ÍNDICE


Empresas do sector TIC

Número de empresas do sector TIC con actividade en Galicia segundo a súa sede social. Ano 2023
Empresas TIC Porcentaxe
Total 3.108 1,32
Sede social fóra de Galicia 237 5,29
Galicia 2.871 1,25
A Coruña 1.368 1,46
Lugo 218 0,64
Ourense 234 0,94
Pontevedra 1.051 1,35
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais
Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3,
26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1, 95.1
Número de empresas do sector TIC con actividade en Galicia por estrato de asalariados. Ano 2023
Empresas TIC
Todos 3.108
de 0 a 2 asalariados 2.459
de 3 a 5 asalariados 230
de 6 a 9 asalariados 128
de 10 a 19 asalariados 127
de 20 a 49 asalariados 86
de 50 a 99 asalariados 39
de 100 a 249 asalariados 30
de 250 ou máis asalariados 9
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais
Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3,
26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1, 95.1

En 2023 había 3.108 empresas con actividade en Galicia dedicadas ao sector das TIC, Destas, 237 tiñan a súa sede fóra de Galicia e 2.871 en Galicia. 79,12 % das empresas con actividade en Galicia do sector TIC tiñan entre 0 e 2 asalariados e só 39 empresas tiñan 100 ou máis asalariados. No que respecta ao número de traballadores, no ano 2024 contáronse 23.430 afiliados á Seguridade Social no sector das TIC, un 2,79% máis que no ano anterior.

Uso das TIC nas empresas

Porcentaxe de empresas que dispoñen de determinados equipamentos TIC segundo o sector económico. Empresas de 10 ou máis asalariados. Galicia. Ano 2024
Total empresas Industria Construción
Ordenadores 98,92 97,95 100,00
Utilizaba sistemas operativos de código aberto (LINUX) 51,54 49,93 44,01
Acceso a Internet mediante Banda larga fixa (2) 97,24 95,71 95,40
Conexión a internet e sitio/páxina web (2) 81,36 82,61 82,53
Conexión a internet e sitio/páxina web: realización de pedidos ou reservas online (3) 18,73 9,89 5,19
Utilizaron Medios Sociais (2) 58,58 57,46 51,03
Que empregan especialistas en TIC 12,62 12,46 3,05
Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y comercio electrónico en las empresas.
Os datos fan referencia a empresas de 10 ou máis asalariados.
(1) Porcentaxe sobre o total de empresas que realiza intercambio electrónico de datos.
(2) Porcentaxe sobre o total de empresas con conexión a Internet
(3) Porcentaxe sobre o total de empresas con conexión a Internet e páxina web.
Os datos por sectores económicos do 2009 en adiante, están clasificados coa CNAE-2009.
Porcentaxe de empresas que dispoñen de determinados equipamentos TIC. Resultados para empresas con menos de 10 asalariados. Galicia. Ano 2024
Galicia
Empresas que dispoñían de ordenadores 85,02
Empresas que dispoñían de conexión a Internet 81,34
Empresas que dispoñían de conexión a Banda larga fixa (1) 75,75
Empresas que dispoñían de conexión a Banda larga móbil (1) 83,80
Empresas que dispoñían de conexión a Internet e sitio/páxina web(1) 35,86
Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y comercio electrónico en las empresas.
Os datos fan referencia a empresas con menos de 10 asalariados.
(1) Porcentaxe sobre o total de empresas con conexión a internet.

No 2024 un 81,36% das empresas de 10 ou máis asalariados en Galicia dispoñían de conexión a internet e sitio/páxina web. Un 58,58% dispoñían de redes sociais. En canto as empresas con menos de 10 asalariados, un 35,86% dispoñían de conexión a internet e sitio/páxina web.

Uso das TIC nos fogares

Fogares que dispoñen de ordenador e conexión a internet
2023 2024
Ordenador (incidencia) 66,88 67,77
Ordenador (número) 720.338,00 748.982,00
Conexión a internet contratada (incidencia) 86,73 88,74
Conexión a internet contratada (número) 934.155,00 980.784,00
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares

En 2024, o 88,74% dos fogares galegos tiña contratada conexión a internet, mentras que un 67,77 dispoñía dalgún tipo de ordenador.

A porcentaxe de fogares con conexión a Internet varía en función da área xeográfica. Así, na área de Pontevedra é do 93,70%, mentres que na area de O Carballiño-O Ribeiro esta porcentaxe se sitúa no 76,81%.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares


Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos