|
O sector público Actividade 2: os impostos
FICHA DA ACTIVIDADE
Obxectivos:
- Coñecer os distintos tributos recadados en Galicia e a súa clasificación: os impostos estatais, autonómicos e compartidos.
- Analizar o peso ou importancia de cada tributo na recadación da Comunidade Autónoma galega e do Estado en Galicia.
- Familiarizarse co concepto de presión fiscal e aprender a calculalo.
- Comparar a presión fiscal dos distintos países da Unión Europea e o que implican as diferenzas observadas.
Palabras clave:
- Sector público: conxunto de organismos administrativos, entidades e institucións das que emana o poder político dun país.
- Impostos: son tributos que as administracións públicas lles esixen aos individuos e ás empresas sen contraprestación. O pago de impostos realízase ao obter rendas (por traballo, pola realización dunha actividade económica, polo aluguer dunha vivenda, etc.), pola posesión de patrimonio e polo consumo que se realiza.
- Contribucións (ou cotizacións) sociais: trátase de cantidades, proporcionais aos salarios recibidos, que teñen que pagar os empresarios e traballadores para a financiación as prestacións da Seguridade Social, o seguro de desemprego, de xubilación, de accidentes de traballo, etc.
- Criterio de caixa: é unha medida de natureza contable que se obtén como diferenza entre a recadación bruta aplicada (por ingresos do orzamento corrente e dos exercicios pechados) e as devolucións pagadas.
- Produto Interior Bruto (PIB): é o resultado da actividade produtiva das unidades de produción residentes.
Coñecementos previos necesarios:
Cuestións a resolver:
Seguindo a actividade deberás poder responder as seguintes preguntas:
- A partir das táboas coa recadación tributaria do Estado en Galicia e cos ingresos tributarios da Comunidade Autónoma galega, calcula os seguintes importes para o último ano dispoñible:
- Ingresos por impostos directos cedidos da
Comunidade Autónoma galega ............................................................................ millóns de euros
- Ingresos por impostos directos do Estado en Galicia ....................................... millóns de euros
- Ingresos por impostos indirectos cedidos da
Comunidade Autónoma galega ............................................................................ millóns de euros
- Ingresos por impostos indirectos do Estado en Galicia .................................... millóns de euros
- Ingresos por tributos propios da
Comunidade Autónoma galega ............................................................................ millóns de euros
- Recadación tributaria por impostos directos do
Estado en Galicia ................................................................................................... millóns de euros
- Recadación tributaria por impostos indirectos do
Estado en Galicia ................................................................................................... millóns de euros
- ¿Que imposto ten máis peso na recadación tributaria do Estado en Galicia? ¿Que porcentaxe supón?
...........................................................................................................; .......... %
- ¿Que imposto ten máis peso nos ingresos tributarios da Comunidade Autónoma galega? ¿Que porcentaxe supón?
...........................................................................................................; .......... %
- ¿Poderías calcular canto variou en termos relativos a recadación tributaria do Estado na nosa Comunidade Autónoma no último ano do que se dispón de información respecto ao anterior? .......... %
- A partir das táboas coa recadación tributaria total e co PIB nalgúns países da Unión Europea, calcula os seguintes importes para o último ano considerado:
- A presión fiscal en España .............................................................. %
- A presión fiscal na Zona Euro........................................................... %
- A presión fiscal no país con maior PIB............................................ %
- A presión fiscal no país con menor PIB........................................... %
- ¿Cal dos países para os que se dispón información presenta maior presión fiscal no último ano dispoñible? ¿Cal é o valor desta? ........................................................; .......... %
- ¿En cal dos países aumentou máis a presión fiscal nos últimos dez anos en termos absolutos? ........................................................
- ¿Canto variou en termos relativos a presión fiscal en España nos últimos dez anos? .......... %
Descarga de datos:
Descarga da ficha en pdf 
Impostos estatais, autonómicos e compartidos
Ademais das clasificacións presentadas no apartado de teoría, os tributos recadados polo sector público tamén poden clasificarse atendendo á titularidade dos mesmos ou destino da súa recadación nos seguintes tipos: tributos estatais, autonómicos e compartidos ou cedidos.
No caso dos primeiros, o dereito de recadación pertence exclusivamente ao Estado e aí vai parar a totalidade da súa recadación (por estes impostos as Comunidades Autónomas non ingresan nada). Neste apartado inclúense, entre outros, o Imposto sobre sociedades e o Imposto sobre a renda dos non residentes.
Nos tributos autonómicos, pola contra, a recadación vai parar na súa totalidade ás arcas das autonomías. Trátase de impostos cuxa potestade para crealos e modificalos corresponde única e exclusivamente ao sector público autonómico; entre eles atopamos o Gravame sobre contaminación atmosférica ou o Canon eólico.
Finalmente, os tributos compartidos ou cedidos son aqueles establecidos e regulamentados polo Estado, nos que se cedeu o seu rendemento, de forma total ou parcial, á Comunidade Autónoma. Por conseguinte, unha parte do que se paga en concepto de impostos compartidos vai parar ás arcas estatais e a outra ás autonómicas. Nos tributos cedidos, o sector público central pode delegar nas Comunidades Autónomas, ademais do rendemento dos mesmos, as competencias normativas, de xestión, liquidación, recadación, inspección ou revisión. A continuación detállase a porcentaxe da recadación dos tributos compartidos coa que se queda a Comunidade Autónoma galega, así coma o tipo de tributo cedido de que se trata:
- Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): ata o límite do 50% (xestionado polo Estado)
- Imposto sobre o patrimonio: na súa totalidade (xestionado pola Comunidade Autónoma galega)
- Imposto sobre sucesións e doazóns: na súa totalidade (xestionado pola Comunidade Autónoma galega)
- Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: na súa totalidade (xestionado pola Comunidade Autónoma galega)
- Tributos sobre o xogo: na súa totalidade (xestionado pola Comunidade Autónoma galega)
- Imposto sobre o valor engadido (IVE): ata o límite do 50% (xestionado polo Estado)
- Imposto especial sobre a cervexa: ata o límite do 58% (xestionado polo Estado)
- Imposto especial sobre o viño e as bebidas fermentadas: ata o límite do 58% (xestionado polo Estado)
- Imposto especial sobre os produtos intermedios: ata o límite do 58% (xestionado polo Estado)
- Imposto especial sobre o alcohol e as bebidas derivadas: ata o límite do 58% (xestionado polo Estado)
- Imposto especial sobre hidrocarburos: ata o límite do 58% (xestionado polo Estado)
- Imposto especial sobre as labores do tabaco: ata o límite do 58% (xestionado polo Estado)
- Imposto especial sobre a electricidade: na súa totalidade (xestionado polo Estado)
- Imposto especial sobre determinados medios de transporte: na súa totalidade (xestionado polo Estado)
- Imposto sobre as vendas polo miúdo de determinados hidrocarburos: na súa totalidade (xestionado polo Estado)
A continuación amósase a recadación tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024:
Táboa 1. Ingresos tributarios (en miles de €) da Comunidade Autónoma de Galicia.
Criterio de caixa. Ano 2024
Fonte: información subministrada directamente pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma
No ano 2024 o sector público autonómico recadou 7.854,6 millóns de € en impostos, o 46,3% procedente dos impostos indirectos, o 50,8% de impostos directos e o 2,9% procedente de taxas e outros ingresos. Como se aprecia na gráfica de abaixo, o imposto que máis contribúe ás arcas autonómicas é o IRPF, seguido do Imposto sobre o valor engadido. O terceiro grupo de tributos que máis aporta corresponde ao dos impostos sobre consumos específicos, no que se agrupan os impostos especiais (imposto sobre hidrocarburos, sobre a cervexa, sobre o tabaco ou sobre a electricidade).
Gráfico 1. Distribución porcentual da recadación tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
Criterio de caixa. Ano 2024
Na seguinte táboa preséntase a recadación tributaria do Estado en Galicia para o ano 2024. No caso dos impostos cedidos xestionados polo Estado a contía especificada só inclúe a parte da recadación que corresponde ao sector público central. Así, por exemplo, no caso do IRPF, a recadación total en Galicia no ano 2024 ascendeu a 8.106,1 millóns de euros (3.377,5 millóns de euros da tarifa autonómica e 4.728,6 da estatal) . O recadación non coincide exactamente ao 50% debido a que as Comunidades Autónomas teñen potestade para aplicar certas minoracións sobre a cantidade que están obrigados a pagar os cidadáns.
Táboa 2. Recadación tributaria total (en millóns de €) en Galicia.
Criterio de caixa. Ano 2024
Fonte: Instituto de Estudios Fiscales.
Base de Datos Económicos del Sector Público Español (BADESPE)
Cuestións para o alumno:
- Elabora unha gráfica de sectores para representar a porcentaxe que supón cada imposto na recadación total do Estado en Galicia.
- ¿Cal dos impostos ten máis peso na recadación tributaria do Estado en Galicia? ¿Cal pesa menos?
- Calcula o montante que pagaron os cidadáns galegos en concepto de IVE e dos impostos especiais ao Estado e á Comunidade Autónoma galega respectivamente. ¿Que porcentaxe da recadación do Imposto sobre sociedades vai parar ás arcas estatais? ¿E do IRPF?
- ¿Que porcentaxe representa o IVE sobre o total dos impostos indirectos?
A presión fiscal
A presión tributaria ou fiscal é a porcentaxe que supoñen os impostos en relación ao PIB (Produto Interior Bruto), ou o que é o mesmo, a porcentaxe da riqueza monetaria anual recadada polo Estado en concepto de impostos. Nas seguintes táboas preséntanse, por un lado, a suma dos impostos recadados en distintos países da Unión Europea (incluíndo as contribucións á Seguridade Social) no período 2015-2024 e, por outro lado, o PIB deses mesmos países no mesmo período de tempo:
Táboa 3. Recadación total por impostos e contribucións sociais
(en miles de millóns de €) nalgúns países da Unión Europea
|
2015 |
2016 |
2017 |
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
2022 |
2023 |
2024 |
| Unión Europea (UE 27) |
5.027,0 |
5.175,6 |
5.402,5 |
5.600,5 |
5.785,3 |
5.581,4 |
6.102,6 |
6.575,0 |
6.884,2 |
|
| Zona Euro (20 países) |
4.396,8 |
4.520,9 |
4.706,2 |
4.877,5 |
5.024,9 |
4.826,7 |
5.260,4 |
5.680,1 |
5.925,8 |
|
| Alemaña |
1.236,0 |
1.294,4 |
1.355,5 |
1.412,5 |
1.464,6 |
1.424,0 |
1.547,4 |
1.647,2 |
1.685,0 |
|
| Grecia |
70,8 |
74,0 |
75,5 |
77,3 |
76,8 |
69,3 |
76,5 |
89,1 |
91,6 |
|
| España |
373,8 |
383,4 |
402,8 |
426,2 |
441.0 |
421,4 |
471,3 |
514,8 |
554,9 |
|
| Francia |
1.049,4 |
1.064,1 |
1.110,5 |
1.137,7 |
1.149,5 |
1.097,9 |
1.175,9 |
1.264,2 |
1.286,7 |
|
| Italia |
717,8 |
721,7 |
733,9 |
743,9 |
766,1 |
716,5 |
783,1 |
837,4 |
886,8 |
|
| Países Baixos |
264,8 |
281,7 |
295,1 |
309,9 |
328,9 |
328,4 |
353,6 |
384,3 |
417,1 |
|
| Portugal |
66,4 |
68,3 |
71,7 |
75,8 |
78,8 |
75,3 |
81,0 |
92,4 |
100,4 |
|
| Suecia |
1.840,4 |
1.972,9 |
2.067,3 |
2.146,4 |
2.197,2 |
2.172,9 |
2.378,0 |
2.532,0 |
2.614,5 |
2.700,7 |
Fonte: EUROSTAT
Táboa 4. Produto Interior Bruto (PIB) a prezos correntes
(en miles de millóns de €) nalgúns países da Unión Europea
|
2015 |
2016 |
2017 |
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
2022 |
2023 |
2024 |
| Unión Europea (UE 27) |
12.308,2 |
12.638,3 |
13.169,4 |
13,630,2 |
14.124,3 |
13.580,1 |
14.731,6 |
16.171,1 |
17.235,0 |
17.980.8 |
| Zona Euro (20 países) |
10.661,7 |
10.952,4 |
11.368,2 |
11.747,1 |
12.140,3 |
11.615,8 |
12.618,7 |
13.757,8 |
14.637,7 |
15.200,2 |
| Alemaña |
3.087,0 |
3.195,2 |
3.333,1 |
3.434,0 |
3.537,3 |
3.450,7 |
3.682,3 |
3.989,4 |
4.219,3 |
4.329,0 |
| Grecia |
175,4 |
174,4 |
177,4 |
180,7 |
185,2 |
167,5 |
184,6 |
207,9 |
225,2 |
237,6 |
| España |
1.087,1 |
1.123,0 |
1.170,0 |
1.212,3 |
1.253,7 |
1.129,2 |
1.235,5 |
1.373,6 |
1.498,3 |
1.591,6 |
| Francia |
2.201,4 |
2.231,8 |
2.291,7 |
2.355,4 |
2.432,2 |
2.318,3 |
2.508,1 |
2.654,0 |
2.826,5 |
2.919,9 |
| Italia |
1.663,3 |
1.704,9 |
1.744,5 |
1.777,8 |
1.804,1 |
1.670,0 |
1.842,5 |
1.998,1 |
2.142,6 |
2.199,6 |
| Países Baixos |
699,2 |
720,2 |
750,9 |
787,3 |
829,8 |
816,5 |
891,6 |
993,8 |
1.050,1 |
1.122,4 |
| Portugal |
179,4 |
186,4 |
195,5 |
205,0 |
214,5 |
201,0 |
216,5 |
244,0 |
267,9 |
285,2 |
| Suecia |
452,3 |
463,9 |
474,8 |
465,8 |
474,2 |
478,1 |
534,0 |
547,2 |
535,2 |
558,0 |
Fonte: EUROSTAT
A partir destes datos, a presión fiscal dos países incluídos nas táboas calcúlase como:
Presión fiscal = (Recadación impositiva / PIB) * 100
Así, por exemplo, no noso país a presión fiscal en 2023 foi do 37,0%, o que implica que o Estado recadou en concepto de impostos e cotizacións sociais algo máis dun terzo da renda nacional dese ano. Se analizamos a evolución desta porcentaxe no período 2015-2023, presentada no gráfico de liñas de abaixo, observamos que a presión fiscal aumentou case tres puntos nese período.
Gráfico 2. Evolución da presión fiscal en España no período 2015-2024
Cuestións para o alumno:
|