ÍNDICE


Fogares

Número de fogares segundo a súa tipoloxía. Ano 2023
Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Unipersoal 262.374 113.951 35.571 37.467 75.385
Sen núcleo 26.454 12.032 3.671 3.086 7.664
Parella con fillos 314.496 129.525 35.893 29.907 119.171
Parella sen fillos 278.444 120.146 34.886 37.594 85.818
Monoparental 114.506 44.973 14.297 14.213 41.024
Un núcleo e outros 71.652 29.427 8.028 7.792 26.406
Varios núcleos 35.313 14.419 4.168 3.137 13.590
Total 1.103.240 464.474 136.513 133.195 369.058
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro

O día 31 de decembro de 2023 existían 1.103.240 fogares en Galicia, cun tamaño medio de 2,43 persoas por fogar.

A tipoloxía máis habitual entre os fogares galegos é a formada por unha parella con fillos (o 28,51% dos fogares). Os fogares constituídos por unha parella sen fillos supoñen o 25,24% e o 23,78% dos fogares galegos son unipersoais.

Mozos que viven cos pais segundo a idade. Galicia. Ano 2023
Unidade: Porcentaxe e número
Incidencia Número
De 18 a 24 anos 87,91 144.082
De 25 a 29 anos 53,33 61.614
De 30 a 34 anos 32,08 42.256
Total 60,31 247.952
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: porcentaxe dos mozos que viven cos pais sobre o total
da poboación de mozos de cada grupo de idade.
A data de referencia dos datos é o día 31 de decembro

O 60,31% dos mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 18 e os 34 anos vive cos pais. Dos mozos e mozas que viven cos pais e que teñen entre 25 e 34 anos, o 78,14% ten ingresos procedentes só do traballo. Entre os que teñen de 18 a 24 anos, o 42,74% non ten ingresos.

No 24,62% dos fogares galegos todos os seus membros teñen 65 ou máis anos. Esta porcentaxe sobe nas áreas de Ourense e sur de Lugo e diminúe na franxa atlántica.

Ingresos dos fogares

No ano 2023 o ingreso medio mensual dos fogares galegos sitúase en 2.698 euros, un 5,89% máis que no ano anterior (2.548 euros en 2022).


Gastos dos fogares

Gasto medio por fogar e distribución porcentual por grupos de gasto. Galicia. Ano 2023
Euros e Porcentaxes.
Galicia Porcentaxe
Total 32.558,4 100,00
Alimentos e bebidas non alcohólicas 5.610,1 17,23
Bebidas alcohólicas, tabaco e narcóticos 533,0 1,64
Artigos de vestir e calzado 1.481,8 4,55
Vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles 8.846,2 27,17
Mobiliario, equipamento do fogar e gastos correntes de conservación da vivenda 1.480,2 4,55
Saúde 1.437,0 4,41
Transportes 4.339,7 13,33
Comunicacións 877,0 2,69
Ocio, espectáculos e cultura 1.909,1 5,86
Ensino 341,4 1,05
Hoteis, cafés e restaurantes 3.086,5 9,48
Outros bens e servizos 2.616,3 8,04
INE. Encuesta de presupuestos familiares

Durante o ano 2023, cada fogar galego dedicou de media 32.558,40 euros para os gastos de consumo.

Por grupos de gasto, os fogares galegos destinaron o 27,17% do seu orzamento a gastos relacionados coa vivenda, o 17,23% a alimentos e bebidas non alcohólicas e o 13,33% ao transporte.

No grupo de gasto de “vivenda”, ademais dos alugamentos reais, inclúense os alugamentos imputados: cando un fogar é propietario da vivenda na que reside, ou a ten cedida, estímase o valor do alugamento que se pagaría no mercado por unha vivenda similar á que ocupa.


Pensións

O día 31 de decembro de 2023 había rexistradas en Galicia 775.817 pensións contributivas do sistema da Seguridade Social, cun importe medio de 1.026,32 euros ao mes (un 9,54% máis que o ano anterior)

O 62,90% das pensións contributivas da Seguridade Social en Galicia son de xubilación e o seu importe medio ascendeu aos 1.174,02 euros ao mes, un 9,66% máis que en 2022. As pensións de viuvez supoñen o 23,77% das pensións contributivas (o 89,81% son mulleres). O importe medio mensual destas pensións é un 9,61% máis que o ano anterior e acadou os 724,98 euros en 2023.
Número de pensións contributivas da Seguridade Social e importe medio. Galicia. Ano 2023
Unidade: Número de pensións e euros.
Ambos sexos
Homes
Mulleres
Clases Número Importe medio Número Importe medio Número Importe medio
Total 775.817 1.026,32 355.685 1.254,78 420.130 832,90
Incapacidade permanente 73.259 1.014,47 46.503 1.074,29 26.756 910,50
Xubilación 487.998 1.174,02 275.418 1.377,75 212.579 910,08
Viuvez 184.384 724,98 18.783 503,88 165.600 750,05
Orfandade 23.300 473,28 12.403 472,90 10.897 473,70
Favor familiares 6.876 623,97 2.578 605,27 4.298 635,20
Fonte: Seguridad Social: eSTADISS: Estadísticas de pensiones
A finais de 2023 había en Galicia 36.636 beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social, un 0,94% menos que no ano anterior.
Número de beneficiarios de pensións non contributivas. Galicia
2022 2023 Variación interanual %
Pensións non contributivas da Seguridade Social 36.985 36.636 -0,94
Invalidez 12.979 12.544 -3,35
Xubilación 24.006 24.092 0,36
LISMI 193 147 -23,83
FAS 2 1 -50,00
RISGA 6.247 5.508 -11,83
AIS 3.283 3.944 20,13
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: Fonte: información subministrada directamente pola Consellería de Política Social

A finais de 2023, no 60,16% dos fogares galegos había polo menos unha persoa que percibía ingresos procedentes de prestacións.


No ano 2023 contabilizáronse en Galicia unha media de 82.515 beneficiarios e beneficiarias de prestacións por desemprego, un 1,99% menos que en 2022.

Delitos

En 2023 inscribíronse en Galicia 18.739 delitos cometidos. Segundo a tipoloxía, os que tiveron unha maior incidencia foron os delitos contra a seguridade colectiva (33,18%) e os delitos contra o patrimonio e orde socioeconómica (26,83%).

Adultos: delitos segundo o tipo. Galicia. Ano 2023
Galicia
Total delitos 18.739
Homicidio e as súas formas 51
Lesións 3.217
Contra a liberdade 1.396
Torturas e integridade moral 433
Contra a liberdade e indemnidade sexuais 148
Contra as relacións familiares 224
Contra o patrimonio e orde socioeconómica 5.027
Contra a seguridade colectiva 6.217
Das falsidades 214
Contra a Administración Pública 19
Contra a Administración de Xustiza 997
Contra a orde pública 869
Resto de delitos 200
Fonte: INE. Estadística de condenados
Condenados en Galicia segundo o sexo e a nacionalidade. Galicia. Ano 2023
Total Homes Mulleres
Total 12.831 10.380 2.451
Españois 11.306 9.197 2.109
Estranxeiros 1.525 1.183 342
Fonte: INE. Estadística de condenados
Menores condenados en Galicia segundo o sexo e a nacionalidade. Galicia. Ano 2023
Total Homes Mulleres
Total 462 362 100
Españois 410 324 86
Estranxeiros 52 38 14
Fonte: INE. Estadística de condenados

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos