ÍNDICE


Economía / Produto interior bruto municipal

Introdución

O obxectivo desta operación estatística é obter estimacións municipais do Produto Interior Bruto (PIB) coherentes coa estimación do resto de operacións estatísticas do Sistema de Contas Económicas do IGE.

O PIB é unha macromagnitude económica que resume o volume de actividade produtiva nun espazo económico nun período de tempo determinado. É o resultado dos procesos de produción de diversos axentes que operan en cada concello (empresas, fogares, administracións públicas, etc.) producindo bens e servizos finais. O PIB vai depender do emprazamento das unidades produtivas nun concello pero o desenvolvemento das actividades produtivas pode non ter reflexo claro na renda dos fogares.

O punto de partida é a información dispoñible nas Contas Económicas Anuais, nas que se estiman as contas de produción e explotación para 72 ramas de actividade.

Esta publicación achega datos de actividade económica nos concellos e comarcas de Galicia para o ano 2020, inclúe o paso a definitivos das estimacións de 2018 (que tiñan carácter provisional na anterior publicación) e completa a serie iniciada en 2010.

Para cada concello publícase o seu Produto interior bruto (PIB) e naqueles cuxa poboación supere os 10.000 habitantes ofrécese ao usuario unha desagregación en catro sectores de actividade. No caso das comarcas e as provincias, sempre que se garde o segredo estatístico, difúndense datos a 12 ramas de actividade.

Na difusión de resultados inclúense, así mesmo, datos PIB por habitante. A poboación utilizada neste cálculo é a poboación a 1 de xullo de cada ano t, estimada, para períodos anteriores a 2020, como promedio da poboación a 1 de xaneiro do ano t e a 1 de xaneiro do ano t+1, a partir das Cifras poboacionais de referencia que elabora o IGE. O dato da poboación a 1 de xullo de 2020 está incluído na mencionada operación estatística.

Nota: Os datos de 2020 son provisionais.

Datos por concello

Distribución do Produto Interior Bruto total

Os sete grandes concellos concentran o 44,7% do Produto Interior Bruto de Galicia

Vigo é o concello con maior nivel de actividade produtiva, cun PIB de 7.759 millóns de euros, seguido do concello da Coruña que xerou 6.786 millóns de euros en 2020. Entre ambos concellos achegan o 24,8% do PIB de Galicia.

O terceiro concello en xeración de valor engadido é Santiago de Compostela, que en 2020 xerou 3.593 millóns de euros. Tras Santiago sitúase Ourense con 2.300 millóns de euros, e a continuación os concellos de Lugo, Pontevedra, Arteixo e Ferrol.

Os concellos do Porriño e Oleiros completan a táboa dos dez primeiros concellos por volume de actividade económica.

Os dez concellos de Galicia con maior Produto Interior Bruto (PIB) municipal no ano 2020.
Unidade: miles de euros
concello 2020 Achega ao PIB de Galicia
Vigo 7.759.222 13,2
A Coruña 6.786.388 11,6
Santiago de Compostela 3.592.641 6,1
Ourense 2.300.095 3,9
Lugo 2.286.524 3,9
Pontevedra 2.052.064 3,5
Arteixo 2.040.203 3,5
Ferrol 1.466.515 2,5
O Porriño 955.129 1,6
Oleiros 768.542 1,3
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

 

Produto Interior Bruto por habitante

O indicador PIB por habitante en espazos reducidos, como os concellos, debe tomarse con cautela, xa que en moitos casos a xeración de valor no concello non ten porque estar relacionada cos habitantes que residen nel, sexa pola estrutura produtiva do concello (especializado en actividades con pouca forza de traballo) ou porque os traballadores que xeran valor no concello non residan nel.

Muras é o concello con maior PIB por habitante no ano 2020

Os concellos con maior PIB por habitante caracterízanse por ter uns niveis de actividade moi relevantes no seu concello pero non se atopan entre os máis poboados de Galicia. Só Arteixo supera os 30.000 habitantes entre os primeiros concellos en PIB por habitante.

Algunhas das características dos concellos cun maior nivel de PIB por habitante son:

Os quince concellos de Galicia con maior Produto Interior Bruto (PIB) por habitante. Ano 2020.
Unidade: euros por persoa, persoa
concello PIB por habitante Poboacion
27033 Muras 88.338 690
32017 Carballeda de Valdeorras 84.201 1.548
32092 Vilariño de Conso 67.904 690
32075 San Cibrao das Viñas 63.175 5.478
15005 Arteixo 61.671 33.105
15081 As Somozas 58.016 1.123
32044 Manzaneda 57.723 870
27056 Rábade 54.572 1.595
36039 O Porriño 51.145 18.831
15008 Bergondo 49.749 6.810
32052 Nogueira de Ramuín 45.232 2.033
15065 Padrón 41.670 8.434
27013 Cervo 41.095 4.227
27038 Ourol 39.620 1.043
15032 Curtis 38.410 4.104
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

 

Estrutura produtiva dos concellos de máis de 10.000 habitantes

Para os concellos maiores de 10.000 habitantes achégase información do valor xerado no sector primario, industrial e enerxético, construción e servizos, ademais dos impostos netos sobre os produtos.

Para o conxunto da economía galega do ano 2020 o sector primario achegou o 4,7% do PIB, a Industria e enerxía o 14,7%, a construción o 6,6%, o sector servizos o 65,5% e os impostos sobre os produtos representan o 8,6% restante. Tomando como referencia estes datos, e á vista da estrutura produtiva dos concellos de máis de 10.000 habitantes, podemos destacar os seguintes trazos deste grupo de concellos:

 

 

Datos por comarca

Distribución do Produto Interior Bruto total

A comarca da Coruña é a principal de Galicia en termos de actividade económica. En 2020 xerou un PIB de 11.306 millóns de euros, o que representa o 19,3% do total de Galicia. Con respecto ao 2018 a actividade reduciuse un -9,4%.

A comarca de Vigo tivo un PIB de 10.709 millóns de euros, que representa un 18,2% do total galego e entre 2018 e 2020 caeu un -0,1%. As seguintes comarcas, en orde de magnitude, son as de Santiago, Ourense, Ferrol, Lugo e Pontevedra. Estas sete comarcas achegan o 65,3% do PIB de Galicia e en todas elas o nivel de actividade económica reduciuse con respecto ao ano 2018.

Fóra das comarcas cuxa cabeceira é un dos sete grandes concellos de Galicia, destacan O Salnés, O Morrazo e Barbanza. A suma destas tres comarcas representan o 7,5% do PIB galego.

As dez comarcas de Galicia con maior Produto Interior Bruto (PIB). Ano 2020.
Unidade: miles de euros, taxa de variación interanual e achega ao PIB en %
Comarca PIB Achega ao PIB de Galicia Taxa de variación 2018-2020
1506 A Coruña 11.306.301 19,3 -9,4
3610 Vigo 10.709.011 18,2 -0,1
1514 Santiago 4.665.096 7,9 -2,3
3205 Ourense 3.224.748 5,5 -7,0
1508 Ferrol 2.911.802 5,0 -4,5
2704 Lugo 2.784.648 4,7 -0,1
3607 Pontevedra 2.729.559 4,6 -2,9
3608 O Salnés 1.961.954 3,3 -3,8
3605 O Morrazo 1.225.317 2,1 -6,6
1502 Barbanza 1.194.812 2,0 -2,5
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

Produto Interior Bruto por habitante

Ao igual que pasaba no caso dos concellos, se falamos de PIB por habitante a situación das comarcas é diferente. O Sar presenta un PIB por habitante de 28.291 euros, é dicir, case o dobre da media de Galicia. A comarca da A Coruña rexistra a segunda cifra de PIB por habitante con máis de 28.024 euros. As comarcas de Santiago e Terra de Trives sitúanse en terceiro e cuarto lugar respectivamente, mentres a comarca de Vigo é a quinta cun PIB por habitante de 25.772 euros.

A Paradanta, Terra de Celanova, Muros e O Condado están entre as comarcas con menor actividade produtiva por habitante. En todas elas o PIB por habitante é inferior ao 60% da media de Galicia.

As dez comarcas de Galicia con maior Produto Interior Bruto (PIB) por habitante. Ano 2020.
Unidade: euros por persoa
Comarca PIB por habitante
1515 O Sar 28.291
1506 A Coruña 28.024
1514 Santiago 27.284
3209 Terra de Trives 26.769
3610 Vigo 25.772
2708 Meira 25.270
2706 A Mariña Occidental 25.230
2702 Chantada 23.760
2704 Lugo 23.629
1507 Eume 23.221
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

 

As dez comarcas de Galicia con menor Produto Interior Bruto (PIB) por habitante. Ano 2020.
Unidade: euros por persoa
Comarca PIB por habitante
3606 A Paradanta 11.839
3208 Terra de Celanova 12.115
1510 Muros 12.120
3603 O Condado 12.865
1503 A Barcala 13.198
3211 Verín 13.672
1511 Noia 13.850
3202 Baixa Limia 13.866
3601 O Baixo Miño 14.105
3201 Allariz-Maceda 14.758
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

Especialización produtiva por comarca

As estimacións publicadas polo IGE achegan información da estrutura produtiva das comarcas cun nivel de desagregación de 12 ramas de actividade, sempre que a salvagarda do segredo estatístico o permita. Este detalle permite construír uns índices de especialización relativa, que comparan a estrutura produtiva de cada comarca coa de Galicia, identificando aqueles sectores máis predominantes, en termos relativos.

Dezoito comarcas teñen especialización produtiva no sector primario (inclúe agricultura, gandaría, pesca e silvicultura) e once comarcas teñen especialización produtiva no sector enerxético (Eume, Fisterra, Terra de Soneira, Chantada, Terra Chá, Baixa Limia, O Ribeiro, Terra de Celanova, Terra de Trives, Viana e A Paradanta).

A presenza da industria manufactureira é sobranceira en varias comarcas:

Non hai ningunha comarca que presente especialización produtiva na rama da construción, no Comercio, transporte e hostalería ou na rama que agrupa as actividades da Administración pública, Educación, Sanidade e outros servizos.


Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal

NOTA: calcúlase un índice de especialización para cada comarca e sector como o cociente entre o peso do VEB do sector na comarca e o peso do VEB do sector na economía galega. En cada comarca defínese o sector de especialización como aquel que presenta o maior valor dos índices anteriores.

Datos por provincia

Nas provincias da Coruña e Pontevedra xérase o 78,0% da produción final de Galicia

Por agregación dos datos municipais obtéñense os datos provinciais. A provincia da Coruña é a responsable do 44,2% da actividade económica xerada en Galicia e ten un PIB por habitante superior nun 6,2% á media da Comunidade autónoma. A provincia de Pontevedra ten un PIB de 19.815 millóns de euros, pero o PIB por habitante é inferior á media. Ourense achega o 10,1% da xeración de valor na nosa comunidade e é a provincia cun PIB por habitante inferior.

Produto Interior Bruto (PIB), achega ao PIB de Galicia e PIB por habitante. Galicia e provincias. Ano 2020.
Unidade: PIB en miles de euros, PIB por habitante en euros,achega ao PIB en porcentaxes
Espazo PIB Achega ao PIB de Galicia PIB por habitante PIB por habitante sobre a media galega
12 Galicia 58.705.921 100,0 21.755 100,0
15 A Coruña 25.952.818 44,2 23.113 106,2
27 Lugo 7.035.695 12,0 21.506 98,9
32 Ourense 5.902.896 10,1 19.312 88,8
36 Pontevedra 19.814.512 33,8 21.016 96,6
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

Por grandes sectores económicos nas catro provincias o sector servizos é o máis destacado pola súa achega ao PIB provincial, porén cómpre destacar algúns aspectos significativos de cada provincia:

                              Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: