Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Curso: Recursos didácticos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística


Tarefa de pirámides

Nesta tarefa terás que elaborar, empregando unha folla de cálculo, a pirámide de poboación do teu concello e a da túa comarca, interpretalas e responder, polo menos, ás seguintes preguntas:

  1. Como é a base da pirámide do teu concello? Cal é a porcentaxe de poboación nova (< 20 anos)? Presenta unha taxa de natalidade alta ou baixa?
  2. Analiza a cúspide da pirámide do teu concello. Existe moita ou pouca poboación maior de 65 anos? Cal é a porcentaxe que representa este grupo de poboación sobre o total?
  3. Que porcentaxe de poboación do teu concello está en idade laboral?
  4. No teu concello, nacen máis homes ou máis mulleres? Existen diferenzas na esperanza de vida por sexos?
  5. Se existe algún entrante (perdas de poboación) ou saínte (recuperación de poboación) na pirámide de poboación do teu concello, a que cres que pode deberse?
  6. Compara a estrutura da poboación por grupo de idade e sexo do teu concello coa da túa comarca. Cal dos dous territorios presenta unha poboación máis envellecida? En cal existe unha maior porcentaxe de poboación nova? ...

Os datos necesarios para a elaboración desta tarefa podes descargalos na seguinte ligazón.

Se non sabes cal é a comarca á que pertence o teu concello, na seguinte ligazón podes consultar os concellos que integran cada unha das comarcas galegas. Ao premer no mapa enriba de cada comarca móstranse os municipios que a forman xunto coa súa superficie.