Principais resultados

 

Evolución das taxas de variación interanuais

Unidade: porcentaxe

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

1 Información xeral

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de novembro de 2025 acadou a cifra de 1.100.638; o que supón un descenso respecto ao mes pasado de 2.346 afiliacións (-0,21%). Para España, a cifra de afiliacións sitúase en 21.825.233, cun descenso do 0,07% respecto ao mes pasado.

No mes de novembro, en Galicia adoita diminuír o número de afiliacións respecto ao mes de outubro. Neste ano 2025, a caída das afiliacións foi similar á de 2024.

 

Variación mensual das afiliacións nos meses de novembro. Galicia


Variación absoluta

   


Variación relativa (%)

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

 

Na comparativa interanual, obsérvase un aumento de 19.517 afiliacións en Galicia (1,81%) e un aumento do 2,45% (522.770 afiliacións) en España.

Por comunidades e cidades autónomas, 10 rexistran un incremento das afiliacións respecto a outubro de 2025. Ceuta (1,33%) e Comunidade Valenciana (1%) son as que máis soben e Illas Baleares (-15,27%) a que máis baixa.

En canto ás taxas respecto a novembro de 2024, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades e cidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Ceuta (5,42%) e Melilla (5,23%).

Evolución das afiliacións por comunidades e cidades autónomas
CCAA Afiliación media Novembro 2025 Variación mes anterior absoluta Variación mes anterior relativa Variación ano anterior absoluta Variación ano anterior relativa
Andalucía 3.509.573 15.796 0,45 73.474 2,14
Aragón 632.231 -331 -0,05 14.238 2,30
Asturias, Principado de 395.835 -257 -0,06 9.656 2,50
Baleares, Illas 524.013 -94.458 -15,27 14.149 2,78
Canarias 964.517 6.320 0,66 27.689 2,96
Cantabria 236.055 -1.162 -0,49 3.561 1,53
Castela e León 996.795 -6.349 -0,63 14.411 1,47
Castela-A Mancha 807.286 3.205 0,40 22.074 2,81
Cataluña 3.880.302 -2.555 -0,07 83.258 2,19
Comunidade Valenciana 2.264.368 22.377 1,00 83.925 3,85
Estremadura 420.737 -596 -0,14 5.774 1,39
GALICIA 1.100.638 -2.346 -0,21 19.517 1,81
Madrid, Comunidade de 3.864.266 35.039 0,92 107.280 2,86
Murcia, Rexión de 682.523 5.938 0,88 20.926 3,16
Navarra, Comunidade Foral de 317.534 382 0,12 4.913 1,57
País Vasco 1.036.074 4.404 0,43 13.176 1,29
Rioxa, A 142.104 -142 -0,10 2.203 1,57
Ceuta 24.614 323 1,33 1.265 5,42
Melilla 25.768 54 0,21 1.281 5,23
ESPAÑA 21.825.233 -14.359 -0,07 522.770 2,45
Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

Contribución das comunidades e cidades autónomas na variación interanual da afiliación mensual

Unidade: porcentaxe

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

2 Información por provincias

O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou respecto a novembro de 2024 en todas as provincias galegas. Pontevedra é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 1,94%, seguida de Ourense (1,9%), A Coruña (1,85%) e Lugo (1,14%).

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de novembro respecto ás do mes de outubro, Lugo é a provincia que presenta a maior baixada nas afiliacións cunha taxa de variación intermensual do -0,82%, seguida de Pontevedra (-0,18%), A Coruña (-0,12%) e Ourense (-0,02%).

Evolución das afiliacións á Seguridade Social
Afiliación media Novembro 2025 Variación mes anterior absoluta Variación mes anterior relativa Variación ano anterior absoluta Variación ano anterior relativa
A Coruña 480.752 -580 -0,12 8.742 1,85
Lugo 126.710 -1.049 -0,82 1.428 1,14
Ourense 108.687 -27 -0,02 2.022 1,90
Pontevedra 384.489 -690 -0,18 7.324 1,94
GALICIA 1.100.638 -2.346 -0,21 19.517 1,81
ESPAÑA 21.825.233 -14.359 -0,07 522.770 2,45
Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

3 Información segundo o réxime de afiliación

En novembro de 2025, as afiliacións ao réxime xeral concentran o 79,8% das afiliacións galegas, cun descenso do 0,21% respecto ao mes anterior e un aumento interanual do 2,31%. En España, as taxas foron do -0,08% respecto a outubro de 2025 e do 2,71% en relación ao mes de novembro de 2024. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (74,76%).

Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Lugo (-1,04%) presenta unha taxa de variación interanual negativa, mentres que Pontevedra (0,65%), A Coruña (0,32%) e Ourense (0,07%) presentan unha taxa de variación interanual positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no 0,19%. Para este réxime e respecto ao mes de outubro de 2025, baixan as afiliacións en Lugo (-0,14%) e Pontevedra (-0,01%), mentres que soben en A Coruña (0,04%) e Ourense (0,01%). O conxunto de Galicia presenta unha taxa intermensual do -0,01%. En España, este réxime presenta unha subida interanual do 1,15% e unha subida intermensual do 0,06%.

No réxime especial do mar, a taxa de variación interanual en Galicia foi do -3,86%, con todas as provincias en negativo: A Coruña (-5,09%), Pontevedra (-3,43%) e Lugo (-2,74%). Respecto a outubro de 2025, a taxa galega é do -2,49%, baixando as afiliacións en todas as provincias: A Coruña (-5,78%), Pontevedra (-1,22%) e Lugo (-0,66%). En España, as taxas indican unha subida interanual do 0,23% e unha baixada intermensual do 2,73%.

Afiliacións por réximes
Total
Afiliación media Novembro 2025 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 480.752 -0,12 1,85
Lugo 126.710 -0,82 1,14
Ourense 108.687 -0,02 1,90
Pontevedra 384.489 -0,18 1,94
GALICIA 1.100.638 -0,21 1,81
ESPAÑA 21.825.233 -0,07 2,45
Réxime xeral
Afiliación media Novembro 2025 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 391.864 -0,08 2,28
Lugo 94.725 -1,04 1,93
Ourense 86.514 -0,03 2,38
Pontevedra 305.201 -0,18 2,45
GALICIA 878.305 -0,21 2,31
ESPAÑA 18.339.642 -0,08 2,71
Réxime especial de autónomos
Afiliación media Novembro 2025 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 83.985 0,04 0,32
Lugo 30.638 -0,14 -1,04
Ourense 22.173 0,01 0,07
Pontevedra 67.846 -0,01 0,65
GALICIA 204.641 -0,01 0,19
ESPAÑA 3.424.479 0,06 1,15
Réxime especial do mar
Afiliación media Novembro 2025 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 4.903 -5,78 -5,09
Lugo 1.347 -0,66 -2,74
Ourense 0
Pontevedra 11.443 -1,22 -3,43
GALICIA 17.692 -2,49 -3,86
ESPAÑA 60.265 -2,73 0,23

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.


Distribución das afiliacións por réximes. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.


4 Notas metodolóxicas

Traballadores afiliados: a afiliación ao Sistema de Seguridade Social é obrigatoria para todas as persoas incluídas no campo de aplicación da Seguridade Social e única para toda a vida do traballador e para todo o Sistema, sen prexuízo das baixas, altas e demais variacións que con posterioridade á afiliación poidan producirse. É dicir, o traballador afíliase cando comeza a súa vida laboral e dáse de alta nalgún dos réximes do Sistema da Seguridade Social; esta situación denomínase alta inicial; se cesa na súa actividade, será dado de baixa pero seguirá afiliado en situación de baixa laboral, se retoma a actividade, producirase unha alta, denominada alta sucesiva a efectos estatísticos, pero non terá que afiliarse novamente, dado que, como xa se indicou, a afiliación é única para toda a vida do traballador. A información procede da explotación estatística do ficheiro de afiliación dos traballadores aos distintos Réximes da Seguridade Social, cuxa xestión corresponde á Tesorería General de la Seguridad Social e ao Instituto Social de la Marina. A explotación é efectuada pola Gerencia de Informática de la Seguridad Social. Neste informe preséntanse datos das afiliacións medias mensuais. Para máis información:

http://www.seg-social.es

http://www.inclusion.gob.es/