo a provincia de inscrición. Galicia. Xuño de 2026
Unidade: Número, Porcentaxe
Espazo Número Porcentaxe
Galicia 396 100,00
A Coruña 183 46,21
Lugo 35 8,84
Ourense 33 8,33
Pontevedra 145 36,62
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

2. Demografía das empresas constituídas

O capital medio1 subscrito polas sociedades constituídas en xuño de 2026 ascendeu a 45.962,20 euros por sociedade.

A práctica totalidade das empresas constituídas en xuño de 2026 en Galicia adoptaron a forma xurídica de sociedade de responsabilidade limitada. O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 45.556,20 euros por empresa.

Sociedades mercantís constituídas segundo a forma xurídica. Galicia. Xuño de 2026
Unidade: Número, Euros
Número Capital Capital medio
Sociedades Mercantís (Total) 396 18.201.030 45.962,2
Sociedades Anónimas (SA) 3 340.000 113.333,3
Sociedades Limitadas (SL) 392 17.858.030 45.556,2
Outras sociedades 1 3.000 3.000,0
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


Atendendo á actividade económica, o 15,66% das empresas creadas en xuño de 2026 pertencen á rama de Actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros. As seguintes actividades en importancia son Comercio (co 14,39% das constitucións rexistradas en xuño de 2026), Resto de servizos (co 12,37%), Información e comunicacións (co 11,87%) e Construción (co 11,62%).


Sociedades mercantís constituídas segundo a actividade económica. Galicia.
Xuño de 2026.

                                       Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


A presenza masculina segue a ser maioritaria na creación de empresas. En xuño de 2026 rexístráronse 323 socios fundadores homes, que representan o 72,26% do total, fronte a 124 socias (27,74%).

Socios fundadores das sociedades mercantís constituídas segundo o sexo. Galicia. Xuño de 2026
Unidade: Persoas, Porcentaxe
Sexo Dato Porcentaxe
Homes 323 72,26
Mulleres 124 27,74
Total 447 100,00
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).

As sociedades mercantís creadas en Galicia seguen caracterizándose por contar cun número reducido de socios, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en xuño de 2026, o 77,02% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 19,19% por dous socios.

3. Disolucións, reducións de capital e transformación de sociedades

En xuño de 2026 disolvéronse 91 sociedades mercantís en Galicia, 12 menos que no mes anterior e 2 máis que no mesmo mes de 2025. Durante este mes 23 sociedades reduciron o seu capital social, rexistrouse 1 procedemento de fusión de sociedades e non houbo ningún procedemento de escisión.

O mes de xuño de 2026 pechou con 6 sociedades afectadas por concurso de acredores, 15 menos que no mesmo mes do ano anterior.

Sociedades mercantís con escisións, fusións ou en situación concursal. Galicia
Unidade: Número
Tempo Realiza escisión Fusionadas Situación concursal
2025/Xuño 1 1 21
2026/Maio 0 3 10
2026/Xuño 0 1 6
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). (descarga da táboa).


4. Distribución das constitucións por concellos

Sociedades mercantís constituídas segundo o concello de inscrición nos últimos 12 meses. Galicia.