Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia
|
Galicia, no ano 2022, contaba con 1.240.400 activos, dos cales 1.103.700 estaban ocupados e 136.700 parados.
Con respecto ao ano anterior produciuse un aumento do 1,71% no número de ocupados e unha caída do 4,47% no número de parados.
En 2022 a taxa de actividade situouse no 52,9%, valor 0,4 puntos superior ao de 2021. A taxa de ocupación aumentou 0,7 puntos ata o 47,1% e a taxa da paro diminuíu 0,7 puntos ata acadar o 11,0%.
Taxa de actividade |
Taxa de paro |
Dos 1.103.700 ocupados residentes en Galicia no ano 2022, o 17,9% eran traballadores por conta propia, o 81,6% asalariados e o 0,5% restante atopábase noutra situación profesional (axuda familiar, membro de cooperativa ou outra situación).
Neste ano, o 72,1% dos ocupados galegos traballan no sector servizos, o 15,2% na industria, o 6,7% na construción e o 6,0% restante na agricultura e pesca.
Con respecto ao ano 2021, o número de ocupados no sector servizos aumentou un 2,8%. Na industria o número de ocupados diminuíu un 1,9%, na construción aumentou un 1,2% e no sector da agricultura e a pesca os ocupados tamén diminuíron un 1,2%.
En 2022, a Seguridade Social contabilizou unha media de 1.036.862 afiliacións en alta laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, o que supón un aumento de 22.477 afiliacións con respecto ao ano anterior. En termos relativos, esta suba é do 2,22%.
Por réximes, o xeral contaba en 2022 con 24.808 afiliacións máis que en 2021; un aumento do 3,3% dos traballadores. Pola súa banda, o réxime especial de autónomos perdeu 1.286 afiliacións.
En 2022 a media anual do paro rexistrado situouse en 146.167 persoas, un 10,6% menos que no ano anterior. O 46,7% dos parados levaba máis dun ano nesta situación, o 39,6% menos de 6 meses e o 13,7% restante, entre 6 meses e un ano.
O custo laboral por traballador en termos brutos foi de 29.854 euros no ano 2021. Se a esta cantidade se lle restan as subvencións e as deducións que se recibiron das administracións públicas obtense un custo neto de 29.643 euros por traballador.
Das partidas que compoñen o custo laboral bruto, o 73% destinouse a pagar soldos e salarios, o 24% a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social e o 3% restante á satisfacción doutros custos (cotizacións voluntarias, prestacións sociais directas, indemnizacións por despedimento, gastos en formación profesional...)
O salario bruto anual foi de 22.244,59 euros en 2018. Se comparamos por sexo, o salario bruto anual dos homes é 5.283,74 euros maior que o das mulleres.
Segundo a enquisa de poboación activa (EPA), no ano 2022, o número de vivendas galegas que tiñan todos os seus membros activos no paro era de 51.600, un 6,8% do total de vivendas con, polo menos, un activo.
En 2022, o 80,6% dos asalariados galegos tiñan un contrato indefinido.
No ano 2022, o 86,0% dos ocupados galegos traballaron a xornada completa. Por sexos, o 6,2% dos homes tiña xornada parcial, mentres que a porcentaxe de mulleres con este tipo de xornada era do 22,5%.
Neste ano, o 18,1% dos homes asalariados galegos traballaban no sector público. Entre as mulleres esta porcentaxe sobe ata o 27,5%.
Segundo a enquisa de estrutura salarial, no ano 2018, o salario ordinario representa o 90,0% do salario bruto anual.
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies