Matemáticas. Estatística Descritiva |
|
|
A renda total dun concello indícanos a renda que teñen todos os habitantes dese concello. Se queremos saber a renda media de cada un dos habitantes, habería que dividir o valor total polo número de habitantes. Deste xeito obtense a renda por habitante (ou renda per cápita).
Escolle tres ou catro concellos e calcula a súa renda per cápita.
¡Non esquezas multiplicar a renda por mil para pasala a euros, pois na fonte a renda aparece indicada en miles de euros.!
Na táboa 2 calculáronse as rendas medias por habitante de todos os concellos da provincia así como a renda media da provincia. Compara os resultados cos teus cálculos
Para ter unha visión máis clara de como se distribúe a renda media por habitante dos concellos da provincia de Pontevedra, imos ordenar os concellos polo valor da súa renda por habitante(Táboa 3). Podes ordealo empregando as frechas desta ligazón Renda
¡Ollo! Estamos traballando coa variable renda dispoñible bruta por habitante e temos tantas observacións para dita variable como concellos na provincia.
Cos datos dispostos desta maneira xa podemos empezar a dicir algunha cousa. A renda por habitante dos concellos de Pontevedra vai dende un mínimo de 10.068 €/hab. en Dozón a un máximo de 20.606 €/hab. en Nigrán. A diferenza entre o valor máximo e o mínimo coñécese como rango ou percorrido. Na provincia de Pontevedra, o rango das rendas por habitante dos concellos é:
A provincia de Pontevedra ten 61 concellos. Tomaremos como valor 60 concellos xa que o dato de Cerdedo non está dispoñible. A mediana sería o valor da renda per cápita que, logo de ordear os datos segundo o valor da variable, deixa igual número de concellos á dereita que á esquerda. Como o número de concellos é par, hai dous que ocupan o lugar central, Caldas de Reis (14.718 €/hab.) na posición 30 e Tomiño (14.767 €/hab) na posición 31. Neste caso, a mediana calcúlase como a media aritmética destes dous valores que ocupan a posición central:
Se representamos a renda por habitante dos concellos podemos ver que a mediana deixa o mesmo número de concellos a cada lado:
Os cuartís son os tres valores da variable que dividen o conxunto de datos ordeados en catro partes iguais.
Q1 (primer cuartil), Q2 (segundo cuartil) e Q3 (terceiro cuartil) determinan os valores correspondientes ao 25%, ao 50% e ao 75% dos datos.
Para un número de N observacións e unha vez que temos ordeados os datos, a posición dos cuartiles pódese localizar coa simple fórmula:
No noso caso a posición que ocupa o primeiro cuartil é a 15. (1*60)/4
O valor do cuartil corresponde ao valor que ocupa dita posición pero no noso caso non temos un valor con dita posición polo que teremos que calculalo por interpolación mediante a seguinte fórmula:
onde Li representa o valor que ocupa a posición máis próxima ao cuartil por debaixo e Ls o valor que ocupa a posición máis próxima por enriba.
No noso caso, como a posición do primeiro cuartil é 15,5, Li representa o valor que ocupa a posición 15, que é Li=13.888
e Ls representa o valor que ocupa a posición 16, que é Ls=13.905.
Polo tanto o primeiro cuartil toma o valor: Q1=13.892,25
Comproba que Q2=14.730,25 e Q3=15.417,5
Se representamos, igual que no caso da mediana, a renda por habitante dos concellos nun eixo e situamos enriba os cuartís comprobamos que a mediana coincide co segundo cuartil.
A través do rango, da mediana e dos cuartís, obtemos unha aproximación de por onde se moven os valores da renda dispoñible bruta dos concellos de Pontevedra; non obstante, se cremos que continuamos a ter unha gran cantidade de datos podemos realizar un primeiro resumo da información organizando os valores por intervalos ou clases de 1000 €/hab. de amplitude e contando cantos concellos se atopan en cada intervalo. Deste xeito, obtemos unha nova táboa co número de concellos en cada intervalo ou frecuencia absoluta.
Intervalo de RDBH (€/habitante) | Marca de clase (€/hab.) | Frecuencia absoluta |
10.000 – 11.000 | 10.500 | 2 |
11.000 – 12.000 | 11.500 | 0 |
12.000 – 13.000 | 12.500 | 2 |
13.000 – 14.000 | 13.500 | 13 |
14.000 – 15.000 | 14.500 | 19 |
15.000 – 16.000 | 15.500 | 12 |
16.000 – 17.000 | 16.500 | 7 |
17.000 – 18.000 | 17.500 | 0 |
18.000 – 19.000 | 18.500 | 4 |
19.000 – 20.000 | 19.500 | 0 |
20.000 – 21.000 | 20.500 | 1 |
No gráfico observamos que a maioría dos concellos teñen unha renda por habitante que se atopa entre os 13.000 e os 16.000 € por habitante. Consultando a táboa de datos comprobamos que efectivamente nestes 3 intervalos se sitúa a renda por habitante de 44 dos 61 concellos da provincia, é dicir, case o 60%.
Sabemos que ao valor con maior frecuencia se lle chama moda. Nas variables continuas como a renda, é moi difícil atopar valores repetidos, agora ben, cando os valores se agrupan en intervalos, si que se pode falar do intervalo modal para referirnos ao que presenta unha maior frecuencia. No caso dos concellos de Pontevedra, os intervalo modal corresponde á marca de clase de 14.500 €/hab.
Podes contestar ás preguntas formuladas na actividade cos datos da túa provincia e os de toda Galicia, que podes atopar na ligazón que aparece ao principio desta páxina.
Ademais, podes tratar de responder ás seguintes preguntas: