Resumo de resultados


Datos Básicos. Medio

Precipitación total e temperatura media mensual. Estación Santiago-EOAS. Ano 2022
l/m2 e ºC

Fonte: Meteogalicia. Informes climatolóxicos

Cantidade de residuos urbanos recollidos. Ano 2020
Toneladas

Fonte: INE. Encuesta sobre recogida y tratamiento de residuos
Nota: para o cálculo da cantidade de residuos recollidos por persoa utilizouse a poboación do día 1 de xullo de 2018 das Cifras de población elaboradas polo INE.

En Galicia recóllense arredor de 1.646 mil toneladas de residuos urbanos ao ano

En 2020 recolléronse en Galicia aproximadamente 1.646 mil toneladas de residuos urbanos, dos cales o 11% foi recollido de forma selectiva. Estas cifras supoñen unha media de 610,2 kg de residuos urbanos por persoa e ano. Repecto a 2019, a cantidade total de residuos recollidos aumentaron nun 40,1%. Polo que respecta á recollida selectiva, recolléronse 15,2 kg por persoa e ano de papel e cartón e 17,3 kg de vidro.

Residuos xerados pola industria
Toneladas

Fonte: INE. Encuesta sobre generación de residuos en el sector industrial
Nota: están excluídos os establecementos industriais de menos de 10 asalariados.

Medra a cantidade de residuos xerados pola industria

Durante o ano 2010, o sector industrial xerou en Galicia 2.763 miles de toneladas de residuos, o que supón o 5,5% do total nacional. Os residuos non perigosos supoñen o 98,1% do total de residuos xerados pola industria en Galicia.

Volume de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) á atmosfera. Galicia
CO2 equivalente (kt)

Fonte: Ministerio para la Transición Ecológica. Sistema español de inventario (SEI). Resumen Emisiones GEI por CCAA

Gases de efecto invernadoiro á atmosfera

As emisións á atmosfera de gases de efecto invernadorio dende a Comunidade Autónoma galega aumentaron de forma continuada (con algún período intercalado de lixeira diminución) ata 2004, ano no que se acada o valor máis elevado da serie (cun volume de emisións de 37.299 kt, expresadas como CO2 equivalente). A partir de entón, o volume de emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro dende Galicia comezou a diminuír, con breves períodos de repunte das emisións, como en 2007 e en 2012. No último ano no que se dispón de información (2020) rexistrouse unha diminución interanual do 13,8%.

Distribución de auga por grandes grupos de usuarios. Galicia. Ano 2020
Porcentaxes

Fonte: INE. Encuesta sobre el suministro y saneamiento del agua

En 2020 distribuíronse preto de 177,9 hectómetros cúbicos de auga nas redes públicas de abastecemento urbano de Galicia. O 72,1% do total de auga distribuída destinouse aos fogares, que consumiron unha media de 130 litros por persoa e día.



Evolución do custo unitario da auga
Euros por metro cúbico

Fonte: INE. Indicadores sobre el agua

En 2020 o custo unitario da auga en Galicia situouse en 1,24 euros por metro cúbico, o que supón unha diminución do 3,1% respecto ao ano 2018. En comparación co custo unitario para o conxunto de España, o metro cúbico é 68 céntimos máis barato en Galicia.

O custo unitario de subministro de auga na Comunidade Autónoma de Galicia situouse nos 69 céntimos por metro cúbico, mentres que o de saneamento foi de 55 céntimos.



Vivendas con conexión pública de augas residuais. Ano 2020
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares

Segundo o módulo de características e medio da Enquisa estrutural a fogares, o 84,84% das vivendas familiares principais de Galicia dispón de conexión pública de augas residuais (rede de sumidoiros).

Ao facer a comparación por provincias, obsérvase que Ourense é a provincia con maior porcentaxe de vivendas que dispoñen destas instalacións (96,09%) mentres que en Lugo esta porcentaxe sitúase no 69,23%.



Gasto das empresas en protección ambiental
Euros

Fonte: INE. Encuesta del gasto de las empresas en protección ambiental
Nota: os datos refírense a empresas das seccións B, C e D da CNAE-2009

En 2019 os establecementos industriais galegos gastaron 260,8 millóns de euros en protección ambiental, un 35% máis que no ano anterior. Os investimentos totais en protección ao medio aumentaron un 84,9% e os gastos correntes destinados á protección do medio diminuíron un 0,8%.


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo