Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Curso: Recursos didácticos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística


Actividade de porcentaxes, taxas e variacións

Un periódico galego quere facer unha enquisa para saber que imos votar os galegos nas próximas eleccións. O periódico para facer a enquisa conta coas seguintes restriccións:

  • Só se entrevista a persoas de 18 ou máis anos
  • Só ten diñeiro para facer 1200 enquisas en todo o territorio galego
  • Queren que participen na enquisa persoas de ambos sexos
  • Tamén queren que haxa persoas dentro de todos os grupos de idade seguintes: 18-34, 35-44,45-54,55-64 e 65 e máis

Cómo repartirías as persoas a entrevistar por sexo e en cada grupo de idade de maneira que o número de persoas elixido fose proporcional á poboación.

Ten en conta a poboación por sexo, grupos de idade para Galicia que atoparás nesta ligazon. Para facer os cálculos emprega a folla de cálculo e descarga os datos da ligazón anterior empregando a pestaña superior "Descargar datos".

Terás que cubrir unha táboa como a seguinte:

Total Homes Mulleres
Total 1.200 ... ...
18-34 ... ... ...
35-44 ... ... ...
45-54 ... ... ...
55-64 ... ... ...
65 e máis ... ... ...