Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

O sector público
Actividade 1: os orzamentos públicos


FICHA DA ACTIVIDADE

Obxectivos:

  • Coñecer os orzamentos do sector público: Estado, Comunidade Autónoma de Galicia e Administración Local en Galicia.
  • Analizar a evolución dos orzamentos nos últimos anos.
  • Estudar a procedencia dos ingresos e o destino dos gastos dos orzamentos públicos.
  • Comparar a previsión inicial dos ingresos e gastos orzamentarios coa liquidación.

Palabras clave:

  • Sector público: conxunto de organismos administrativos, entidades e institucións das que emana o poder político dun país.
  • Orzamento inicial: previsión dos ingresos e dos gastos para un exercicio económico.
  • Orzamento consolidado: é o orzamento que resulta da eliminación das transferencias internas entre as distintas consellerías e organismos autónomos (no caso dos orzamentos da Comunidade Autónoma) ou entre o Estado, os organismos autónomos, a Seguridade Social e outros organismos do sector público administrativo (nos orzamentos xerais do Estado).
  • Liquidación dos orzamentos: resultado final dos ingresos e dos gastos nun exercicio económico. É o resultado de incorporar ás previsións iniciais as modificacións orzamentarias efectuadas ao longo do exercicio económico.

Coñecementos previos necesarios:

Cuestións a resolver:

Seguindo a actividade deberás poder responder as seguintes preguntas:

  1. A partir do orzamento de gastos consolidados do Estado, organismos autónomos, Seguridade Social e outros organismos do sector público administrativo, calcula os seguintes importes para o ano 2024:
    • Operacións correntes ..................................... millóns de euros
    • Operacións de capital ..................................... millóns de euros
    • Operacións financeiras ..................................... millóns de euros
  2. ¿A canto ascende no ano 2024 o endebedamento neto dos orzamentos consolidados do Estado, organismos autónomos, Seguridade Social e outros organismos? ..................................... millóns de euros
  3. ¿Que porcentaxe supoñen os impostos indirectos sobre o total do orzamento de ingresos consolidados da Comunidade Autónoma de Galicia? ...............%
  4. ¿E os impostos directos? ...............%
  5. Segundo a distribución funcional do orzamento consolidado de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia, ¿cal é a partida á que se dedica máis gasto? .....................................
  6. Para o último ano dispoñible, ¿en que porcentaxe diminuíron os ingresos líquidos da Comunidade Autónoma de Galicia respecto ao ano anterior? ¿E os pagos? (liquidación dos orzamentos da Comunidade autónoma de Galicia. Datos consolidados)
  7. ¿Cal é a principal fonte de ingresos das entidades locais galegas? .....................................
  8. ¿A que partida de gasto dedican as entidades locais unha maior cantidade do seu orzamento? .....................................

Descarga da ficha en pdf

Orzamentos xerais do Estado

Na seguinte táboa móstrase o total de ingresos consolidados para o ano 2024 do Estado, organismos autónomos, Seguridade Social e outros organismos do sector público administrativo.

Total de ingresos consolidados. Ano 2024
(millóns de euros)

Total consolidado (millóns de euros)
Impostos directos 269.000
Impostos indirectos 57.809
Taxas, prezos públicos e outros ingresos 14.471
Transferencias correntes 19.014
Ingresos patrimoniais 6.338
Alleamento de investimentos reais 350
Transferencias de capital 16.188
Activos financeiros 6.756
Total de ingresos 389.927
Endebedamento bruto (capacidad-necesidad) -216.114,9
TOTAL 362.068,1

Fonte: Ministerio de Hacienda y Administraciones públicas. Presupuestos Generales del Estado

Total de gastos consolidados. Ano 2024
(millóns de euros)

Total consolidado (millóns de euros)
Gastos de persoal 27.473
Gastos correntes en bens e servizos 10.609
Gastos financeiros 31.373
Transferencias correntes 328.795
Fondos de continxencia e outros imprevistos 3.964
Investimentos reais 13.510
Transferencias de capital 29.857
Activos financeiros 35.044
Pasivos financeiros 97.557
TOTAL GASTOS 578.183

Fonte: Ministerio de Hacienda y Administraciones públicas. Presupuestos Generales del Estado

A partir das táboas dos orzamentos consolidados anteriores podemos realizar a clasificación económica dos ingresos e gastos:

  • Non financeiros
    • Operacións correntes
    • Operacións de capital
  • Financeiros

Operacións correntes

  • Ingresos: Impostos directos e cotizacións sociais + Impostos indirectos + Taxas, prezos públicos e outros ingresos + Transferencias correntes + Ingresos patrimoniais = 269.000 + 57.809 + 14.471 + 19.014 + 6.338 = 366,632 millóns de euros
  • Gastos: Gastos de persoal + Gastos correntes en bens e servizos + Gastos financeiros + Transferencias correntes = 27.473 + 10.609 + 31.373 + 328.793 = 398.248 millóns de euros
  • Aforro = Ingresos - Gastos = 366.632 - 398.248 = -31.616 millóns de euros

Operacións de capital

  • Ingresos: Alleamento de investimentos reais + Transferencias de capital = 350 + 16.538 = 16.888 millóns de euros
  • Gastos: Investimentos reais + Transferencias de capital = 13.510 + 29.857 = 43.367 millóns de euros
  • Formación de capital = Gastos en operacións de capital - Ingresos por operacións de capital = 43.367 - 16.888 = 26.479 millóns de euros
Polo tanto Capacidade de financiamento = Ingresos non financeiros - Gastos non financeiros = Aforro - Formación de capital - Fondo de continxencia e outros imprevistos = - 31.616 - 26.479 - 3.964 = -62.059 millóns de euros

Operacións financeiras

  • Ingresos: Activos financeiros + Endebedamento bruto (total de gastos - total de ingresos) = 6.756 + 216.115 = 222.871 millóns de euros
  • Gastos: Activos financeiros + Pasivos financeiros = 35.044 + 97.557 = 132.601 millóns de euros

Polo tanto, o endebedamento neto para os orzamentos consolidados do Estado, organismos autónomos, Seguridade Social e outros organismos sería: Endebedamento bruto - Amortizacións = 216.115 - 97.557 = 118.558 millóns de euros

A Comunidade Autónoma de Galicia

Na seguinte táboa móstrase o estado de ingresos do orzamento consolidado da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas para o ano 2025.

Orzamento consolidado de ingresos da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2025
(millóns de euros)

Ingresos (millóns de euros)
Operacións correntes 12.742,6
    I Impostos directos 4.072.,8
    II Impostos indirectos 3.931,9
    III Taxas, prezos e outros ingresos 190,0
    IV Transferencias correntes 4.511,8
    V Ingresos patrimoniais 36,2
Operacións de capital 1.282,0
    VI Alleamento de investimentos reais 7.306,0
    VII Transferencias de capital 1.274,7
Operacións financeiras 1.715,883
    VIII Activos financeiros 100,6
    IX Pasivos financeiros 1.615,3
TOTAL 15.740,5

Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

Na gráfica móstrase a distribución porcentual do orzamento consolidado de ingresos segundo a súa procedencia.

Como se pode observar, os impostos (directos e indirectos) suman o 51% dos ingresos. Tamén destacan as transferencias correntes que supoñen o 29% dos ingresos da Comunidade Autónoma.

No tocante aos gastos, segundo a distribución funcional, as maiores partidas dedícanse a Produción de bens públicos de carácter social (56,6% do orzamento consolidado de gastos de 2025) e a Protección e promoción social (11,8%).

Orzamento consolidado de gastos da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2025
(millóns de euros)

Gasto (millóns de euros) Distribución porcentual (%)
Actuacións de carácter xeral 376,4 2,3
Protección civil e seguranza cidadá 40,3 0,2
Protección e promoción social 1.862,2 11,8
Produción de bens públicos de carácter social 8.912,9 56,6
Produción de bens públicos de carácter económico 1.324,6 8,4
Regulación económica de carácter xeral 138,7 0,9
Regulación económica de sectores produtivos e desenvolvemento 1.151,2 7,3
Transferencias a entidades locais 170,7 1,1
Total 15.740,5 100,0

Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

As entidades locais

Orzamentos das entidades locais. Ano 2024
(millóns de euros)

Ingresos Gastos
Concellos da Coruña 1.416,4 1.401,6
Concellos de Lugo 398.3 391,0
Concellos de Ourense 314,8 306,2
Concellos de Pontevedra 907,0 888,2
Deputacións 621,2 621,2
Total consolidado 3.657,8 3.608,3

Fonte: Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas

As entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (concellos + deputacións) en 2024 tiñan un orzamento consolidado de ingresos de 3.657,8 millóns de euros.

As transferencias correntes supoñen o 43,9% do orzamento consolidado de ingresos das entidades locais de Galicia. O 26,7% dos ingresos proceden dos impostos directos e o 15,1% das taxas, prezos públicos e outros ingresos.

Orzamentos das entidades locais. Ano 2024
(millóns de euros)

Ingresos (millóns de euros)
I Impostos directos 978,2
II Impostos indirectos 134,7
III Taxas, prezos e outros ingresos 553,1
IV Transferencias correntes 1.605,3
V Ingresos patrimoniais 42,4
VI Alleamento de investimentos reais 23,2
VII Transferencias de capital 171,9
VIII Activos financeiros 19,6
IX Pasivos financeiros 129,4
TOTAL 3.657,8
Gastos (millóns de euros)
I Gastos de persoal 1.144,0
II Gastos en bens correntes e servizos 1.489,1
III Gastos financeiros 16,9
IV Transferencias correntes 334,9
VI Investimentos reais 453,9
VII Transferencias de capital 113,2
VIII Activos financeiros 6,7
IX Pasivos financeiros 37,7
TOTAL 3.608,3

Fonte: Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas

Cuestións para o alumno:

  • Calcula, para o orzamento consolidado de ingresos das entidades locais o importe das operacións correntes, de capital e financeiras.
  • ¿A que partida de gasto dedican as entidades locais unha maior cantidade do seu orzamento?