Principais resultados

 

Evolución das taxas de variación interanuais (%)

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

1 Información xeral

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de outubro de 2025 acadou a cifra de 1.102.984; o que supón un descenso respecto ao mes pasado de 1.018 afiliacións (-0,09%). Para España, a cifra de afiliacións sitúase en 21.839.592, cun aumento do 0,65% respecto ao mes pasado.

No mes de outubro, normalmente en Galicia redúcese o número de afiliacións respecto ao mes de setembro. Neste ano 2025, a caída das afiliacións foi menor que en 2024.

 

Variación mensual das afiliacións nos meses de outubro. Galicia


Variación absoluta

   


Variación relativa (%)

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

 

Na comparativa interanual, obsérvase un aumento de 19.608 afiliacións en Galicia (1,81%) e un aumento do 2,38% (507.079 afiliacións) en España.

Por comunidades e cidades autónomas, 12 rexistran un incremento das afiliacións respecto a setembro de 2025. Comunidade Valenciana (1,65%) e Canarias (1,37%) son as que máis soben e Illas Baleares (-5,35%) a que máis baixa.

En canto ás taxas respecto a outubro de 2024, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades e cidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Melilla (5,54%) e Ceuta (4,53%).

Evolución das afiliacións por comunidades e cidades autónomas
CCAA Afiliación media Outubro 2025 Variación mes anterior absoluta Variación mes anterior relativa Variación ano anterior absoluta Variación ano anterior relativa
Andalucía 3.493.777 29.545 0,85 80.090 2,35
Aragón 632.562 4.347 0,69 13.342 2,15
Asturias, Principado de 396.092 796 0,20 9.371 2,42
Baleares, Illas 618.471 -34.936 -5,35 15.073 2,50
Canarias 958.197 12.946 1,37 28.863 3,11
Cantabria 237.217 -531 -0,22 3.750 1,61
Castela e León 1.003.144 4.015 0,40 14.033 1,42
Castela-A Mancha 804.081 -1.459 -0,18 19.930 2,54
Cataluña 3.882.857 19.206 0,50 80.008 2,10
Comunidade Valenciana 2.241.991 36.458 1,65 74.166 3,42
Estremadura 421.333 -885 -0,21 5.957 1,43
GALICIA 1.102.984 -1.018 -0,09 19.608 1,81
Madrid, Comunidade de 3.829.227 49.445 1,31 102.136 2,74
Murcia, Rexión de 676.585 8.377 1,25 21.051 3,21
Navarra, Comunidade Foral de 317.152 2.787 0,89 4.408 1,41
País Vasco 1.031.670 13.400 1,32 10.910 1,07
Rioxa, A 142.246 -717 -0,50 1.982 1,41
Ceuta 24.291 165 0,68 1.052 4,53
Melilla 25.714 -13 -0,05 1.349 5,54
ESPAÑA 21.839.592 141.927 0,65 507.079 2,38
Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

Contribución das comunidades e cidades autónomas na variación interanual da afiliación mensual (%)

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

2 Información por provincias

O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou respecto a outubro de 2024 en todas as provincias galegas. Pontevedra é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,03%, seguida de A Coruña (1,88%), Ourense (1,72%) e Lugo (0,98%).

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de outubro respecto ás do mes de setembro, soben as afiliacións en A Coruña (0,36%), e baixan en Pontevedra (-0,47%), Ourense (-0,43%) e Lugo (-0,35%).

Evolución das afiliacións á Seguridade Social. Galicia e provincias
Afiliación media Outubro 2025 Variación mes anterior absoluta Variación mes anterior relativa Variación ano anterior absoluta Variación ano anterior relativa
A Coruña 481.332 1.719 0,36 8.867 1,88
Lugo 127.759 -444 -0,35 1.243 0,98
Ourense 108.714 -468 -0,43 1.834 1,72
Pontevedra 385.179 -1.825 -0,47 7.664 2,03
GALICIA 1.102.984 -1.018 -0,09 19.608 1,81
ESPAÑA 21.839.592 141.927 0,65 507.079 2,38
Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

3 Información segundo o réxime de afiliación

En outubro de 2025, as afiliacións ao réxime xeral concentran o 79,8% das afiliacións galegas, cun descenso do 0,14% respecto ao mes anterior e un aumento interanual do 2,29%. En España, as taxas foron do 0,74% respecto a setembro de 2025 e do 2,62% en relación ao mes de outubro de 2024. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (74,92%).

Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Lugo (-1,13%) presenta unha taxa de variación interanual negativa, mentres que Pontevedra (0,51%), A Coruña (0,23%) e Ourense (0,09%) presentan unha taxa de variación interanual positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no 0,1%. Para este réxime e respecto ao mes de setembro de 2025, baixan as afiliacións en Lugo (-0,1%) e Pontevedra (-0,04%), mentres que soben en A Coruña (0,14%) e Ourense (0,1%). O conxunto de Galicia presenta unha taxa intermensual do 0,04%. En España, este réxime presenta unha subida interanual do 1,11% e unha subida intermensual do 0,27%.

No réxime especial do mar, a taxa de variación interanual en Galicia foi do -1,58%, con Pontevedra (-2,34%) e Lugo (-1,74%) en negativo e A Coruña (0,23%) en positivo. Respecto a setembro de 2025, a taxa galega é do 0,82%, baixando as afiliacións en Pontevedra (-0,99%) e subindo en A Coruña (5,13%) e Lugo (0,82%). En España, as taxas indican unha subida interanual do 0,46% e unha baixada intermensual do 3,15%.

Afiliacións por réximes e provincias
Total
Afiliación media Outubro 2025 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 481.332 0,36 1,88
Lugo 127.759 -0,35 0,98
Ourense 108.714 -0,43 1,72
Pontevedra 385.179 -0,47 2,03
GALICIA 1.102.984 -0,09 1,81
ESPAÑA 21.839.592 0,65 2,38
Réxime xeral
Afiliación media Outubro 2025 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 392.179 0,35 2,26
Lugo 95.722 -0,44 1,72
Ourense 86.544 -0,56 2,14
Pontevedra 305.740 -0,55 2,55
GALICIA 880.185 -0,14 2,29
ESPAÑA 18.354.336 0,74 2,62
Réxime especial de autónomos
Afiliación media Outubro 2025 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 83.949 0,14 0,23
Lugo 30.681 -0,10 -1,13
Ourense 22.170 0,10 0,09
Pontevedra 67.855 -0,04 0,51
GALICIA 204.654 0,04 0,10
ESPAÑA 3.422.434 0,27 1,11
Réxime especial do mar
Afiliación media Outubro 2025 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 5.204 5,13 0,23
Lugo 1.356 0,82 -1,74
Ourense 0
Pontevedra 11.584 -0,99 -2,34
GALICIA 18.144 0,82 -1,58
ESPAÑA 61.954 -3,15 0,46

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.


Distribución das afiliacións galegas por réximes (%)

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.


4 Notas metodolóxicas

Traballadores afiliados: a afiliación ao Sistema de Seguridade Social é obrigatoria para todas as persoas incluídas no campo de aplicación da Seguridade Social e única para toda a vida do traballador e para todo o Sistema, sen prexuízo das baixas, altas e demais variacións que con posterioridade á afiliación poidan producirse. É dicir, o traballador afíliase cando comeza a súa vida laboral e dáse de alta nalgún dos réximes do Sistema da Seguridade Social; esta situación denomínase alta inicial; se cesa na súa actividade, será dado de baixa pero seguirá afiliado en situación de baixa laboral, se retoma a actividade, producirase unha alta, denominada alta sucesiva a efectos estatísticos, pero non terá que afiliarse novamente, dado que, como xa se indicou, a afiliación é única para toda a vida do traballador. A información procede da explotación estatística do ficheiro de afiliación dos traballadores aos distintos Réximes da Seguridade Social, cuxa xestión corresponde á Tesorería General de la Seguridad Social e ao Instituto Social de la Marina. A explotación é efectuada pola Gerencia de Informática de la Seguridad Social. Neste informe preséntanse datos das afiliacións medias mensuais. Para máis información:

http://www.seg-social.es

http://www.inclusion.gob.es/