Principais resultados

 

Evolución das taxas de variación interanuais

Unidade: porcentaxe

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

1 Información xeral

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de setembro de 2026 acadou a cifra de 1.127.967; o que supón un descenso respecto ao mes pasado de 6.516 afiliacións (-0,57%). Para España, a cifra de afiliacións sitúase en 22.437.553, cun aumento do 0,41% respecto ao mes pasado. Estas cifras son as máis altas nun mes de setembro desde que hai rexistros, tanto en Galicia como en España.

No mes de setembro, normalmente en Galicia redúcese o número de afiliacións respecto ao mes de agosto. Neste ano 2026, a caída das afiliacións foi menor que en 2025.

 

Variación mensual das afiliacións nos meses de setembro. Galicia


Variación absoluta

   


Variación relativa (%)

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

Na comparativa interanual, obsérvase un aumento de 23.965 afiliacións en Galicia (2,17%) e un aumento do 3,41% (739.888 afiliacións) en España.

Por comunidades e cidades autónomas, 11 rexistran un incremento das afiliacións respecto a agosto de 2026. A Rioxa (2%) e Ceuta (1,73%) son as que máis soben e Cantabria (-2,19%) a que máis baixa.

En canto ás taxas respecto a setembro de 2025, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades e cidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Ceuta (8,13%), Comunidade Valenciana (4,50%) e Illas Baleares (4,45%).

Evolución das afiliacións por comunidades e cidades autónomas
CCAA Afiliación media Setembro 2026 Variación mes anterior absoluta Variación mes anterior relativa Variación ano anterior absoluta Variación ano anterior relativa
Andalucía 3.582.927 -4.093 -0,11 118.695 3,43
Aragón 651.476 -708 -0,11 23.261 3,70
Asturias, Principado de 403.091 -5.309 -1,30 7.795 1,97
Baleares, Illas 682.486 -11.326 -1,63 29.079 4,45
Canarias 974.246 10.455 1,08 28.995 3,07
Cantabria 243.606 -5.466 -2,19 5.858 2,46
Castela e León 1.020.528 1.440 0,14 21.399 2,14
Castela-A Mancha 830.433 1.796 0,22 24.893 3,09
Cataluña 4.003.234 38.014 0,96 139.583 3,61
Comunidade Valenciana 2.304.716 8.833 0,38 99.183 4,50
Estremadura 427.062 -4.826 -1,12 4.844 1,15
GALICIA 1.127.967 -6.516 -0,57 23.965 2,17
Madrid, Comunidade de 3.927.854 55.861 1,44 148.072 3,92
Murcia, Rexión de 691.632 -1.483 -0,21 23.424 3,51
Navarra, Comunidade Foral de 325.220 1.945 0,60 10.855 3,45
País Vasco 1.041.618 10.336 1,00 23.348 2,29
Rioxa, A 147.052 2.889 2,00 4.089 2,86
Ceuta 26.087 444 1,73 1.961 8,13
Melilla 26.320 43 0,16 593 2,30
ESPAÑA 22.437.553 92.327 0,41 739.888 3,41
Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

Contribución das comunidades e cidades autónomas na variación interanual da afiliación mensual

Unidade: porcentaxe

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

2 Información por provincias

O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou respecto a setembro de 2025 en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,46%, seguida de Ourense (2,17%), Lugo (2,05%) e Pontevedra (1,85%).

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de setembro respecto ás do mes de agosto, soben as afiliacións en Ourense (0,01%), e baixan en Lugo (-0,79%), Pontevedra (-0,78%) e A Coruña (-0,48%).

Evolución das afiliacións á Seguridade Social
Afiliación media Setembro 2026 Variación mes anterior absoluta Variación mes anterior relativa Variación ano anterior absoluta Variación ano anterior relativa
A Coruña 491.435 -2.394 -0,48 11.822 2,46
Lugo 130.826 -1.039 -0,79 2.623 2,05
Ourense 111.548 15 0,01 2.366 2,17
Pontevedra 394.158 -3.098 -0,78 7.154 1,85
GALICIA 1.127.967 -6.516 -0,57 23.965 2,17
ESPAÑA 22.437.553 92.327 0,41 739.888 3,41
Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.

3 Información segundo o réxime de afiliación

En setembro de 2026, as afiliacións ao réxime xeral concentran o 80,26% das afiliacións galegas, cun descenso do 0,66% respecto ao mes anterior e un aumento interanual do 2,71%. En España, as taxas foron do 0,43% respecto a agosto de 2026 e do 3,67% en relación ao mes de setembro de 2025. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (75,62%).

Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Lugo (-0,55%) e A Coruña (-0,21%) presentan unha taxa de variación interanual negativa, mentres que Pontevedra (0,94%) e Ourense (0,35%) presentan unha taxa de variación interanual positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no 0,18%. Para este réxime e respecto ao mes de agosto de 2026, baixan as afiliacións en todas as provincias: Pontevedra (-0,27%), Lugo (-0,13%), A Coruña (-0,07%) e Ourense (-0,05%). O conxunto de Galicia presenta unha taxa intermensual do -0,15%. En España, este réxime presenta unha subida interanual do 2,06% e unha subida intermensual do 0,41%.

No réxime especial do mar, a taxa de variación interanual en Galicia foi do -1,72%, con A Coruña (-3,47%) e Pontevedra (-1,28%) en negativo e Lugo (1,04%) en positivo. Respecto a agosto de 2026, a taxa galega é do -1,27%, baixando as afiliacións en todas as provincias: A Coruña (-1,83%), Pontevedra (-1,16%) e Lugo (-0,15%). En España, as taxas indican unha subida interanual do 1,09% e unha baixada intermensual do 3,43%.

Afiliacións por réximes
Total
Afiliación media Setembro 2026 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 491.435 -0,48 2,46
Lugo 130.826 -0,79 2,05
Ourense 111.548 0,01 2,17
Pontevedra 394.158 -0,78 1,85
GALICIA 1.127.967 -0,57 2,17
ESPAÑA 22.437.553 0,41 3,41
Réxime xeral
Afiliación media Setembro 2026 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 403.000 -0,55 3,11
Lugo 98.925 -1,00 2,89
Ourense 89.324 0,03 2,63
Pontevedra 314.085 -0,88 2,17
GALICIA 905.334 -0,66 2,71
ESPAÑA 18.888.481 0,43 3,67
Réxime especial de autónomos
Afiliación media Setembro 2026 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 83.657 -0,07 -0,21
Lugo 30.542 -0,13 -0,55
Ourense 22.224 -0,05 0,35
Pontevedra 68.523 -0,27 0,94
GALICIA 204.946 -0,15 0,18
ESPAÑA 3.483.645 0,41 2,06
Réxime especial do mar
Afiliación media Setembro 2026 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
A Coruña 4.778 -1,83 -3,47
Lugo 1.359 -0,15 1,04
Ourense 0
Pontevedra 11.550 -1,16 -1,28
GALICIA 17.687 -1,27 -1,72
ESPAÑA 64.665 -3,43 1,09

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.


Distribución das afiliacións por réximes. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Extraído de: https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es.


4 Notas metodolóxicas

Traballadores afiliados: a afiliación ao Sistema de Seguridade Social é obrigatoria para todas as persoas incluídas no campo de aplicación da Seguridade Social e única para toda a vida do traballador e para todo o Sistema, sen prexuízo das baixas, altas e demais variacións que con posterioridade á afiliación poidan producirse. É dicir, o traballador afíliase cando comeza a súa vida laboral e dáse de alta nalgún dos réximes do Sistema da Seguridade Social; esta situación denomínase alta inicial; se cesa na súa actividade, será dado de baixa pero seguirá afiliado en situación de baixa laboral, se retoma a actividade, producirase unha alta, denominada alta sucesiva a efectos estatísticos, pero non terá que afiliarse novamente, dado que, como xa se indicou, a afiliación é única para toda a vida do traballador. A información procede da explotación estatística do ficheiro de afiliación dos traballadores aos distintos Réximes da Seguridade Social, cuxa xestión corresponde á Tesorería General de la Seguridad Social e ao Instituto Social de la Marina. A explotación é efectuada pola Gerencia de Informática de la Seguridad Social. Neste informe preséntanse datos das afiliacións medias mensuais. Para máis información:

http://www.seg-social.es

http://www.inclusion.gob.es/