ÍNDICE


Poboación segundo a relación coa actividade económica

Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia Miles de persoas e porcentaxes
2023 2024 Variación
interanual %
Total
Total 2.359 2.372 0,56
Activos 1.250 1.262 0,98
Poboación ocupada 1.129 1.144 1,37
Poboación parada 121 118 -2,55
Poboación inactiva 1.109 1.110 0,08
Homes
Total 1.125 1.131 0,56
Activos 643 649 0,87
Poboación ocupada 586 592 1,04
Poboación parada 57 57 -0,87
Poboación inactiva 482 482 0,17
Mulleres
Total 1.234 1.241 0,56
Activos 607 614 1,10
Poboación ocupada 543 552 1,69
Poboación parada 64 62 -3,91
Poboación inactiva 627 627 0,02
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Galicia, no ano 2024, contaba con 1.262.300 activos, dos cales 1.144.000 estaban ocupados e 118.300 parados.

Con respecto ao ano anterior produciuse un aumento do 1,37% no número de ocupados e unha diminución do 2,55% no número de parados.

En 2024 a taxa de actividade situouse no 53,20%, valor 0,20 puntos superior ao de 2023. A taxa de ocupación aumentou 0,40 puntos ata o 48,20% e a taxa da paro diminuíu 0,30 puntos ata acadar o 9,40%.

Poboación ocupada segundo a situación profesional

Poboación ocupada segundo a situación profesional e o sexo. Galicia. Ano 2024 Miles de persoas
Total Homes Mulleres
Total 1.144,0 591,7 552,2
Empresario con asalariados 63,8 39,2 24,6
Traballador independente ou empresario sen asalariados 141,7 81,5 60,2
Membro dunha cooperativa 0,8 0,6 0,2
Axuda na empresa ou negocio familiar 2,5 1,3 1,2
Asalariado do sector público 191,9 75,4 116,5
Asalariado do sector privado 742,9 393,5 349,4
Outra situación 0,4 0,2 0,2
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Dos 1.144.000 ocupados residentes en Galicia no ano 2024, o 18,1% eran traballadores por conta propia, o 81,8% asalariados e o 0,1% restante atopábase noutra situación profesional (axuda familiar, membro de cooperativa ou outra situación).

Poboación ocupada segundo o sector de actividade

No ano 2024, o 70,4% dos ocupados galegos traballan no sector servizos, o 16,0% na industria, o 7,2% na construción e o 6,4% restante na agricultura e pesca.

Con respecto ao ano 2023, o número de ocupados no sector servizos diminuíu un 0,4%. Na industria o número de ocupados aumentou un 9,0%, na construción aumentou un 6,5%, no sector da agricultura diminuíu un 1,5% e no sector da pesca o número de ocupados diminuíu un 3,6%.

Asalariados segundo o tipo de contrato

En 2024, o 84,06% dos asalariados galegos tiñan un contrato indefinido. No caso das mulleres os contratos indefinidos foron o 80,70%.

No ano 2024, o 86,52% dos ocupados galegos traballaron a xornada completa. Por sexos, o 6,62% dos homes tiña xornada parcial, mentres que a porcentaxe de mulleres con este tipo de xornada era do 20,83%.

Afiliacións á Seguridade Social

Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo o réxime. Galicia
Número e porcentaxes
2023 2024 Variación interanual
Total 1.055.084 1.072.903 1,69
Réxime xeral (excl. Agrario e Fogar) 800.498 821.170 2,58
Réxime especial minería do carbón 0 0 0,00
Réxime especial agrario 6.112 6.093 -0,31
Réxime especial empregados do fogar 23.716 22.712 -4,23
Réxime especial de autónomos 205.429 204.589 -0,41
Réxime especial do mar 19.328 18.339 -5,12
Fonte: Información subministrada directamente polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social

En 2024, a Seguridade Social contabilizou unha media de 1.072.903 afiliacións en alta laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, o que supón un aumento de 17.819 afiliacións con respecto ao ano anterior, o 1,69%.

Por réximes, o xeral tivo en 2024 un aumento do 2,58% dos traballadores. Pola súa banda, o réxime especial de autónomos sufriu unha diminución do 0,41% no número de afiliacións.

Paro rexistrado

En 2024 a media anual do paro rexistrado en Galicia situouse en 123.126 persoas, un 8,4% menos que no ano anterior. O 50,4% dos parados levaba máis dun ano nesta situación, o 35,7% menos de 6 meses e o 13,9% restante, entre 6 meses e un ano.

Paro rexistrado segundo a duración da demanda. Galicia
Número e porcentaxes
2023 2024 Variación interanual
Total 134.468 123.126 -8,43
Menos ou igual a un 1 mes 13.906 12.612 -9,31
Máis de 1 mes e menos ou igual a 6 34.708 31.340 -9,70
Máis de 6 meses e menos ou igual a 1 ano 19.928 17.071 -14,34
Máis de 1 ano 65.926 62.102 -5,80
Fonte: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Información subministrada directamente

O custo laboral

Custo laboral anual por traballador e sector de actividade. Galicia. Ano 2023
Euros
Total Industria Construción Servizos
Custo laboral bruto 32.200,19 38.256,36 35.640,21 30.547,29
Soldos e salarios 23.422,51 27.624,74 24.341,71 22.404,28
Cotizacións obrigatorias 7.962,09 9.419,88 9.562,02 7.495,29
Cotizacións voluntarias 113,14 197,61 131,04 92,59
Prestacións sociais directas 292,38 254,37 161,73 312,73
Indemnizacións por despedimento 148,80 401,85 94,92 96,36
Gastos en formación profesional 56,36 100,32 75,64 44,76
Gastos en transporte 7,33 23,12 11,16 3,44
Gastos de carácter social 21,71 55,04 0,00 16,20
Outros gastos 175,87 179,43 1.261,99 81,64
Subvencións e deducións 288,11 162,29 190,43 325,14
Custo laboral neto 31.912,08 38.094,07 35.449,78 30.222,15
Fonte: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Información subministrada directamente

O custo laboral por traballador en termos brutos foi de 32.200,19 euros no ano 2023. Se a esta cantidade se lle restan as subvencións e as deducións que se recibiron das administracións públicas obtense un custo neto de 31.912,08 euros por traballador.

Das partidas que compoñen o custo laboral bruto, o 72,74% destinouse a pagar soldos e salarios, o 24,73% a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social e o 2,53% restante á satisfacción doutros custos (cotizacións voluntarias, prestacións sociais directas, indemnizacións por despedimento, gastos en formación profesional…)

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos