Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Curso: Recursos didácticos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística


Tarefa de representacións gráficas

Parte 1: Cos datos do número de parados segundo a idade do ano 2013 (da enquisa de poboación activa) constrúe coa ferramenta dispoñible na web do IGE o diagrama de barras correspondente á túa provincia:

Coruña - Lugo - Ourense - Pontevedra

Que intervalo de idades é o que rexistra un maior número de parados?, Como se representa isto na gráfica?

Parte 2: Na seguinte ligazón podes consultar os datos das afiliacións á seguridade social segundo o sector de actividade e o concello de residencia:

Afiliacións a seguridade social segundo o sector de actividade e o concello de residencia do afiliado

Descarga os datos nunha folla de cálculo e elabora un gráfico de sectores cos datos do teu concello.

Que porcentaxe de afiliacións corresponden ao sector servizos?, Cal é o sector coa menor porcentaxe de afiliacións no teu concello (Non teñas en conta a categoría de non consta)?

Parte 3: Cos seguintes datos de nacementos, defuncións e o saldo vexetativo para Galicia, constrúe o gráfico máis axeitado para evaluar a tendencia destas tres variables ao longo do tempo e comenta o resultado.

Parte 4: Na seguinte ligazón atoparás os datos do PIB municipal en euros por habitante correspondentes ao ano 2012. Constrúe un mapa dinámico que conteña os seguintes intervalos:

Ata 10.000; De 10.000 a 15.000; De 15.000 a 20.000; maior de 20.000

Que intervalo é o que presenta unha maior concentración de concellos? Cal é a porcentaxe de concellos que teñen un PIB por habitante maior de 20.000 euros?