Galicia en cifras
Introdución
|
|
O Instituto Galego de Estatística realiza, desde o comezo da súa actividade, o anuario Galicia en cifras. Neste anuario recóllense as principais variables de contido estatístico das diferentes fontes de información dispoñibles sobre os diferentes ámbitos e materias da realidade socioeconómica relativas á Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Ata o anuario 2009 todas as edicións fixéronse en papel e en internet (en pdf ou excel). Na web están dispoñibles os anuarios dende o exemplar do 1995, en formato Html/Excel ou pdf. Os exemplares anteriores á edición do ano 2010 poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles.
A partir da edición do ano 2010 o Galicia en cifras publícase só en internet en html. Desta maneira as táboas estarán actualizadas a medida que os datos estean dispoñibles. Ademais dentro de cada táboa coa funcionalidade de "Máis datos" permítese o acceso a información retrospectiva, con máis detalle e con información para os diferentes ámbitos territoriais.
Por ser unha obra que recolle información de multitude de fontes, queremos agradecer a valiosa colaboración prestada polas institucións públicas que nos facilitaron datos, e esperamos que a información aquí recollida sexa de utilidade a todos aqueles que a necesiten para un bo desenvolvemento dos seus traballos.
|
|
Información por temas
|