ÍNDICE


Poboación de Galicia

Poboación segundo o sexo. 2024
Espazo Total Homes Mulleres
Galicia 2.705.833 1.301.744 1.404.089
A Coruña 1.128.449 540.524 587.925
Lugo 325.048 157.715 167.333
Ourense 304.467 146.181 158.286
Pontevedra 947.869 457.324 490.545
INE. Censos de poboación e vivendas

O día 1 de xaneiro de 2024 residían en Galicia 2.705.833 persoas, segundo o censo de poboación do INE. No último ano o número de residentes en Galicia tivo un aumento interanual en termos relativos do 0,24%.

Poboación residente nos sete grandes concellos galegos. Ano 2024
Poboación
Vigo 295.523
Coruña, A 249.255
Ourense 104.725
Santiago de Compostela 99.491
Lugo 99.365
Pontevedra 83.106
Ferrol 64.358
INE. Censos de poboación e vivendas

Vigo, con 295.523 habitantes, é o concello máis poboado de Galicia. A continuación atópanse A Coruña con 249.255 veciños e veciñas e Ourense con 104.725 persoas. Entre os sete grandes concellos suman 995.823 habitantes, o 36,8% do total da poboación residente en Galicia.

O índice de envellecemento, calculado coma o cociente das persoas de 65 ou máis anos entre os mozos menores de 20 anos, amosa a grao de envellecemento que sofre a poboación dunha rexión. No ano 2024 en Galicia este índice acadou o valor de 172,78.A provincia co maior índice de envellecemento é Ourense cun valor de 241,45. Pola súa banda, na pirámide de poboación de Galicia apréciase que a galega é unha poboación envellecida, cunha base estreita, o que indica que nacen poucos nenos e nenas. Por contra, a parte central e superior da pirámide son anchas, sintomático dunha estrutura poboacional con predominancia da xente de avanzada idade.

Estranxeiros

Poboación de nacionalidade estranxeira. Ano 2024
Total Homes Mulleres
Galicia 155.281 74.469 80.812
A Coruña 62.235 29.352 32.883
Lugo 22.584 11.421 11.163
Ourense 21.531 10.287 11.244
Pontevedra 48.931 23.409 25.522
INE. Censos de población

O día 1 de xaneiro de 2024 tiñan fixada a súa residencia habitual en Galicia 155.281 persoas de nacionalidade estranxeira, o que supón o 5,7% do total da poboación galega.



En 2024 a poboación de nacionalidade estranxeira aumentou un 11,5% con respecto ao ano 2023.

Movementos migratorios externos

Durante o ano 2023 marcharon de Galicia 36.028 persoas e chegaron 61.766 procedentes do resto de España ou do estranxeiro, o que sitúa o saldo migratorio externo en 25.738 persoas. Neste ano chegaron a Galicia 1.818 inmigrantes máis que en 2022. As entradas procedentes do estranxeiro aumentaron arredor dun 0,3%. Un total de 19.950 galegos e galegas marcharon de Galicia con destino a outra comunidade autónoma e 16.078 fixérono ao estranxeiro.

Movementos migratorios externos. Persoas
2022 2023 Variación Porcentaxe
Emigración externa 32.697 36.028 10,19
A outra comunidade 19.283 19.950 3,46
Ao estranxeiro 13.414 16.078 19,86
Inmigración externa 59.948 61.766 3,03
Doutra comunidade 20.667 22.351 8,15
Do estranxeiro 39.281 39.415 0,34
Saldo migratorio externo 27.251 25.738 -5,55
INE. Estadística de variaciones residenciales. Elaboración propia a partir dos
ficheiros proporcionados polo INE

Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia

Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Distribución segundo o sexo e os grupos de idade. Ano 2025
Total Homes Mulleres
Total 548.252 266.424 281.828
Menos de 16 anos 46.912 23.793 23.119
De 16 a 64 anos 327.216 162.948 164.268
De 65 ou máis anos 174.124 79.683 94.441
INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero

O día 1 de xaneiro de 2025 residían no estranxeiro un total de 548.252 persoas de nacionalidade española e inscritas nalgunha provincia galega no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE). O 33,8% destas persoas residía en Arxentina, que é o país do estranxeiro onde viven máis galegos e galegas.

Segundo a idade, o 8,6% das persoas inscritas no PERE teñen menos de 16 anos, o 59,7% entre 16 e 64 anos e o 31,8% restante 65 ou máis anos.
Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Principais países. Ano 2025
2025
Total 548.252
Arxentina 185.186
Brasil 52.499
Cuba 50.656
Uruguai 42.982
Suíza 41.053
Venezuela 30.159
Estados Unidos de América 27.684
Francia 20.035
Alemaña 17.998
Reino Unido 16.291
México 15.517
Portugal 5.166
Fonte: INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos